007: Goldeneye
007: Goldeneye (en inglés: GoldenEye) é o décimo sétimo filme de espías baseado na personaxe de James Bond. Producido por Eon Productions, e o primeiro filme da franquía protagonizado por Pierce Brosnan. Foi dirixido por Martin Campbell e é o primeiro filme cuxa historia non toma elementos da obra de Ian Fleming.[1] A historia foi concibida e escrita por Michael France, coa colaboración posterior doutros guionistas. No filme, Bond loita para evitar que un ex-axente MI6 empregue un satélite contra Londres para provocar unha crise financeira global.
007: Goldeneye | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | GoldenEye |
Director | Martin Campbell |
Produtor | |
Guión |
|
Baseado en | James Bond de Ian Fleming |
Intérpretes | |
Música | Éric Serra |
Fotografía | Phil Méheux |
Montaxe | Terry Rawlings |
Estudio | Eon Productions |
Distribuidora | MGM/UA Distribution Company (USA) United International Pictures (Internacional) |
Estrea | Os Ánxeles: 13 de novembro de 1995![]() ![]() |
Duración | 130 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Acción |
Orzamento | $60 000 000 |
Recadación | $355 000 000 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
GoldenEye foi estreado en 1995, após seis anos de hiato na serie por mor de disputas legais, durante as cales Timothy Dalton renunciou ó papel de James Bond e foi substituído por Pierce Brosnan. M tamén foi substituído, e a actriz Judi Dench converteuse na primeira muller en interpretar esta personaxes, substituíndo a Robert Brown. GoldenEye foi o primeiro filme de Bond realizado despois da disolución da Unión Soviética e o remate da Guerra Fría, que proporcionou un bo argumento para o filme.
PersonaxesEditar
- Pierce Brosnan como James Bond (007)
- Sean Bean como Alec Trevelyan (006) / Janus
- Izabella Scorupco como Natalya Simonova
- Famke Janssen como Xenia Onatopp
- Joe Don Baker como Jack Wade
- Judi Dench como M
- Gottfried John como Xeneral Arkady Grigorovich Ourumov
- Robbie Coltrane como Valentin Dmitrovich Zukovsky
- Alan Cumming como Boris Grishenko
- Tchéky Karyo como Dmitri Mishkin
- Desmond Llewelyn como Q
- Samantha Bond como Miss Moneypenny
- Michael Kitchen como Bill Tanner
- Minnie Driver como Irina
- Serena Gordon como Caroline
NotasEditar
- ↑ BBC News, ed. (10 de novembro de 2002). "The James Bond Films – 1994–2002". Consultado o 22 de outubro de 2007.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 007: Goldeneye |
Ligazóns externasEditar
- 007: Goldeneye na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)