Ángel Aller

escritor galego

Ángel Aller Villa, nado en Betanzos o 16 de abril de 1887 e finado en Montevideo o 15 de maio de 1976, foi un escritor e xornalista galego.

Infotaula de personaÁngel Aller
Biografía
Nacemento16 de abril de 1887 Editar o valor em Wikidata
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de maio de 1976 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 72746

Traxectoria editar

Estableceuse coa familia en Santiago de Compostela. Emigrou coa familia ao Uruguai en 1906, radicándose primeiro en Paso de los Toros (Tacuarembó) e dous anos despois en Montevideo. Participou nas actividades da colectividade galega, formando parte da secretaría de redacción de Tierra Gallega, colaborando no semanario Galicia Nueva, coa Revista del Centro Gallego de Montevideo e co periódico Arazua. En 1929 foi un dos fundadores da Asociación Protectora de la Cultura Gallega, da que foi presidente, e tamén presidiu o Centro Gallego de Montevideo.

Vinculouse aos grupos literarios máis renovadores e participou na revista Cartel (1929-1931), fundada por Julio Sigüenza, Jaime Luis Morenza e Alfredo Mario Ferreiro; colaborou na etapa uruguaia da revista Alfar, dirixida por Julio José Casal. O seu libro de poemas Romance del gaucho perdido (1930), é unha recreación lírica da figura do escritor Francisco Espínola e, sobre todo, do libro de contos deste Raza ciega (1926). A súa actividade cultural foi febril neses anos, facendo de ponte para invitar a conferenciantes españois de primeira liña que, previamente, pasaban por Buenos Aires (José Ortega y Gasset, Ramón Pérez de Ayala, entre outros).

Definiuse a prol do bando franquista e tratou en conferencias, libros e folletos os temas da "hispanidad" (Retorno de Iberia: cinco glosas, Cultura y Raza). participou na homenaxe realizado en 1939 para celebrar a vitoria de Franco e en memoria do fundador de Falange Española, José Antonio Primo de Rivera. Por tales actividades Franco condecorouno como Comendador de la Orden del Mérito Civil en 1957.

O seu último recoñecemento como creador obtívoo ao figurar na selecta antoloxía 18 poetas del Uruguay, que o arxentino Romualdo Brughetti publicou no selo binacional da Sociedad de Autores de Libros Rioplatenses (SALRP, 1937).

Obras editar

  • Romance del gaucho perdido: tres jornadas en pos de Espínola (poesía). Montevideo, Cartel, 2º Cuaderno, 1930.
  • La pintura de Méndez Magariños (ensayo). Montevideo, 1931.
  • Romances de mar y de tierra (poesía). Montevideo, 1936.
  • Retorno de Iberia; cinco glosas (ensayo). Montevideo, 1938.
  • Romance de la soledad: dos cantos (con Carlos Sabat Ercasty) (poesía). Montevideo, 1944.
  • Cultura y raza (ensayo). Montevideo, Morales, 1945.
  • Saudade, emoción de Galicia (ensayo). Montevideo, Talleres Gráficos “Impresora Uruguaya”, 1947.
  • Paisajes; evocación de España (ensayo). Montevideo, Florensa y Lafón, 1948.
  • Camino; itinerario de una romería (ensayo). Montevideo, Florensa y Lafón, 1953.
  • La pintura de González del Blanco (ensayo). Montevideo, 1955.
  • Romancero (poesía). Montevideo, Banda Oriental, 1979. (Prólogo de Arturo Sergio Visca). [Recolle os dous primeiros libros de poemas].

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar