Abrir o menú principal

(35671) 1998 SN165

asteroide

(35671) 1998 SN165, tamén escrito coma (35671) 1998 SN165, é un obxecto trans-neptuniano. Foi descuberto o 23 de setembro de 1998 por A. Gleason dende o observatorio Steward. Orixinalmente foi clasificado coma un plutino, cunha resonancia orbital de 2:3 con Neptuno. Ata agosto do 2001, era o plutino máis grande do que se tiña coñecemento, exceptuando Plutón e Caronte.[6] Pero pouco despois desas datas serían descubertos novos plutinos, coma 38628 Huya,[5] 28978 Ixion, e 90482 Orcus, que son moito máis grandes. Por outra parte e dende hai tempo, este obxecto deixou de ser considerado un plutino.[1][2][5]

(35671) 1998 SN165
Descubrimento
Descuberto por A. Gleason
Descuberto no 23-09-2009
Designacións do Mpc (35671) 1998 SN165
Categoría no Mpc TNO[1][2]
Cubewano[1]
Características orbitais [1][3]
Afelio 39,380 UA (Q)
Perihelio 36,288 UA (q)
Eixo semi-maior 37,834 UA (a)
Excentricidade 0,041
Período orbital 233,66 anos
Inclinación 4,6°
Anomalía media 271,1° (M)
Lonxitude do nodo ascendente 192,1°
Argumento do perihelio 266,5°
Características físicas
Diámetro 460±80[4][5] km
Albedo 0,04[4]
Magnitude aparente 21,4
Magnitude absoluta 5,8[3]

Cun albedo inferior a 0,04[4] e unha magnitude absoluta de 5.8,[3] 1998 SN165 ten un diámetro que aínda nas súas estimacións máis baixas, cualifican a este obxecto coma un posible candidato a planeta anano.[7] Na páxina web de Mike Brown aparece na listaxe coma un probable planeta anano cun diámetro non baseado en estimacións.[8]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Marc W. Buie (10-10-2004). SwRI (Space Science Department), ed. "Orbit Fit and Astrometric record for 35671". Consultado o 17-07-2008. 
  2. 2,0 2,1 Minor Planet Center & Tamkin Foundation Computer Network, ed. (21-12-2006). "MPEC 2006-X45 : Distant Minor Planets". Arquivado dende o orixinal o 28-08-2008. Consultado o 18-07-2008. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "JPL Small-Body Database Browser: 35671 (1998 SN165)". 10-10-2004 últimas observacións. Consultado o 17-07-2008. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Physical Properties of Kuiper Belt and Centaur Objects: Constraints from Spitzer Space Telescope; John Stansberry, Will Grundy, Mike Brown, Dale Cruikshank, John Spencer, David Trilling, Jean-Luc Margot; (2007)
  5. 5,0 5,1 5,2 Wm. Robert Johnston (22-04-2008). Johnston's Archive, ed. "List of Known Trans-Neptunian Objects". Arquivado dende o orixinal o 16-10-2007. Consultado o 17-10-2007. 
  6. Hutton, Gil (08-2001). Icarus, Volume 152, Issue 2, pp. 246–250 (2001), ed. "VR Photometry of Sixteen Kuiper Belt Objects". Consultado o 17-10-2007. 
  7. Dan Bruton. Department of Physics & Astronomy (Stephen F. Austin State University), ed. "Conversion of Absolute Magnitude to Diameter for Minor Planets". Consultado o 25-07-2008. 
  8. Michael E. Brown. California Institute of Technology, ed. "How many dwarf planets are there in the outer solar system? (updates daily)". Consultado o 25-08-2011. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar