A Dream Is a Wish Your Heart Makes
"A Dream Is a Wish Your Heart Makes" (en galego, "Un soño é un desexo feito polo teu corazón") é unha canción escrita e composta por Mack David, Al Hoffman, e Jerry Livingston para a película de Walt Disney Cinderella (1950). Na canción, Cincenta dille ós seus amigos animais que nunca vai parar de soñar.
Versións
editarA canción foi regravada ou versionada por Linda Ronstadt, Meredith Robertson, Bette Midler, Michael Bolton, Julie Andrews, Tomiko Van, e Hilary Duff entre outros personalidades, e foi interpretada en diversos estilos, coma country, urban, soul e piano.
Os actores estrelas de Disney Channel teñen a súa propia versión da canción, a cal se incluíu no DVD Especial de Cinderella (2005) e en Disney Channel dos Estados Unidos (unha versión máis curta).