Óso alveolar
Denomínase óso alveolar ao óso dos maxilares que contén ou reviste as concas ou alvélos dentarios, nas que se sitúan as raíces dos dentes. É un óso fino e compacto con múltiplas e pequenas perforacións, a través das cales pasan os vasos sanguíneos, os nervios e os vasos linfáticos. Por tanto, óso alveolar é aquel óso xa sexa do maxilar superior ou da mandíbula que contén as raíces dos dentes.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/71/Gray157.png/300px-Gray157.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5d/Gray853.png/300px-Gray853.png)
Se fora posíbel mirar un cranio que estivera perdendo dentes, veríase que os ósos maxilares non son só planos óseos horizontais. Dentro do óso hai pequenos cráteres que marcan o lugar onde os dentes se insiren.
Estes espazos son os alvéolos, e as súas paredes chámanse procesos alveolares (na terminoloxía científica, latina, processus alveolaris maxillae). Conforme o dente vai saíndo a través da enxiva, o proceso alveolar desenvólvese ao redor dos dentes para axudar a sostelos dentro dos maxilares.
O óso alveolar é, por tanto, unha capa delgada que circunda a raíz dos dentes, manténdoos seguros contra as bacterias da xinxivite debido á inserción das fibras coláxenas do ligamento periodontal. Pode ser considerado como un tecido conxuntivo especializado mineralizado, composto basicamente por un 33 % de matriz orgánica e un 67 % de cristais de hidroxiapatita. Ademais de manter a estrutura dentária no arco, o óso alveolar tamén ten funcións de protección, locomoción e de reservatorio.
Xusto antes da mineralización, os osteoblastos inician a produción de vesículas de matriz. Estas vesículas conteñen enzimas, tales como a fosfatase alcalina, que axudam a iniciar a enucleación de cristais de hidroxiapatita. Estes cristais crecen e desenvólvense, formando nódulos óseos coalescentes, os cales, con fibras coláxenas en rápido desenvolvemento e desorientadas, son a subestrutura do óso lamelar e o primeiro óso formado no alvéolo. Máis tarde, a través da deposixión ósea, remodelación e secrción de capass de fibras coláxenas orientadas, o óso lamelar maduro queda formado. Os cristais de hidroxiapatita están xeralmente aliñados cos seus longos eixos paralelos ás fibras coláxenas.
O óso alveolar desenvólvese ao redor de cada folículo dentario durante a odontoxénese. Cando un dente deciduo (dente de leite) queda incluído, o óso alveolar reabsórbese. O dente permanente sucesor móvese para o lugar, desenvolvendo o seu propio óso alveolar a partir do seu propio folículo dentario.
A medida que a raíz dentaria se forma e os tecidos circundantes se desenvolven e madurecen, o óso alveolar fúndese co óso basal de desenvolvemento separado e os dous forman unha estrutura continua. A pesar de que o óso alveolar e o óso basal teñen orixes diferentes, ambos derivan da crista neural ectomesenquimal.
O óso basal da mandíbula inicia a mineralización na saída no nervio mentoniano dos forames mentonianos, mentres que o óso basal dos maxilares se incian na saída do nervio infraorbital do forame infraorbital.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Newman, Michael G.; Takei, Henry H.; Klokkevold, Perry R.; Carranza, Fermin A. (2014). Periodontia clínica, Carranza (11 ed.). Medellín (Colombia): Amolca. ISBN 9789588760841.