212 foi a denominación dun tipo de mísil de cruceiro soviético deseñado en 1936 por Sergéi Koroliov, sendo o segundo deseñado por el. Foi probado un par de veces antes de ser cancelado en 1939.

O mísil 212.

O deseño completouse o 2 de agosto de 1936 e consistía nun foguete con ás e lanzado desde unha catapulta. Fixéronse dúas probas da catapulta de lanzamento en novembro de 1936 usando unha maqueta do mísil, que acabaron en fracaso. Decidiuse entón que o mísil sería lanzado desde un avión, facéndose unha proba de lanzamento cunha maqueta desde un bombardeiro Tupolev TB-3 o 27 de maio de 1938. Koroliov foi arrestado un mes máis tarde, pero o proxecto continuou sen el. O 19 de xaneiro de 1939 decidiuse non usar máis o motor co que se tiña traballado ata entón (un ORM-65 deseñado por Valentín Glushkó) debido a problemas co sistema de control e algunhas explosións. Nese momento cambiouse a denominación do mísil pola de 803. Durante 1939 fixéronse un par de probas máis, fracasando as dúas por problemas co sistema de control, co que finalmente abandonouse o proxecto.

Características editar

  • Peso: 165 kg
  • Lonxitude: 2,59 m
  • Envergadura: 3,05 m
  • Pulo: 667 N

Notas editar

  • Wade, Mark (2011). "212" (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2011.