Órix beisa

Beisa (Oryx beisa beisa)
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Hippotraginae
Xénero: Oryx
Especie: O. beisa
Nome binomial
'Oryx beisa'
Rüppell, 1835
Subspecies

O. b. beisa
O. b. callotis

O órix beisa (Oryx beisa) é unha especie de antílope da África oriental que presenta dúas subespecies, o Oryx beisa beisa que habita estepas e semidesertos no Corno de África e no norte do río Tana, e o Oryx beisa callotis que se localiza no sur do Tana no sueste de Kenya e en zonas de Tanzania. No pasado, algúns taxonomistas considerábana unha subespecie do Oryx gazella pero xeneticamente son diferentes.

Oryx beisa beisa
O. b. callotis

Descrición editar

O órix beisa ten unha altura de pouco máis dun metro á altura do ombreiro, entre 110 e 120 cm nos exemplares adultos,[2] variando o seu peso entre os 150 e os 200 kg. É facilmente recoñecible pola cor do seu pelame, gris co ventre branco, separado por unha banda negra que presenta tamén na unión da cabeza co pescozo, ao longo do fociño, e desde os ollos ata a boca, así como na testa. A súa coma é pequena e acastañada; e está dotado de dúas longas e finas cornas que presentan tanto machos como femias e que polo común miden entre 75 e 80 cm.

A especie vive en semidesertos e estepas alimentándose de herbas, follas, froitos e abrochos e é capaz de variar a súa temperatura corporal para minimizar a evaporación de auga, aumentando a súa temperatura polo día diminuíndo así a captación da calor ambiental e impedindo a perda da auga por evaporación e baixando a súa temperatura por radiación térmica durante a noite. Ademais os seus ouriños son pouco abundantes e moi concentrados. Viven en mandas de entre cinco e corenta animais, tipicamente as femias van por diante e un gran macho gárdalles as costas. Algúns machos son solitarios, aínda que con frecuencia están acompañados durante breves períodos por femias reprodutoras.

 
O. b. callotis no Parque Nacional do Tsavo Occidental
 
O. b. beisa no centro de Kenya

Notas editar

  1. IUCN SSC Antelope Specialist Group (2008). "Oryx beisa". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 13 November 2008. Database entry includes a brief justification of why this species is of Near Threatened.
  2. Oryx beisa en ultimateungulate

Véxase tamén editar