Élie Okobo

baloncestista francés

Élie-Franck Okobo, nado o 23 de outubro de 1997 en Bordeos, é un xogador profesional de baloncesto francés. Cunha estatura de 1,88 metros xoga na posición de base.

Élie Okobo
Elie Okobo ASVEL (cropped).jpg
Información persoal
Nacemento 23 de outubro de 1997 (25 anos)
Flag of France.svg Bordeos
Nacionalidade Flag of France.svg Francia
Altura 1,88 m (7 ft 2 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Posición Base
Información da carreira
NBA Draft 2018 / Rolda: 2 / Elección: 31
Por Phoenix Suns
Carreira dende 2015
Historial de equipos
Pau-Orthez (2015–2018)
Phoenix Suns (2018–2020)
Northern Arizona Suns (2018–2019)
Long Island Nets (2021)
ASVEL Basket (2021–2022)

Traxectoria profesionalEditar

O 21 de xuño de 2018, Okobo foi seleccionado na 31ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Phoenix Suns.[1] O 6 de xullo de 2018, Okobo asinou un contrato de catro anos e 6 millóns de dólares cos Suns.[2] Fixo o seu debut na NBA o 17 de outubro de 2018 na vitoria de Phoenix por 121-100 contra os Dallas Mavericks, facendo dous puntos e unha asistencia en 8 minutos de xogo.[3] O 25 de novembro de 2020, Okobo foi cortado polos Suns.[4]

O 10 de xullo de 2021, Okobo asinou un contrato dunha tempada co ASVEL Basket da LNB Pro A.[5]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar