Écoust-Saint-Mein

Écoust-Saint-Mein é un concello francés situado no departamento do Paso de Calais na rexión Altos de Francia.

Modelo:Xeografía políticaÉcoust-Saint-Mein
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°10′55″N 2°54′37″L / 50.1819, 2.9103Coordenadas: 50°10′55″N 2°54′37″L / 50.1819, 2.9103
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAltos de Francia
DepartamentoPas-de-Calais Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación487 (2021) Editar o valor em Wikidata (57,77 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921165 Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie8,43 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal62128 Editar o valor em Wikidata

Páxina webmairie.ecouststmein.free.fr Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

 
Mapa do concello de Écoust-Saint-Mein.
 
A rúa do Fief.

Écoust-Saint-Mein localízase a 16.1 km ao sueste da cidade de Arras na conxunción das estradas D956 e D5, limita ao nordés con Bullecourt, ao sueste con Noreuil, ao sur con Vaulx-Vraucourt, suroeste con Mory, o oeste con Saint-Léger e ao noroeste con Croisilles.

Toponimia editar

A orixe do topónimo é Écoust, ou mesmo Éscoult ou Écout, que designa un lugar onde medran os carballos, en flamengo occidental éke, e do santo bretón de orixe galesa Meven, evanxelizador da Bretaña no século VI[1]. Durante a Revolución Francesa, o concello levou o nome de Écoust-Lougastre[2].

Historia editar

Durante a primeira guerra mundial, Écoust-Saint-Mein estaba en plena liña Hindenburg na zona ocupada polos alemáns, que evacuaron á poboación. Minouse a torre da igrexa que serviu de referencia para os artilleiros. Liberada polos aliados en 1917 no decurso da batalla de Arras os alemáns reconquistárona en marzo de 1918 e finalmente, os aliados liberárona o 1 de setembro de 1918[3].

Poboación editar

En 2018 o concello contaba cunha poboación legal de 493 habitantes[4], o que supón unha diminución do 2,38 % en relación a 2013 (Paso de Calais : +0,1 %, Francia : +2,36 %).

A poboación de Écoust-Saint-Mein é relativamente nova. En 2007, a poboación repartíase do seguinte xeito:

  • 48,4 % homes (0 a 14 anos = 22,2 %, 15 a 29 anos = 13 %, 30 a 44 anos = 28,3 %, 45 a 59 anos = 19,1 %, máis de 60 anos = 17,3 %) ;
  • 51,6 % mulleres (0 a 14 anos = 21,2 %, 15 a 29 anos = 13,9 %, 30 a 44 ans = 22,9 %, 45 a 59 ans = 18 %, máis de 60 anos = 24 %).

Evolución histórica da poboación editar

Serie de poboación histórica de Écoust-Saint-Mein
Ano179318511901192619621968197519821990199920062019
Poboación834995744543460466453468443429475493
Dende o ano 1962: Non hai dobre contaxe—os residentes de comunas múltiples (p.ex. estudantes e persoal militar) só se contabilizan unha vez.

Vivenda editar

En 2017 había 198 vivendas, 183 eran a residencia habitual da familia, 2 segundas residencias e 13 estaban deshabitadas. Todas as 198 vivendas eran casas. Das 183 residencias habituais, 168 estaban ocupadas polos seus propietarios e 15 por rendeiros; 1 tiña unha peza, 6 dúas, 23 tiñan tres, 33 catro e 120 cinco ou máis. 151 dispuñan cando menos dunha praza de estacionamento. En 66 vivendas había un automóbil e en 105 había dous ou máis[5].

Economía editar

En 2017 a poboación en idade de traballar era de 303 persones, con 234 activos e 69 inactivos. Das 234 persones actives 223 estaven ocupades (115 homes e 109 mulleres) i 11 estaban en paro (5 homes e 6 mulleres). Só 26 persoas traballaban no propio concello de residencia[5].

Ingresos editar

En 2018 había 179 unidades fiscais que itegraban 469 persoas e a media de ingresos fiscais por persoa era de 21 890€ [5].

Actividades económicas editar

Dos 20 establecementos que había en 2018, 4 eran de industrias manufactureiras, 4 de construción, 7 de comercio e restauración, 2 de actividades especializadas, 1 da administración pública e 2 clasificada como outras actividades de servizos [5].

Equipamentos escolares e culturais editar

No concello hai unha escola integrada nunha agrupación pedagóxica intermunicipal cos concellos veciños de Bullecourt e Noreuil. A escola de Écouts leva o nome do heroe da resistencia francesa Jean Moulin e conta con dúas clases: unha maternal para os máis novos (2 a 4 anos) e outra maternal/primaria para os comprendidos na sección grande da maternal (5 anos) e os do curso preparatorio (6 anos) xa de primaria[6].

O concello conta cunha biblioteca municipal á beira da escola con 1800 volumes propios e mais con outros 1000 prestados pola Mediateca de Arras, que se anovan ao 50% cada 6 meses[7].

Sitios e monumentos editar

 
Fachada oeste da igrexa
 
Monumento aos Mortos, erixido en memoria dos veciños caídos na primeira guerra mundial.

A igrexa de Écoust-Saint-Mein, dedicada a san Meven, data de 1545 e construíuse en estilo gótico flamíxero. Restaurouse logo de caer un raio o 26 de xullo de 1623 e causar algúns danos materiais. Vendeuse Revolución Francesa e demoleuse en parte para quedar tan só a torre e as paredes laterais. Reconstruíuse en 1822 pero de novo quedou derruída durante a primeira guerra mundial e de novo reedificouse na década de 1920 mais a falta de fondos non permitiu completar a maior parte das esculturas dos nichos.[8].

Cemiterios editar

Ademais do cemiterio municipal no concello hai catro cemiterios militares con sepulturas de soldados falecidos durante a primeira guerra mundial:

  • Ecoust-St. Mein British Cemetery, en orixe unha continuación do camposanto alemán, desaparecido, dentro do cemiterio municipal. Contén 151 tumbas, incluíndo 8 sen identificar. Comisionado pola Imperial War Graves Commision o cemiterio deseñouno William Harrison Cowlishaw[9].
  • Ecoust Military Cemetery, os británicos tras a toma de Écoust en abril de 1917 soterraron os seus mortos fóra do cemiterio municipal e elixiron un terreo situado ao longo da antiga vía férrea. Logo da conquista do lugar polos alemáns tamén eles o utilizaron para os seus mortos. Tras o armisticio leváronse aquí as tumbas de soldados que estaban fóra do cemiterio, principalmente do 1º e 2º batallón do Rexemento de Staffordshire. Contén 156 sepulturas de militares da Commonwealth e 71 alemáns. En total 85 están identificados[10], sendo 78 da Commonwealth e 7 alemáns.
  • H.A.C. Cemetery, situado a 800 metros ao sur do centro do concello. A orixe do cemiterio está no soterramento dos 27 caídos en combate entre o 31 de marzo e o 1 de abril de 1917 do 2º batallón da Honourable Artillery Company durante a captura do lugar. Tras un cotraataque alemán a mediados de abril cavaron sepulcros para 12 soldados australianos da 4ª división. Logo da súa conquista polos alemáns os británicos recuperárono e levantáronse outras 120 tumbas entre agosto e setembro de 1918. Despois do armisticio trasladáronse aquí os corpos de soldados alemáns e da Commenwealth soterrados en campos de batalla próximos e doutros pequenos cemiterios da contorna ata totalizar case 2000 tumbas, a maioría de alemáns e 176 australianos[11], con 830 mortos identificados[12].
  • L'Homme Mort British Cemetery, situado no extremo oeste do concello na aldea de L'Homme Mort que foi zona de combates en agosto de 1918 e os mortos soterráronse no lugar. Logo do armisticio engadíronse os caídos nos campos de batalla próximos. Alberga 166 seculcros, 64 identificados[13], 36 das tumbas son de soldados da Forza Expedicionaria de Nova Zelandia[14].

Heráldica editar

A brasonaxe do escudo do concello é de azur, a tres mans destras apalmadas de arxento, a fileira de ouro[15]. Adoptouse no ano 1984 e a diferenza dunha boa parte dos escudos de concellos franceses, non se inspirou nunha familia local senón que o símbolo do santo titular da igrexa, unha man[16], que aparecía como armas falantes nunha vidreira so século XVII, destruída en 1793 co resto das vidreiras que decoraban o edificio[17].

Cultura popular editar

O filme 1917, realizado Sam Mendes, desenvólvese en Écoust-Saint-Mein e na súa contorna. A vila amósase destruída completamente e en chamas. Así e todo, o director modificou con criterio artístico a xeografía e topografía local para situar o lugar na beira dun río con rápidos e unha fervenza. Tamén leva o nome da localidade un dos temas da banda orixinal do filme[18].

Notas editar

  1. Peter Bartrum (1993). A Welsh Classical Dictionary: People in History and Legend up to about A.D. 1000. Aberystwyth: National Library of Wales. pp. 548–549. 
  2. "Ses origines". Concello de Écoust-Saint-Mein. 
  3. "Écoust-Saint-Mein, un petit village sur le plateau d’Artois à découvrir". La Voix du Nord. 30 de agosto de 2015. 
  4. "Populations légales 2018. Commune d'Écoust-Saint-Mein (62285)". INSEE. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Dossier complet Commune d'Écoust-Saint-Mein (62285)". INSEE. 
  6. "École". Concello de Écoust-Saint-Main. 
  7. "Bibliothèque". Concello de Écoust-Saint-Main. 
  8. "Son église". Concello de Écoust-Saint-Main. 
  9. "Ecoust-St. Mein British Cemetery". CWGC. 
  10. "Ecoust Military Cemetery, Ecoust-St. Mein". CWGC. 
  11. Pedersen, Peter (2012). ANZACS on the Western Front: The Australian War Memorial Battlefield Guide. Wiley. p. 212. 
  12. "H.A.C. Cemetery, Ecoust-St. Mein". CWGC. 
  13. "L'Homme Mort British Cemetery, Ecoust-St. Mein". CWGC. 
  14. "L'homme Mort British Cemetery, Ecoust-St Mein". NZHistory. 
  15. Ghislaine Bouchet; Pascale Bréemersch (1994). Archives du Pas-de-Calais, ed. Armorial du Pas de Calais 1. p. 64. ISBN 2-86062-017-6. 
  16. Jacques Dulphy. "Blason d'Écoust-Saint-Mein". 
  17. Paul Roger (1844). Typ. de Duval et Herment, ed. Bibliothèque historique, monumentale, ecclésiastique et littéraire de la Picardie et de l'Artois. p. 303. 
  18. "1917 Original Motion Picture Soundtrack With Music By Six-Time Grammy® Award-Winning Composer Thomas Newman Available Everywhere Now". Sony.