Ørsted (satélite)
Ørsted, tamén coñecido como Orsted ou Oersted e bautizado así en honor do físico danés Hans Christian Ørsted, é un satélite artificial lanzado o 23 de febreiro de 1999 mediante un foguete Delta 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea dos Estados Unidos en Santa Bárbara, California.[2][5][6]
Ørsted / Orsted / Oersted | |
---|---|
Maqueta do satélite Oersted. | |
Tipo | Científico |
Destino actual | En órbita.[1] |
Data de lanzamento | 23 de febreiro de 1999, 10:29 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta 7920[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera terrestre.[2][6] |
NSSDC ID | 1999-008B |
Masa | 60,8 kg[5] |
Potencia | 54 vatios[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7110 km[1] |
Inclinación | 96,4 graos[1] |
Apoapse | 839,3 km[1] |
Periapse | 640,6 km[1] |
Características
editarA misión de Oersted foi estudar con alta precisión e sensibilidade o campo magnético terrestre e a contorna de partículas cargadas que rodean a Terra.[1][2][5][6]
Oersted foi lanzado como carga secundaria nunha órbita case sincrónica solar. Estabilizábase mediante gradente gravitatorio grazas a un mastro de oito metros de lonxitude, mentres que o control de actitude se conseguía grazas a tres torques magnéticos. Os datos gardábanse nunha memoria interna de 16 MB de capacidade.[2]
O satélite dedicouse a dous campos principais: analizar como se xera o campo magnético no núcleo terrestre e como se comporta o plasma na magnetosfera.[2]
Instrumentos
editarOersted levaba a bordo dous magnetómetros, unha cámara de estrelas para determinar a súa actitude, un detector de partículas de estado sólido e un receptor GPS.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ORSTED" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (26 de agosto de 2014). "Oersted" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ "Letter dated 2 February 2011 from the Permanent Mission of Denmark to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (11-84994). 10 de agosto de 2011: 2. Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Orsted" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2015). Gunter's Space Page, ed. "Ørsted (Oersted)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Orsted" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2015.