Hiroshige

(Redirección desde «歌川広重»)

Hiroshige, nado en Toquio en 1797 e finado na mesma cidade o 12 de outubro de 1858, tamén coñecido Andō Hiroshige (grafía xaponesa 安藤広重), Utagawa Hiroshige (歌川広重) e aínda Ichiyusai Hiroshige, foi un dos máis grandes paisaxistas xaponeses, elevando este tema a un nivel artístico de estilo inigualado. Distinguíuse polas series de estampas do monte Fuji e de Edo (o actual Toquio), debuxando xenialmente as escenas e a atmosfera da cidade, tomando os instantes da vida cotiá da urbe antes da súa transformación na era Meiji (1868-1912).

Hiroshige
Nome completo安藤 徳太郎
Alcume安藤 重右衛門, 安藤 鉄蔵, 安藤 徳兵衛 e 歌川 広重
Nacemento1797
Lugar de nacementoEdo
Falecemento12 de outubro de 1858
Lugar de falecementoEdo
CausaCólera
SoterradoTōgaku-ji
NacionalidadeXapón
EtniaPobo xaponés
Ocupaciónpintor, ukiyo-e artist e xilogravador
Coñecido porCen famosas vistas de Edo, Trinta e seis vistas do monte Fuji, Eight Views of Ōmi, Kōshū Nikki, The Sixty-nine Stations of the Kiso Kaidō, Famous Views of the 60-odd Provinces e Tendō Hiroshige
Na rede
Musicbrainz: ec48797a-12eb-4c77-9504-026d6a997114 WikiTree: 安藤-4 Find a Grave: 13092403 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

As súas obras -gravuras con técnica xilográfica- caracterízanse polo seu formato vertical, pola mestría sutil de cores libre -con dominio do verde e do azul- e polo sentido do primeiro plano, que sería máis tarde retomado pola fotografía e o cine. Xunto con Katsushika Hokusai (1760-1849) alcanzaría a cima da arte paisaxística xaponesa do século XIX.

A súa obra máis coñecida foron as xilografías coreadas 53 Estacións de Tōkaidō.

Traxectoria editar

Era fillo dun samurai de baixo rango, que servía na fortaleza do Shōgun en Edo, nome antigo de Toquio, como tirador de armas de fogo, que o enviaría, con 13 anos, como aprendiz do mestre xilografista Utagawa Toyohiro. Alí aprendería a desenvolver os motivos tradicionais do Ukiyo-e como as vistas das vellas rúas.

As 53 estacións de Tōkaidō editar

Tōkaidō era naquela época unha importante estrada principal que unía Quioto e Edo. En 1832 Hiroshige acompañou un ministro plenipotenciario do Shogun desde Edo ata o Pazo imperial de Kioto, tomando apuntamentos de cada unha das 53 estacións ao longo da estrada. Con eses apuntamentos realizou desde 1833 ata1834 as 55 follas das 53 Estacións de Tōkaidō (東海道五十三次 tōkaidō gojusan tsugi).

A obra pertence ao estilo tradicional de xilografías Ukiyo-e „O mudo fugaz e pasaxeiro“, pero con novas e desacostumadas maneiras: nenguén antes no Xapón executara escenas de estradas con xentes do pobo común, que se movían mentres realizaban as súas tarefas e traballos.

Outras obras e influencia editar

Outras realizacións importantes de Hiroshige son as Vistas de Kisokaidō, con escenas doutra arredada estrada do vello Xapón, e 100 vistas de Edo (1856-1858).

As xilografías coreadas de Hiroshige influíron nos impresionistas franceses.