127 Hours
127 Hours é un filme estadounidense de xénero dramático e biográfico dirixido, coescrito e producido por Danny Boyle que se estreou no 2010. Está protagonizado por James Franco que interpreta a Aron Ralston. En 127 Hours, o barranquista Aron Ralston queda atrapado por un bloque de pedra nun canón de fenda illado de Blue John Canyon, no sueste de Utah, en abril de 2003. Foi producido por Everest Entertainment, Film4 Productions e HandMade Films.
127 Hours | |
---|---|
![]() | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 127 Hours |
Director | Danny Boyle |
Produtor | Danny Boyle Christian Colson John Smithson |
Guión | Danny Boyle Simon Beaufoy |
Baseado en | Between a Rock and a Hard Place de Aron Ralston |
Intérpretes | James Franco |
Música | A. R. Rahman |
Fotografía | Anthony Dod Mantle Enrique Chediak |
Montaxe | Jon Harris |
Estudio | Everest Entertainment Film4 Productions HandMade Films |
Distribuidora | Fox Searchlight Pictures Pathé International Warner Bros. Pictures |
Estrea | 4 de setembro de 2010 |
Duración | 93 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama, biográfico |
Orzamento | $18 000 000[1] |
Recadación | $60 700 000[1] |
Na rede | |
http://www.foxsearchlight.com/127hours | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O filme, baseado nas memorias de Ralston Between a Rock and a Hard Place (2004), foi escrito por Boyle e Simon Beaufoy, producido por Christian Colson e John Smithson, e conta con banda sonora de A. R. Rahman. Beaufoy, Colson e Rahman xa tiñan traballado anteriormente con Boyle en Slumdog Millionaire (2008). 127 Hours foi ben recibido pola crítica e a audiencia, e foi nomeado a seis Premios Óscar, incluíndo mellor actor para Franco e mellor filme.
Personaxes
editar- James Franco como Aron Ralston
- Kate Mara como Kristi Moore
- Amber Tamblyn como Megan McBride
- Clémence Poésy como Rana
- Lizzy Caplan como Sonja Ralston
- Kate Burton como Donna Ralston
- Treat Williams como Larry Ralston
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Box Office Mojo (ed.). "127 Hours (2010)". Consultado o 31 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 127 Hours |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)
- 127 Hours na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)