Ángela Segovia

poetisa española


Ángela Segovia Soriano, nada en Las Navas del Marqués (Ávila) en 1987, é unha poeta e investigadora española, gañadora do Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández 2017.[1]

Infotaula de personaÁngela Segovia Soriano
Biografía
Nacemento1987
Las Navas del Marqués
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e Drama Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Segovia naceu e pasou a súa adolescencia na poboación abulense de Las Navas del Marqués, onde os seus pais rexentaban unha panadaría.[2][3] Nesa época, a autora afeccionouse á lectura de Cortázar, que a introduciu no gusto vangardista.[4] Con 14 anos, comezou a ler intensivamente poesía mentres paseaba polos piñeirais, e estando aínda no instituto escribiu o seu primeiro poema como un traballo de clase.[5] Mudouse a Madrid para estudar Publicidade na Universidade Complutense e en 2007 publicou o seu primeiro poemario ¿Te duele? co que gañou o V Premio Nacional de Poesía Joven Félix Grande en 2009.[6][7] Máis tarde, licenciouse en Teoría de Literatura e Literatura Comparada na mesma universidade.

Durante a súa estadía en París, empezou a fraguarse o seu segundo libro de paso a la ya tan que publicou en 2013. Nese mesmo ano, realizou en Barcelona un mestrado sobre Estudos Literarios e Culturais na Universidade Autónoma de Barcelona. En 2014, iniciou unha viaxe por Perú e Chile para coñecer de primeira man a poesía latinoamericana.[8] De volta a España, en 2015, conseguiu unha bolsa de creación da Residencia de Estudantes, e alí terminou o seu terceiro poemario que iniciara durante a súa estadía en Santiago de Chile, La curva se volvió barricada, un libro cualificado pola crítica de «singular» e co que gañou o Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández en 2017, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e dotado con 20.000 euros.[9][10] Segundo o xurado, foille concedido «por representar a apertura da poesía española cara a novos camiños que tenden pontes con novas formas de expresión artística e coa poesía hispanoamericana».[11][12]

Ademais de na poesía, fixo incursións no teatro alternativo co proxecto Cuarto para niños vivos que no quisieron nacerco que participou nos V Encontros Magalia de Teatro Alternativo. Fixo as pezas de investigación escénico-poética Guerra-vacas (Espazo La Nave, Madrid, 2009), El muro esta noche el río eclíptico (Zírculo Inestable de Xiz, La Tabacalera, Madrid, 2011), Ganas dan decirte muchas de (Festival Intersecciones Poéticas, 2015) e Archiva vía metalada (Picnic Sessions, CA2M, Móstoles, 2015).

Desde hai varios anos, participa activamente no Seminario de investigación en linguas e linguaxes dos últimos días do euro Euraca, sobre poesía.

En 2017, traduciu ao navero (fala de Las Navas del Marqués) o poemario CO CO CO Ou de Luz Pichel, escrito orixinariamente na variante do galego falada na lingua da autora.[13]

Obra editar

Poesía editar

  • ¿Te duele? (2007). Ayuntamiento de San Sebastián de los Reyes. Premio Nacional de Poesía Joven Félix Grande 2009.[14]
  • de paso a la ya tan (2013). Ártese Quien Pueda Ediciones.
  • La curva se volvió barricada (2016). Editorial La Uña Rota. Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2017. 80 páxs. ISBN 9788495291424.
  • Amor divino (2018). Editorial La uÑa RoTa. Ilustracións de Ramón Sanmiquel. 224 páxs. ISBN 9788495291660.
  • Mi paese salvaje (2021). Editorial La uÑa RoTa. 172 páxs. ISBN 978-84-95291-97-4.

Novela editar

Outro editar

  • Pusieron debajo de mi mare un magüey (co ensaio "El vado de la lírica") (2020). Editorial La uÑa RoTa. 60 páxs. ISBN 978-84-95291-82-0.

Notas editar

  1. "Prensa Biblioteca Nacional de España". www.bne.es (en castelán). Consultado o 2022-11-07. 
  2. 20minutos (2015-04-16). "Con la voz vanguardista y atrevida de la joven poeta, Ángela Segovia, se despiden las Jornadas de Poesía". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2022-11-07. 
  3. "Ángela Segovia La uÑa RoTa". www.larota.es. Consultado o 2022-11-07. 
  4. 20minutos (2015-04-16). "Con la voz vanguardista y atrevida de la joven poeta, Ángela Segovia, se despiden las Jornadas de Poesía". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2022-11-07. 
  5. Morla, Jorge (2016-03-21). "Ángela Segovia: “Me interesa el poema que desborda el papel”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-11-07. 
  6. "De paso a ... Ángela Segovia,". ELNAVIERO.COM (en castelán). Consultado o 2022-11-07. 
  7. "Ángela Segovia La uÑa RoTa". www.larota.es. Consultado o 2022-11-07. 
  8. "De paso a ... Ángela Segovia,". ELNAVIERO.COM (en castelán). Consultado o 2022-11-07. 
  9. Morla, Jorge (2016-03-21). "Ángela Segovia: “Me interesa el poema que desborda el papel”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-11-07. 
  10. "El Cultural - Revista de cultura y artes referente en España - Elcultural.com en El Español". El Español (en castelán). Consultado o 2022-11-07. 
  11. "Agencia EFE". EFE Noticias (en castelán). Consultado o 2022-11-07. 
  12. "Ángela Segovia: «Lo más raro es haber vivido de la literatura en ocasiones»". abc (en castelán). 2017-11-12. Consultado o 2022-11-07. 
  13. "Presentación del poemario «CO CO CO U», de Luz Pichel, en Madrid el 18 de noviembre – Genialogías" (en castelán). Consultado o 2022-12-16. 
  14. Sánchez, Luis (2017-11-03). "La abulense Ángela Segovia, Premio Nacional de Poesía Joven". Cadena SER (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-07. 
  15. "Ángela Segovia, na libraría Paz de Pontevedra con «Las vitalidades»". La Voz de Galicia. 2022-11-05. Consultado o 2022-11-07. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar