Óscar de Souto

poeta español

Óscar de Souto, nado en Cabana de Bergantiños o 23 de setembro de 1980, é un escritor galego.

Infotaula de personaÓscar de Souto
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Cabana de Bergantiños, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 374

Traxectoria editar

Reside en Arteixo dende o ano 1999. Colaborador de varias publicacións periódicas, como a revista Xente Nova (1995-1999), Airiños (2000-2009), El Periódico de Arteixo (2006-2010), e membro fundador da Organización Literario-Cultural Amencer, de Arteixo, e vicepresidente xove da Asociación Don Bosco da Coruña (2006-2010). En decembro de 2007 expón no Centro Cívico de Arteixo xunto á pintora uruguaia Ana Novo a obra Mnemosyne, a voz da imaxe, onde se fusionan poesía e pintura abstracta. Desa obra xorden os dous primeiros recitais poéticos coa Organización Literario-Cultural Amencer (OLCA).

Participou no xurado do Concurso Literario Manuel Murguía de 2008, así como en recitais de poesía en toda Galicia.

Obra en galego editar

Poesía editar

Ten pendentes de publicación os libros Lembranzas e Terra (2006).

  • Carbón querubín , publicado en 2019, poesía en galego.

Narrativa editar

Traducións editar

  • Se lo dije a la noche/Díxenllo á noite, de Juan Carlos García Hoyuelos, 2011.
  • Aire, fuego y deseo/Aire, lume e desexo, de Juan Carlos García Hoyuelos, 2016.

Obras colectivas editar

  • Latexos, obra poética.
  • O lobo, unha carreira por sobrevivir, ADEGA.
  • Versus, 2012, O. L. C. A. Poesía.

Obra en castelán editar

Poesía editar

Ten pendente de publicación o libro Sentir (2006).

Premios editar

  • Accésit de poesía do II Concurso Rita Suárez Amado no 2007, por Mi pretexto.
  • Accésit de poesía do III Concurso Rita Suárez Amado no 2008, por En ausencia.
  • Varios galardóns nos Concursos Literarios Don Bosco dende 1995 ao 2000.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar