ANUSAT (acrónimo de Anna University Microsatellite) é un satélite artificial da Universidade de Anna en Chennai, India, lanzado o 20 de abril de 2009 desde o Centro Espacial de Sriharikota mediante un foguete PSLV-CA.[2][3][4][5]

ANUSAT (Anna University Satellite)
TipoExperimental
OrganizaciónUniversidade de Anna
Satélite deTerra
Data de lanzamento20 de abril de 2009, 1:15 UTC[1][2][3][4]
Foguete portadorPSLV-CA[2][3][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Sriharikota[2]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico de comunicacións.[2][4]
NSSDC ID2009-019B
Masa40 kg[2][4][5]
Datos orbitais
Semieixo maior6688,0 km[1]
Inclinación41,2 graos[1]
Apoapse323,3 km[1]
Periapse310,6 km[1]

Características editar

ANUSAT ten como misión probar novas tecnoloxías relacionadas coas comunicacións no espazo e foi lanzado como carga secundaria no mesmo lanzamento no que se puxo en órbita RISAT 2.[2][5]

O satélite leva un sistema de comunicacións do tipo "gardar e enviar", no que a información se garda no satélite durante o paso sobre unha estación terrestre e a descarga noutra. Tamén leva a bordo outros experimentos tecnolóxicos, como un receptor dixital, un xiroscopio e un sensor de campo magnético.[5]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ANUSAT" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011). "ANUSAT" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 13 October 2009 from the Permanent Mission of India to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (09-87794 (E)): 4. 10 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de abril de 2014. Consultado o 26 de marzo de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Mark Wade (2011). "Anusat" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ANUSAT" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2012.