Consuelo Alonso González

militante comunista galega
(Redirixido desde "A Comunista")

Consuelo Alonso González, coñecida como A comunista, nada en Xixón en 1898 e finada en Lugo o 13 de maio de 1938, foi unha militante comunista galega.

Consuelo Alonso González
AlcumeA comunista
Nacemento1898
 Xixón
Falecemento13 de maio de 1938
 Lugo
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Chegou a Monforte de Lemos co seu home Ángel Pérez Muñoz, natural de Valladolid, que en novembro de 1930 tomou posesión do cargo de alguacil do Xulgado de Monforte. Era vendedora de periódicos. No bienio negro o matrimonio sufriu represalias polas súas ideas políticas, Consuelo foi detida e Ángel foi expedientado por desacato. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu abusos por un grupo de falanxistas, que lle raparon o pelo; acusada polos sublevados de facer propaganda da Fronte Popular, foi detida o 29 de decembro de 1937. O 9 de febreiro de 1938 foi conducida a Lugo e sometida a un consello de guerra o 14 de febreiro, acusada de adhesión á rebelión militar con agravante. Condenada a morte, foi fusilada o 13 de maio de 1938. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1937 e foi condenada en xullo de 1941 polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas da Coruña con 100 pesetas de sanción, que debería facerse efectiva con cargo á súa herdanza; por carecer de bens, nunca foron abonadas.

Vida persoalEditar

Casou con Ángel Pérez Muñoz e tivo catro fillos.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar