AC-553

estrada autonómica galega da Vacariza á ponte de Catoira (A Coruña)

A AC-553[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades da Vacariza e O Regueiro, ambas no concello de Rianxo.

AC-553
Mapa
Estrada AC-553
Inicio da estrada AC-553 na Vacariza (Rianxo)
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude1,44 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio AG-11  A Vacariza
Fin DP-7206   Ponte de Catoira 

Ten unha lonxitude de 1,44 quilómetros e iníciase na rotonda que forma o cruzamento coa AG-11 e AC-306 na Vacariza (Rianxo), e finaliza nunha rotonda que permite o cruzamento coas estradas DP-3301 e a DP-7206, sendo esta última a que leva cara a Ponte de Catoira sobre o río Ulla.

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.