A Perla do Gran Prezo

A Perla de Gran Prezo é un libro sagrado da Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días. Contén unha selección de materias ou temas de gran valor que se relacionan con moitos aspectos importantes da fe e da doutrina da igrexa. O profeta Joseph Smith preparou estes temas e publicáronse nos xornais da Igrexa na súa época.

A continuación aparece unha breve introdución da materia que actualmente contén:

Seleccións do Libro de Moisés. Partes do libro de Xénese da tradución que Xosé Smith fixo da Biblia, obra que el comezou en xuño de 1830 (History of the Church [Historia da Igrexa], 1:98-101, 131-139).

O Libro de Abraham. É unha tradución duns papiros exipcios que chegaron a mans de Xosé Smith en 1835, os cales, cren os adherentes do Mormonismo, contiñan escritos do patriarca Abraham. A tradución publicouse en serie no xornal Times and Seasons, empezando o 1º de marzo de 1842 en Nauvoo, Illinois. (History of the Church, 4:519-534.) Os papiros foron comprados por Joseph Smith a un viaxeiro chamado Chandler que tenia dous papiros e 4 momias. Nos fins do século vinte, xurdiron algúns dos papiros e fíxose moito estudo deles sen que a tradución de Joseph Smith fose comprobada. Con tal de que moitos axustaron a súa estimación do sentido da palabra tradución tal o usou Joseph Smith.

Este papiro volveuse a atopar en 1967 e tras examinalo varios exiptólogos descubriron que nin unha soa palabra do presunta tradución de Smith gardaba parecido algún co contido do documento. Comprobouse que se trataba do libro dos hálitos, un documento funerario exipcio que se enterraba xunto aos mortos. Púidose comprobar tamén que que Smith usou ata 136 diferentes palabras en inglés para traducir o carácter correspondente a "lago".

Xosé Smith-Mateo. Parte do testemuño de Mateu tomada da tradución que fixo Xosé Smith da Biblia (véxase Doutrina e Convenios 45:60-61, onde aparece o precepto divino de empezar a tradución do Novo Testamento).

José Smith-Historia. Seleccións do testemuño e historia oficial de Xosé Smith que el preparou en 1838 e que se publicou en serie no xornal Times and Seasons, en Nauvoo, Illinois, empezando o 15 de marzo de 1842 (History of the Church, 1:1?44).

Os Artigos de Fe da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días. Unha declaración de Xosé Smith que se publicou no xornal Times and Seasons o 1º de marzo de 1842, xunto cunha breve historia da Igrexa, e que chegou a coñecerse popularmente como a Carta de Wentworth (History of the Church, 4:535?541).