AS Nancy-Lorraine

(Redirixido desde "AS Nancy")

A Association Sportive Nancy-Lorraine, máis coñecido como Nancy, é un club de fútbol francés, da cidade de Nancy. Foi fundado en 1910 e xoga na Ligue 2 francesa, logo de descender na tempada 2012–13.

Nancy
NomeAssociation Sportive Nancy-Lorraine
Fundación1910
EstadioStade Marcel Picot,
Nancy, Francia Francia
Inauguración1926 (reaberto en 2002)
Capacidade20 087
PresidenteFrancia Jacques Rousselot
AdestradorFrancia Jean Fernandez
LigaLigue 2
2012-1318º (Ligue 1)
VestimentaUmbro
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

HistoriaEditar

A Association Sportive Nancy-Lorraine fundouse en 1910 co nome de US Frontière. En 1928 o club chámase AS Lorraine, e xa en 1967 o equipo refúndase (xa que desapareceu por problemas económicos) e cámbiase o nome polo actual.

En 1978 o equipo gaña o seu primeiro título, a Copa de Francia en cuxa final derrotou ao Niza por 1-0.

A tempada 2004/05 quedou primeiro da Ligue 2 conseguindo o ascenso á Ligue 1.

A tempada 2007/08 estiveron sempre entre os tres primeiros. Desgraciadamente no último partido, empataron, cedendo o terceiro posto ao Olympique de Marsella. Desta forma tan cruel o ASNL quedou sen posibilidades de disputar a Champions League.

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta branca e vermella, pantalón branco e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón vermello e medias negras.

EstadioEditar

Stade Marcel Picot, inaugurado o 8 de agosto de 1926 co nome de Le Parc des sports, reaberto en 2002. O estadio ten capacidade para 20 087 persoas.

Outros estadios do club: a Pépinière e stade Drouot.

Datos do clubEditar

  • Tempadas na Ligue 1: 23
  • Tempadas na Ligue 2: 18
  • Mellor posto na liga: 4º (tempadas 1976-77 e 2007-08)
  • Peor posto na liga: 20º (tempada 1991-92)

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

Actualizado o 6 de xaneiro de 2012

Posto País Xogador
1 POR   Guy N'dy Assembé
2 DEF   Helder
3 DEF   Joël Sami
4 DEF   Jordan Lotiès
5 DEF   André Luiz
6 MED   Thomas Mangani
8 MED   Yohan Mollo
9 DIA   Benjamin Moukandjo
10 DIA   Benjamin Jeannot
11 DIA   Djamel Bakar
12 MED   Bakaye Traoré
13 DEF   Jean Calvé
15 MED   Ziri Hammar
16 POR   Damien Gregorini
Posto País Xogador
17 DEF   Massadio Haïdara
18 MED   Lossémy Karaboué
19 DIA   Jung Jo-Gook
20 DIA   Daniel Niculae
21 MED   Samba Diakité
22 MED   Moustapha Bayal Sall
23 MED   Jonathan Brison
24 MED   Distel Zola
25 DEF   Reynald Lemaître
26 DEF   Salif Sané
28 DEF   Sébastien Puygrenier
30 POR   Rémi Pillot
33 DIA   Junior Joachim

PalmarésEditar

Torneos nacionaisEditar

Ligazóns externasEditar