Íñigo López Montaña

futbolista español

Íñigo López Montaña, nado o 23 de xullo de 1982 en Logroño é un futbolista español que xoga na demarcación de defensa. É irmán do tamén futbolista Jorge López Montaña. O seu club actual é o UD San Sebastián de los Reyes.

Íñigo López
Información persoal
Nome Íñigo López Montaña
Nacido 23 de xullo de 1982
Lugar Logroño
Altura 1.85 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual SS de los Reyes
Carreira xuvenil
Las Rozas
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2004 Las Rozas
2004–2006 Atlético Madrid B 34 (4)
2006–2007 SS de los Reyes 27 (1)
2007–2010 Alcorcón 85 (17)
2010–2013 Granada 91 (8)
2013–2014 PAOK 3 (0)
2014Celta de Vigo (cedido) 9 (1)
2014–2015 Córdoba 21 (0)
2015–2018 Huesca 63 (3)
2018–2019 Extremadura 7 (0)
2019 Deportivo da Coruña 1 (0)
2019– SS de los Reyes 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: Actualizado a 14 de maio de 2019

TraxectoriaEditar

Comezou xogando no CD Logroñés, despois pasou polo Las Rozas CF, Atlético de Madrid B e UD San Sebastián de los Reyes antes de fichar polo AD Alcorcón, co que daría o salto ao fútbol de elite ao acadar o ascenso a Segunda División B no ano 2010.

En 2011 fichou polo Granada CF.[1][2] E no verán de 2013 fichou polo PAOK Tesalónica tras rematar contrato co equipo andaluz[3]. Porén non atoparía sitio no equipo grego e no mercado de inverno da tempada 2013/14 foi cedido ao Celta de Vigo.[4]

O 31 de xaneiro de 2019, anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña ata o remate da tempada.[5] O 28 de maio foi detido no transcurso da "Operación Oikos", na que se investigan supostos amaños de partidos e na que tamén se detivo a outros xogadores e directivos do fútbol español.[6]

En agosto fichou pola Unión Deportiva San Sebastián de los Reyes.[7] A finais de novembro foi detido outra vez nunha nova fase da mesma operación policial.[8]

NotasEditar