Abrir o menú principal

Mahamadou Issoufou

político nixerino

Mahamadou Issoufou, nado en Dandadji o 21 de agosto de 1952, é un político nixerino, actual Presidente do seu país. Foi dirixente da oposición ao presidente Mamadou Tandja, primeiro ministro entre 1993 e 1994 e presidente da asemblea entre 1995 e 1996. Candidato presidencial en 1993, chegaría á segunda volta nas eleccións de 1999 e 2004, volveuse presentar nas eleccións de 2011, cando gañou. É recoñecido como un político humilde, valente e honesto, dándoselle o nome de Zaki (león, en lingua hausa).

Mahamadou Issoufou
Mahamadou Issoufou

Actualmente no cargo
Dende o 7 de abril de 2011
Precedido por Salou Djibo

17 de abril de 1993 – 28 de setembro de 1994
Presidente Mahamane Ousmane
Precedido por Amadou Cheiffou
Sucedido por Souley Abdoulaye

Datos persoais
Nacemento 1952
Dandaji, África Occidental Francesa (actual Níxer)
Partido Partido Nixerino Para a Democracia e o Socialismo
Profesión Enxeñeiro de minas

Índice

TraxectoriaEditar

Mahamadou Issoufou naceu nunha aldea da rexión de Tahoua. Director Nacional do Ministerio de Minas e Enerxía desde 1980 até 1985 e logo director de Operacións de Minas Arlit, entón chamado Liga de Minas de Aire, onde estivo até 1991, cando se preocupa pola política.

En 1990, unha época de relativa democracia no país, logrou formar canda os seus antigos compañeiros da Universidade e o Liceo o Partido Nixerino Para a Democracia e o Socialismo, de corte socialista.

Polo seu partido, participou en todas as eleccións democráticas multipartidistas celebradas no país desde a Conferencia Nacional Soberana, 1992. Nas eleccións dese ano preséntase e queda en terceiro lugar, despois de Tandja Mamadou e Mahamane Ousmane. O seu partido aliouse co CDS e o ANDP, formando un grupo chamado Alianza da Forza do Cambio, que permitiu a elección de Ousmane en 1994.

Nomeado Primeiro ministro, a alianza co CDS e o ANDP crebou en 1995 e Issoufou tivo que dimitir. As novas eleccións levárono a tomar o cargo de Presidente da Asemblea en 1995, até xaneiro de 1996 coa chegada da ditadura militar dirixida por Ibrahim Baré Mainassara.

Preséntase novamente ás eleccións democráticas celebradas en 1999, chegando á segunda volta, gañando Mamadou Tandja. Tras converterse en opositor de Tandja, toma o poder da asemblea Nacional até 2009. Tras ter decidido Tandja permanecer no poder, Issoufou únese ao movemento contra o plan Tazartche de Tandja.

Presentouse ás eleccións presidenciais de 2011, nas cales resultou vencedor en segunda volta co 58% dos votos. Tras a entrega do poder por parte da Xunta Militar encabezada por Salou Djibo, o cal derrocara a Mamadou Tandja logo de 10 anos no poder, asume o cargo de Presidente de Níxer o 7 de abril de 2011.[1]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar