Şivan Perwer
Şivan Perwer, nado o 23 de setembro de 1955 é un cantante, poeta e intérprete de saz kurdo. Trátase dun dos artistas kurdos máis coñecidos.
![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ku) İsmail Aygün ![]() 23 de decembro de 1955 ![]() Siverek, Turquía (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
Outros nomes | Şivan Perwer ![]() |
País de nacionalidade | Turquía ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante , artista discográfico ![]() |
Período de actividade | 1975 ![]() |
Instrumento | Saz (pt) ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFillo de músicos, Şivan fíxose famoso, cando era un estudante de matemáticas, durante as protestas kurdas contra o réxime iraquí que se realizaron na Universidade de Ancara en 1972, ao acudir milleiros de persoas súas actuacións en directo. En 1976 temendo pola súa vida e a da súa familia exiliouse en Alemaña e alí gravou o seu primeiro álbum de cancións tradicionais kurdas. Durante moitos anos as súas cancións estiveron prohibidas en Iraq, Irán e Turquía por estar en kurdo, malia iso, a pesar do risco de acabar na cadea ou executado, as casetes coa súa música pasaban de man en man por todo o Kurdistán. Mesmo hoxe en Turquía só están permitidas as súas cancións de amor.