Óscar Mingueza

futbolista español

Óscar Mingueza García, nado en Santa Perpètua de Mogoda (Provincia de Barcelona) o 13 de maio de 1999, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Real Club Celta de Vigo da primeira división española de fútbol.

Óscar Mingueza
Nome completoÓscar Mingueza García
Nacemento13 de maio de 1999
Lugar de nacementoSanta Perpètua de Mogoda
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
IrmánsAriadna Mingueza
Na rede
UEFA: 250087538 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a súa carreira deportiva no F. C. Barcelona, ao que pertenceu desde que ingresou nas súas categorías inferiores en 2007, chegando ao equipo xuvenil en 2016, co que conseguiu levantar a liga Xuvenil da UEFA 2017-18.[1][2]

En 2018 foi promovido ao filial, o F. C. Barcelona B, e fixo a pretemporada co primeiro equipo.[3][4] Debutou como sénior o 26 de agosto, na derrota do Barça B por 3-1 fronte ao C. D. Alcoyano.[5]

O 24 de novembro de 2020 fixo o seu debut co primeiro equipo, nun partido da Liga de Campións da UEFA 2020-21 fronte ao FK Dynamo Kyiv que terminou con vitoria blaugrana por 0-4.[6][7]

[8] O 15 de marzo de 2021, na mesma competición, marcou o seu primeiro gol co primeiro equipo contra o S. D. Huesca que servía para pór o 3-1 no marcador.[9] O 10 de abril marcou fronte ao Real Madrid o único gol do Barcelona, finalizando o partido en derrota por 2-1.[10] Na final da Copa do Rei disputou como titular a partida fronte ao Athletic Club, conseguindo a vitoria por 0-4 e logrando o seu primeiro título como profesional.[11][12] O 30 de abril o club fixo efectiva a opción que tiña de ampliar o seu contrato e renovou até xuño de 2023 cunha cláusula de rescisión de 100 millóns de euros.[13]

Selección nacionalEditar

O 15 de marzo de 2021 foi convocado por primeira vez coa selección española sub-21 para disputar os encontros da fase de grupos da Eurocopa da categoría.[14] Debutou no partido da segunda xornada ante Italia e terminou expulsado.[15] Nos cuartos de finais xogou como titular fronte a Croacia, avanzando a semifinales tras gañar España por 2 a 1.[16] En esa ronda España perdeu contra Portugal por 1-0 quedándose sen poder disputar a final.[17]

O 8 de xuño do mesmo ano debutou coa selección absoluta nun amigable contra Lituania, no que a selección española venceu por 4-0.[18]

Foi convocado por Luis de la Fuente coa selección olímpica para disputar os xogos Olímpicos de Tokio 2020 que se celebraron durante os meses de xullo e agosto de 2021.[19] España disputou a final contra Brasil, perdendo por 2-1 na prórroga e conseguiendo a medalla de prata.[20]

NotasEditar

  1. "La carrera de Óscar Mingueza en el Barça, del Benjamín B al primer equipo". 25 de novembro de 2020. Consultado o 7 de agosto de 2021. 
  2. "El Barça gana la Youth League y reivindica La Masia". La Vanguardia. 23 de abril de 2018. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  3. "Las joyas del barça que viene: ¡ blindados los campeones de la Youth League !". todoblaugrana.com. 12 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2020. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  4. "Así será la gira del FC Barcelona por los EEUU: partidos contra Tottenham, Roma y Milan". 24 de xullo de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2021. 
  5. "CD Alcoyano - FC Barcelona B". Transfermarkt. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  6. "Óscar Mingueza, otro 'descubrimiento' de Koeman". Marca. 25 de novembro de 2020. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  7. "Mingueza: "Espero que sea el principio de algo muy grande"". Marca. 24 de novembro de 2020. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  8. "Con el espíritu de Maradona". Marca. 29 de novembro de 2020. Consultado o 29 de novembro de 2020. 
  9. "Mingueza se estrena como goleador". Mundo Deportivo. 15 de marzo de 2021. Consultado o 15 de marzo de 2021. 
  10. "Mingueza marca en el Clásico". Mundo Deportivo. 10 de abril de 2021. Consultado o 17 de abril de 2021. 
  11. "El ciclón Barça, campeón de Copa con una goleada espectacular". Mundo Deportivo. 17 de abril de 2021. Consultado o 17 de abril de 2021. 
  12. "El Barça gana su 31ª Copa del Rey". F. C. Barcelona. 17 de abril de 2021. Consultado o 18 de abril de 2021. 
  13. "Òscar Mingueza, azulgrana hasta 2023". F. C. Barcelona. 30 de abril de 2021. Consultado o 30 de abril de 2021. 
  14. "Mingueza, convocado con la Sub-21: Esta es la lista". Mundo Deportivo. 15 de marzo de 2021. Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  15. "Mingueza, expulsado en su debut con España". Sport. 27 de marzo de 2021. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  16. "Puado mete a España en las semifinales del Europeo sub-21". El Periódico de Catalunya. 31 de maio de 2021. Consultado o 31 de maio de 2021. 
  17. "España pierde ante Portugal en semifinales del Europeo Sub-21". 3 de xuño de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2021. 
  18. "4-0: Victoria absoluta de España ante Lituania". Mundo Deportivo. 8 de xuño de 2021. Consultado o 8 de xuño de 2021. 
  19. "Lista de España para los Juegos Olímpicos 2020 de Tokio: Los 22 convocados de Luis de la Fuente". 29 de xuño de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2021. 
  20. "Juegos Olímpicos: Brasil se quedó con el oro al vencer 2-1 a España". Consultado o 7 de agosto de 2021.