Aïchatou Boulama Kané

política nixeriana

Aïchatou Boulama Kané, nada o 24 de abril de 1955, é unha política nixerina. Foi ministra de Asuntos Exteriores de Níxer de 2015 a 2016 e foi ministra de Planeamento desde 2016.

Infotaula de personaAïchatou Boulama Kané
Biografía
Nacemento24 de abril de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Keita (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ambassador of Niger to France (en) Traducir
23 de setembro de 2021 –
Minister of Foreign Affairs of Niger (en) Traducir
25 de febreiro de 2015 – 11 de abril de 2016
← Mohamed BazoumIbrahim Yacouba (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNíxer Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París - magister degree (en) Traducir
Universidade de Rennes I (pt) Traducir
Collège Mariama (en) Traducir - baccalauréat Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , diplomática Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido para a Democracia e o Socialismo de Níxer (1991–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
IMF 2019 Annual Meetings (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Naceu en 1955 en Keita, Níxer. É a maior de 16 irmáns.[1] Despois da súa educación primaria en Mainé-Soroa de 1961 a 1967, asistiu ao Lycée Mariama en Niamey onde gañou un Baccalauréat série D en 1974. Viaxou a Francia, estudando na Universidade de Rennes 1, obtendo un grao de economía en 1979, e máis tarde estudou na Universidade de París I Panthéon-Sorbonne, gañando un diploma de Estudos Especializados.[2] Logo regresou a Níxer en 1983 e traballou no Ministerio de Minas, Industria e Artesanías.

Kané xogou un rol na marcha de protesta contra a baixa representación de mulleres na Conferencia Nacional, así ese 13 de maio constituíuse na celebración nixerina do Día das Mulleres. En 1991, foi elixida na Conferencia Soberana Nacional como membro do Partido Nixerino para a Democracia e o Socialismo. En 1993 foi nomeada Secretaria de Estado de Planeamento, e seguiu loitando pola mobilidade das mulleres africanas. En particular, promoveu o apoderamento feminino a través do desenvolvemento das súas actividades, incluíndo oficios. O seu cargo como Coordinadora da Exposición Internacional de Oficios para Mulleres (SAFEM) en 2000 ilustrou os seus esforzos nos oficios das mulleres.

Kané foi nomeada gobernadora de Niamey polo Consello de Ministros en 2011.[3] Serviu nesa posición dous anos antes de ser nomeada no ministerio de Interior.

Foi ministra de Asuntos Exteriores de 2015 a 2016.[4] E foi nomeada polo presidente, Mahamadou Issoufou, para substituír a Mohamed Bazoum o 25 de febreiro de 2015. Anteriormente fora xefa de Persoal de Issoufou.[5] Como ministra de Asuntos Exteriores, deu un discurso nas Nacións Unidas apoiando a solución de dous Estados para Israel e Palestina e deu as grazas á coalición implicada en loitar ao grupo terrorista Boko Haram. Kané como representante de Níxer apoiou na ONU o proceso de paz sancionado para Libia, facendo un discurso sobre o tema nunha conferencia internacional en decembro de 2015.[6] En febreiro de 2016, axudou a asegurar a liberación de Jocelyn Elliott, unha australiana que, xunto co seu marido Ken, estivo secuestrada por militantes islámicos en Burkina Faso.[7]

O 11 de abril de 2016 foi substituída como ministra de Asuntos Exteriores por Ibrahim Yacouba.[8] E, en cambio foi nomeada ministra de Plan e presidenta do Consello de Ministros de AFRISTAT.[9]

En agosto de 2023, despois do golpe dos golpistas en Níxer, Aïchatou Kané Boulama negouse a deixar a súa carteira como embaixadora de Níxer en Francia.[10]

Vida persoal editar

Casou con Kane Souleymane, un asesor presidencial, e teñen tres nenos.[11]

Notas editar

  1. "Aïchatou Boulama Kané, coordinatrice du SAFEM, le Salon International de l’Artisanat pour la femme « La créativité des femmes africaines à l’honneur pour cette 6ème édition »" (en francés). 7 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2016. Consultado o 19 de outubro de 2016. 
  2. "Qui est Mme Aïchatou Kané Boulama, le nouveau ministre des Affaires étrangères, de la coopération, de l’intégration africaine et des Nigériens à l’extérieur?" (en francés). 25 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2016. Consultado o 19 de outubro de 2016. 
  3. "Nomination de gouverneurs des régions" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2016. 
  4. "Niger - H.E. Mrs. Aïchatou Boulama Kané, Minister of Foreign Affairs". Consultado o 19 de outubro de 2016. 
  5. "Niger President replaces foreign minister ahead of 2016 poll". 25 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de outubro de 2016. 
  6. Massinissa, Benlakehal (2 de decembro de 2015). "Libya’s neighbours express concern over territorial security" (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2016. 
  7. "Freed Australian hostage Jocelyn Elliott vows to continue work in Burkina Faso, focus turns to saving husband Ken" (en inglés). 8 de febreiro de 2016. Consultado o 19 de outubro de 2016. 
  8. "Le Chef de l'Etat signe un décret portant nomination des membres du Gouvernement : Composition de la nouvelle équipe gouvernementale" (en francés). 12 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 19 de outubro de 2016. 
  9. "Wide Partnership On the Statistical Board". 8 de setembro de 2016. Consultado o 19 de outubro de 2016. 
  10. "Afrique L'ambassadrice du Niger en France «compte continuer à exercer» ses fonctions, malgré la décision des putschistes". 04 de agosto de 2023. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2023. Consultado o 21 de agosto de 2023. 
  11. "Aicha Boulama Kane : du combat pour la démocratie à la diplomatie" (en francés). 27 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de outubro de 2016.