2867 Šteins

asteroide

2867 Šteins é un pequeno asteroide do cinto principal que foi descuberto en 1969 por Nikolai Chernykh[3]. O nome lle foi asignado por Kārlis Šteins, un astrónomo letón e soviético[4]. Šteins recibiu a visita da sonda espacial Rosetta no ano 2008.

Šteins
Representación vectorial do asteroide a partir dunha fotografía tomada pola sonda Rosetta.
Descubrimento
Descuberto por Nikolai Stepanovich Chernykh
Lugar do descubrimento Observatorio Astrofísico de Crimea
Descuberto o 4 de novembro de 11969
Designación do CPM
Designación alternativa
Procedencia do nome Kārlis Šteins
Características orbitais
Época 4 de febreiro do 2008.
Periapse 2,018 UA
Apoapse 2,708 UA
Excentricidade 0,146
Período orbital 1326,736 d
Inclinación 9,946°
Anomalía media 259,193°
Lonxitude do nodo ascendente 55,530°
Características físicas
Albedo 0,34±0,06
Magnitude absoluta 12,2
Dimensións 6,67 x 5,81 x 4,47 km[1]
Radio medio 2,65 km[2]
Temperatura ~181Kelvin
Tipo espectral E

Características físicas

editar

Un estudo publicado en 2006 por astrónomos do Observatorio austral europeo mostrou que Šteins é un asteroide de tipo E cun diámetro duns 4,6 km[5]. O estudo previo ó sobrevoo da sonda Rosetta mostrou, mediante a súa curva de luz, que o asteroide ten un período de rotación dunhas seis horas, que ten forma irregular e que non ten ningunha lúa.[6]

Tralo sobrevoo de Rosetta, a ESA describiu Šteins como "un diamante no ceo", dado que ten unha forma que se vai estreitando cara a un extremo. A parte máis ancha do asteroide está dominada por un gran cráter de 2,1 km de diámetro e que sorprendeu ós científicos, que non esperaban que o asteroide puidera sobrevivir a semellante impacto.[7] As fotografías de Šteins tomadas por Rosetta permitiron ós científicos determinar que o asteroide ten unhas dimensións de 6,67 x 5,81 x 4,47 km[1], o que significa un diámetro medio de 5,3 km.[2]

Sobrevoo

editar

O 5 de setembro de 2008, a nave Rosetta sobrevoou Šteins a unha distancia de 800 km e unha velocidade relativamente baixa de 8,6 km/s.[8] Este foi o primeiro de dous sobrevoos de asteroides programados para a sonda Rosetta, visitando en 2010 o asteroide 21 Lutetia, moito máis grande.[9] No momento do sobrevoo agardábase que o asteroide estivese iluminado polo Sol desde a perspectiva da nave, co que as imaxes tiñan moitas posibilidades de ser claras e nítidas.[10] O Centro Europeo de Operacións Espaciais (ESOC) transmitiu unha conferencia de prensa adicada ó sobrevoo o mesmo día que foi levado a cabo.[11]

  1. 1,0 1,1 "Rosetta's OSIRIS cameras reveal the nature of asteroid Steins". ESA Science & Technology. January 8, 2010. 
  2. 2,0 2,1 H. U. Keller, et all - E-Type Asteroid (2867) Steins as Imaged by OSIRIS on Board Rosetta - Science 8 January 2010: Vol. 327. no. 5962, pp. 190 - 193 DOI: 10.1126/science.1179559
  3. IAU: Minor Planet Center (ed.). "Discovery Circumstances: Numbered Minor Planets (1)-(5000)". Consultado o 17 de maio de 2011. 
  4. Lutz Schmadel (2003). Dictionary of minor planet names. 3-540-00238-3. 
  5. S. Fornasier, I. Belskaya, M. Fulchignoni, M. A. Barucci, C. Barbieri (2006). "First albedo determination of 2867 Steins, target of the Rosetta mission". 
  6. Michael Küppers, Uwe Keller, Rita Schulz, Gerhard Schwehm. "OSIRIS camera on Rosetta obtains ‘light curve’ of asteroid Steins" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2011. 
  7. ESA Rosetta News (ed.). "Steins: A diamond in the sky" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2011. 
  8. ESA Rosetta News (ed.). "Encounter of a different kind: Rosetta observes asteroid at close quarters" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2011. 
  9. M. A. Barucci, M. Fulchignoni and A. Rossi (2007). "Rosetta Asteroid Targets: 2867 Steins and 21 Lutetia". Space Science Reviews 128 (1-4): 67–78. 
  10. "Spacecraft set for asteroid fly-by". Express.co.uk (en inglés). 5 de setembro de 2008. Consultado o 26 de maio de 2019. 
  11. Monica Talevi (4 de setembro de 2008). European Space Agency, ed. "Rosetta Steins fly-by timeline". Arquivado dende o orixinal o 8 de decembro de 2011. Consultado o 17 de maio de 2011. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar