11D458 é a designación dun tipo de motor foguete utilizado pola etapa Briz-M dos foguetes rusos Proton e Rokot-3 para o control de actitude.[1]

11D458
País de orixeUnión Soviética / Rusia[1]
DeseñadorIsayev[1]
AplicaciónControl de actitude da etapa Briz M[1]
Lanzador asociadoProton KM-4, Rokot 3
EstadoEn produción[1]
Motor de combustible líquido
PropelenteTetróxido de nitróxeno[1] / UDMH[1]
Taxa de mestura2[1]
Rendemento
Pulo392 N[1]
Impulso específico252 s[1]
Tempo de acendido3200 segundos[1]
Modelo de foguete Rockot cunha etapa superior Briz-M que usa motores foguete 11D458 para o control de actitude.

Características editar

Os motores 11D458 son fabricados pola casa Isayev e funcionan alimentados pola combinación hipergólica de tetróxido de nitróxeno e dimetilhidracina asimétrica (UDMH). Úsanse, xunto cos motores 17D58E, na etapa Briz-M de varios foguetes rusos para o control de actitude. Teñen un pulo de 392 N, un impulso específico de 252 s e son capaces dun tempo de encendido de 3200 s.[1]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Mark Wade (2011). "11D458" (en inglés). Consultado o 23 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Chemiy, I. (1999). "Rokot' - nekotrie deali". Novosti Kosmonavtiki (3): 53. 

Outros artigos editar