Ángel Ramiro Rebolo Rodríguez, nado en Lugo o 22 de xuño de 1975,[1] é un ex-xogador e profesional de baloncesto galego. Cunha altura de 1,74 m, xogaba na posición de base. Chegou a debutar na Liga ACB con 15 anos da man do Club Baloncesto Breogán, foi no seu momento o xogador máis novo da historia en debutar na Liga ACB, sendo actualmente o segundo só superado por Ricky Rubio.[2]

Ángel Rebolo
Información persoal
Nacemento 22 de xuño de 1975 (48 anos)
Galicia Lugo, Galiza
Altura 1,74 m (5 ft 9 in)
Posición Ala
Información da carreira
Canteira Club Estudiantes Lugo
CB Breogán
Historial de equipos
DYC Breogán (1990–1991)

Traxectoria editar

Nado en Lugo, Rebolo formouse na canteira do principal club da súa cidade natal, o Club Baloncesto Breogán. Unha lesión dun dos bases do primeiro equipo, que naquela altura competía na Liga ACB, a máxima categoría do baloncesto español, levou ao xogador a debutar na competición con 15 anos, 3 meses e 7 días de idade. O seu debut produciuse na terceira xornada de competición no Pavelló Font de Sant Lluís ante o Pamesa Valencia. Naquel momento foi o xogador máis novo en debutar na ACB, sendo superado ao longo dos anos tan só por Ricky Rubio. Despois dese primeiro encontro, participou en 5 máis. Con todo, ao final da temporada decidiu non continuar co baloncesto profesional ao sentirse desbordado e moi presionado pola situación.[3]

Clubs editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar