225088 Gonggong

obxecto trans-neptuniano
(Redirección desde «(225088) 2007 OR10»)

225088 Gonggong é un obxecto trans-neptuniano cunha magnitude absoluta (H) de 1,7.[4] Isto cualifícao coma un dos candidatos a planeta anano máis grandes: Mike Brown estima que ten un tamaño entre o de Sedna e o de Quaoar.[10] O anuncio do seu descubrimento foi feito público formalmente o 7 de xaneiro do ano 2009.[1]

Gonggong 🝽
(225088) Gonggong
Descubrimento e clasificación[1]
Descuberto polo M. E. Schwamb
M. E. Brown
D. L. Rabinowitz
Descuberto dende o Observatorio de Palomar
Descuberto o 17-07-2007
anunciado: 07-01-2009
Designación no Mpc (225088) 2007 OR10
Categoría no Mpc SDO[2]

resonancia 10:3? (DES)[3]

Características orbitais[4]
Época= 08-02-2011
Afelio 100,79 UA) (Q)
(15,1 Tm)
Perihelio 33,62 UA (q)
(5,03 Tm)
Eixo semi-maior 67,21 UA (a)
(10,054 Tm)
Excentricidade 0,50
Período orbital 550,98 ax
Inclinación 30,70°
Anomalía media 101,0° (M)
Lonxitude do nodo ascendente 336,86°
Argumento do perihelio 207,18°
Características físicas
Diámetro 875[5]–1400[6] km[4][7]
Tipo espectral vermello[8]
Albedo 0,15 a 0,40 (rango asumido)
Magnitude aparente 21,3[9]
Magnitude absoluta 1,7[4]

Alcume editar

O equipo de Mike Brown alcumou a este obxecto coma Brancaneves, debido ó seu gran brillo.[10] Tamén alcumado polo equipo de Brown coma o sétimo anano, despois dos descubrimentos Quaoar no 2002, Sedna no 2003, Haumea e Orcus no 2004, e Makemake e Eris no 2005. En palabras de Brown, "realmente aínda no propuxemos ningún nome para el, por que non demos cun nome con suficiente significado.[10] Actualmente é o obxecto máis grande do Sistema Solar sen nome propio.

Características editar

2007 OR10 acadou o seu perihelio ó redor do ano 1856.[4] Actualmente está a unhas 86 UAs repecto do Sol.[9][11] Isto fai del o terceiro obxecto coñecido máis distante dentro do Sistema Solar, despois de Eris (97 UAs) e Sedna (88 UAs).[10] De feito, no 2013, estará máis afastado do Sol cá Sedna[11], e xa para o ano 2045, estará máis afastado do Sol cá Sedna e Eris,[12] moito máis tarde acadará o seu afelio, cara o ano 2130.[11]

Gonggong ten unha órbita semellante a do planeta anano Eris,[13] facendo del un obxecto do disco disperso.[2] Foi descuberto a través dunha procura de obxectos realizada na área que ocupaba Sedna.[14] Gonggong foi observado 46 veces, sete delas en oposición con imaxes recuperadas que nos retrotraen ó ano 1985.[4]

Erro: Cómpre especificar unha imaxe na primeira liña.

Órbita
frameless|center|upright=1.5
A órbita de Gonggong comparada coa órbita de Eris e Plutón].
Resonancia non confirmada
 

O movemento preliminar de Gonggong fica nunha resonancia orbital con Neptuno de 10:3. Esta resonancia non está confirmada e podería ser unha sinxela coincidencia que estivese preto dunha resonancia.[3]

O programa Deep Ecliptic Survey (DES) amosa a súa órbita nominal en resonancia 10:3 con Neptuno.[3]

O tamaño dun obxecto depende da súa magnitude absoluta (H) e do seu albedo (a cantidade de luz cun corpo reflicte). Gonggong ten unha magnitude absoluta (H) de 1,7.[4] Isto foi del un obxecto lixeiramente menos brillante cá Sedna (H=1,6; <1600 km)[15] e máis brillante cá Orcus (H=2,3; ~950 km).[16] É posible que Gonggong teña un tamaño entre o de Sedna e o de Quaoar (H=2,6).[10]

Gonggong é un dos obxectos trans-neptunianos máis vermellos que se coñecen.[8] Isto probablemente é debido á retención de metano.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Minor Planet Center, ed. (07-01-2009). "MPEC 2009-A42 : 2007 OR10". Consultado o 15-08-2011. 
  2. 2,0 2,1 Minor Planet Center (ed.). "List Of Centaurs and Scattered-Disk Objects". Consultado o 20-01-2009. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Marc W. Buie (23-08-2008). SwRI (Space Science Department), ed. "Orbit Fit and Astrometric record for 225088". Consultado o 11-03-2009. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "JPL Small-Body Database Browser: 225088 (2007 OR10)". 06-11-2009 ultimas observacións. Consultado o 02-01-2011. 
  5. Asumindo un albedo de 0.40
  6. Asumindo un albedo de 0,15
  7. Dan Bruton. Department of Physics & Astronomy (Stephen F. Austin State University), ed. "Conversion of Absolute Magnitude to Diameter for Minor Planets". Arquivado dende o orixinal o 23-07-2011. Consultado o 20-01-2009. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Michael E. Brown; Burgasser, A.J.; Fraser W.C. (2011). Mike Brown's Website, ed. "The Surface Composition of Large Kuiper Belt Object 2007 OR10" (PDF). arXiv:1108.1418. Consultado o 08-08-2011. 
  9. 9,0 9,1 Department of Mathematics, University of Pisa, Italy (ed.). "AstDys 2007OR10 Ephemerides". Arquivado dende o orixinal o 26-05-2011. Consultado o 16-03-2009. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Michael E. Brown (10-03-2009). Mike Brown's Planets (blog), ed. "Snow White needs a bailout". Arquivado dende o orixinal o 16-08-2009. Consultado o 17-02-2010. 
  11. 11,0 11,1 11,2 California Institute of Technology, Jet Propulsion Laboratory (ed.). "Horizon Online Ephemeris System". Consultado o 20-01-2009. 
  12. JPL Horizons On-Line Ephemeris System (17-02-2011). "Horizons Output for Sedna 2076/2114". Consultado o 17-02-2011. 
  13. "JPL Small-Body Database Browser: 136199 Eris (2003 UB313)". 04-10-2008 últimas obsevacións. Consultado o 21-01-2009. 
  14. Schwamb, Megan E.; Brown, Michael E.; Rabinowitz, David L. (2009). "A Search for Distant Solar System Bodies in the Region of Sedna". Astrophysical Journal Letters. arXiv:0901.4173. doi:10.1088/0004-637X/694/1/L45. 
  15. "JPL Small-Body Database Browser: 90377 Sedna (2003 VB12)". 23-10-2008 últimas observacións. Consultado o 21-11-2009. 
  16. "JPL Small-Body Database Browser: 90482 Orcus (2004 DW)". 04-12-2008 últimas observacións. Consultado o 05-02-2009. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar