A aventura máxica de Merliño

A aventura máxica de Merliño é un videoxogo educativo de aventura gráfica point and click desenvolvido polo grupo de investigación SINX, da Universidade de Vigo.[2] A aventura máxica de Merliño está considerada como unha das primeiras producións de videoxogos en galego,[3] da cal se fixeron 50 000 copias que foron repartidas de balde ós centros educativos galegos.[4] Baséase en lendas e contos populares do país.

A aventura máxica de Merliño
Desenvolvedor(es)Grupo de Investigación SINX
(Universidade de Vigo)
Distribuidora(s)Xunta de Galicia
MotorFlash, Aquelarre
Lanzamento29 de novembro de 2001[1]
XéneroAventura gráfica
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Microsoft Windows
Formato(s)Descarga dixital, CD
RequisitosProcesador: Pentium 400Mhz ou superior
RAM: 64MB
Tarxeta de son
Rato
Sistema Operativo: Windows
editar datos en Wikidata ]

O videoxogo ten como obxectivo sensibilizar ós mozos adolescentes da importancia da lingua como un elemento de identidade. Subvencionado pola Dirección Xeral de Política lingüística, é un CD interactivo realizado por Xosé Luís Martínez Orge, Diego Fernández Goberna, David Ramos Valcárcel e Marcos Valiño García. Conta cun editor para xerar historias a través de 7 posibles localizacións e máis de 20 escenarios con personaxes e obxectos cos que interactuar.

Sinopse editar

O xogo conta a historia de Merliño, un rapaz que pasa uns días na casa da súa avoa. Sen querer Merliño le un libro de conxuros que fai reaparecer a un antigo demo. Coa axuda dun trasno chamado Cipri, Merliño terá que facer unha viaxe pola Galicia máxica como Santo André de Teixido, Ribeira ou a Torre de Hércules da Coruña.

Notas editar

  1. "A Aventura Máxica de Merliño - Pc". JuegosADN. Consultado o 26 de setembro de 2016. 
  2. "Preséntanse un videoxogo e un xogo de mesa para potenciar o galego". CCG. Consultado o 26 de setembro de 2016. 
  3. Gómez Guinovart, Xavier (15 de decembro de 2010). "Por que os marcianiños non falan galego". Terra e Tempo. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2020. Consultado o 26 de setembro de 2016. 
  4. Redacción (2 de xaneiro de 2002). "Docentes universitarios diseñan material escolar sobre cultura gallega". La Voz de Galicia. Consultado o 26 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar