Aron Ralston
Aron Lee Ralston, nado en Marion, Ohio, o 27 de outubro de 1975, é un deportista, enxeñeiro e orador motivacional estadounidense. Sobreviviu a un accidente nun canón no sueste de Utah no 2003, durante o cal el mesmo se amputou o antebrazo dereito cunha navalla sen gume co obxectivo de ceibarse dunha rocha despredida que o atrapou en Blue John Canyon durante cinco días e sete horas (127 horas). Despois de ceibarse, tivo que facer só o camiño polo resto do canón, e despois fixo rappel 20 m nun cantil para chegar a unha zona segura.[3]
Aron Ralston | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1975 (47 anos) |
Lugar de nacemento | Marion, Ohio, ![]() |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade Carnegie Mellon e Cherry Creek High School |
Ocupación | Barranquista, enxeñeiro e orador |
Cónxuxe | Jessica Trusty (2009–2011)[2] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O incidente está documentado na autobiografía de Ralston Between a Rock and a Hard Place e nun filme baseado na súa historia 127 Hours protagonizado por James Franco.
NotasEditar
- ↑ Ohio Birth Index, 1908-2011
- ↑ Payne, Will. "Real 127 hours climber who cut off his own arm has domestic violence charges dropped against new Harvard graduate girlfriend he met on a plane". DailyMail.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2015.
- ↑ Duncan Campbell (3 de maio de 2003). The Guardian, ed. "Mountaineer trapped by boulder amputated arm with an ice cream scooper". Londres. Consultado o 13 de decembro de 2010.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aron Ralston |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en inglés)