Ámbar báltico

(Redirección desde «Ámbar do Báltico»)

O ámbar báltico ou succinita é o ámbar que se atopa nos depósitos da rexión báltica, que son os maiores depósitos de ámbar coñecidos. Orixinouse durante a época do Eoceno, pero discútese o momento exacto. Estimouse que os bosques que había daquela produciron máis de 100.000 toneladas de ámbar.[1] Ten usos ornamentais e de xoiaría e tamén un interese paleontolóxico, polos seres vivos que quedaron fosilizados en inclusións no seu interior. Hoxe, máis do 90% do ámbar do mundo procede do oblast de Kaliningrado, Rusia. É unha importante fonte de ingresos da rexión; a compañía local Kaliningrad Amber Combine extraeu 250 toneladas de ámbar en 2014,[2] e 400 toneladas en 2015.[3]

Ámbar báltico bruto sen puír
Paleoxeografía da Europa do Eoceno temperán e medio, mostrando a localización dos depósitos de ámbar báltico (etiquetado como Gdansk)
Area de praia típica do mar Báltico, a onde a auga con frecuencia arrastra o ámbar.
Buscando ámbar na costa mariña, en Mikoszewo, preto de Gdańsk, Polonia.

Antes pensábase que o ámbar do Báltico incluía tamén o ámbar das minas de lignito de Bitterfeld, Saxonia (Alemaña). O ámbar de Bitterfeld críase antes que era de só 20–22 millóns de anos de anigüidade (Mioceno), pero unha comparación das inclusións animais feitas en 2003 indicou que era posiblemente ámbar báltico que fora redepositado nun depósito do mioceno.[4] Posteriores estudos dos taxons de insectos incluídos no ámbar mostraron que o ámbar de Bitterfeld procedía do mesmo bosque que o ámbar báltico, pero foi depositado separadamente nunha sección máis ao sur, de maneira similar que o ámbar de Rovno ucraíno.[5] Outras fontes de ámbar báltico van desde Polonia a Rusia.

Como o ámbar báltico contén dun 3 a un 8% de ácido succínico, tamén se chama succinita.

Contexto xeolóxico editar

 
Mina de ámbar de pozo aberto en Kaliningrado, mostrando a litoloxía da formación Prusiana, a rocha fonte de ámbar báltico.

O ámbar báltico in situ obtense de sedimentos da formación xeolóxica Prusiana, antes chamada a "formación Ámbar", na que o principal horizonte que contén ámbar se denomina "Terra Azul", así chamada polo seu contido en glauconita. A formación está exposta na parte norte da península de Sambia en Kaliningrado. Gran parte do ámbar báltico foi redepositado secundariamente nos depósitos de till glacial do Plistoceno ao longo da chaira noreuropea.[6] Propúxose que o ámbar foi redepositado secundariamente en condicións de albufeira costeira despois dunha transgresión mariña que afectou o bosque de ámbar. A idade do ámbar é moi discutida, aínda que se interpreta xeralmente como producido durante o Eoceno (hai 56-34 millóns de anos). Diferentes autores deron estimacións para a idade do ámbar de 40-47 e de 35-43 millóns de anos.[7]

Árbore do ámbar báltico editar

Hai acordo xeral de que o ámbar se orixinou a partir de resinas de coníferas. Desde a década de 1850 pensábase que a resina a producira a árbore Pinites succinifer, pero investigacións feitas na década de 1980 chegaron á conclusión de que a resina se orixina de varias especies. Máis recentemente, propúxose, con evidencias obtidas en análises de espectroscopia infravermella de transformada de Fourier (FTIR) de ámbar e resina de árbores vivas, que as responsables eran as coníferas da familia Sciadopityaceae.[1] O único representante existente desta familia é o piñeiro xaponés Sciadopitys verticillata.

Estrutura editar

 
Modelo xeral da estrutura do ámbar báltico.

A estrutura do ámbar báltico (succinita) é complexa. Non é un polímero, porque non está composta por un padrón repetido de meros do mesmo tipo. Ao contrario, ten unha estrutura macromolecular disposta nunha rede de enlaces cruzados, na cal os poros (espazos libres) están cheos de compoñentes da estrutura molecular (por exemplo, por mono- e sesquiterpenos). Así, a estrutura química do ámbar pode describirse como unha supramolécula.[8] A estrutura fai que o ámbar sexa máis denso e duro e resistente aos factores externos. Tamén fai posible a boa conservación das inclusións de plantas e animais.[9]

Paleobioloxía editar

 
Diferentes cores do ámbar báltico.

Nas inclusións presentes no ámbar báltico descubríronse numerosos xéneros e especies de plantas e animais extinguidos e foron descritos cientificamente.[10] As inclusións de insectos supoñen un 98% dos animais conservados no ámbar, mentres que todos os demais artrópodos, xunto cos anélidos, moluscos, nematodos e protozoos contribúen con menos do 0,5% dos animais. Os vertebrados son outro 0,5% dos animais incluídos e a maioría son restos de pelame de mamífeos, plumas e réptiles.[11]

 
Fósil de escravello bréntido.

Flora editar

Nome Autores Ano Familia Notas Imaxes

Heinrichs et al

2015

Geocalycaceae

Unha hepática

Heinrichs et al

2014

Mniaceae

Un musgo briópsido

Fauna editar

" border="0" cellspacing="0" cellpadding="0" style="background-color:transparent;table-layout:fixed;"

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Wolfe, A. P.; Tappert, R.; Muehlenbachs, K.; Boudreau, M.; McKellar, R. C.; Basinger, J. F.; Garrett, A. (2009). "A new proposal concerning the botanical origin of Baltic amber". Proceedings of the Royal Society B 276 (1672): 3403–3412. PMC 2817186. PMID 19570786. doi:10.1098/rspb.2009.0806. 
  2. "Russia: Amber covers beach after storm". BBC. 9 de xaneiro de 2015. 
  3. "Amber mining". Amber Museum Kaliningrad. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2020. Consultado o 27 de maio de 2023. 
  4. Dunlop, J. A.; Giribet, G. (2003). "The first Fossil Cyphophthalmid (Arachnida: Opiliones), from Bitterfeld Amber, Germany" (PDF). Journal of Arachnology 31 (3): 371–378. doi:10.1636/h03-03. 
  5. Perkovsky, E. E.; Zosimovich, V. Y.; Vlaskin, A. P. (2010). "Chapter 7: Rovno amber". En Penney, D. Biodiversity of Fossils in Amber from the Major World Deposits. Siri Scientific Press. pp. 116–136. ISBN 978-0-9558636-4-6. 
  6. Penney, David; Acra, Fadi (2010). "Baltic Amber". Biodiversity of fossils in amber from the major world deposits. Siri Scientific Press. pp. 81–84. ISBN 978-0-9558636-4-6. OCLC 904772774. 
  7. Moser, Marina; Burks, Roger A.; Ulmer, Jonah M.; Heraty, John M.; Kamp, Thomas van de; Krogmann, Lars (2021-05-25). "Taxonomic description and phylogenetic placement of two new species of Spalangiopelta (Hymenoptera: Pteromalidae: Ceinae) from Eocene Baltic amber". PeerJ (en inglés) 9: e10939. ISSN 2167-8359. PMC 8162234. PMID 34113480. doi:10.7717/peerj.10939. 
  8. Matuszewska A. Bursztyn (sukcynit), inne żywice kopalne, subfosylne I współczesne. Katowice, 2010.
  9. Matushevskaya 2013, p. 8
  10. Weitschat, W.; Wichard, W. (2002). Atlas of Plants and Animals in Baltic Amber. Pfeil. ISBN 978-3931516949. 
  11. Weitschat, W.; Wichard, W. (2010). "Chapter 6: Baltic amber". En Penney, D. Biodiversity of Fossils in Amber from the Major World Deposits. Siri Scientific Press. pp. 80–115. ISBN 978-0-9558636-4-6. 
  12. Heinrichs, J; Schmidt, AR; Schäfer-Verwimp, A; Gröhn, C; Renner, MAM (2015). "The leafy liverwort Notoscyphus balticus sp. nov. (Jungermanniales) in Eocene Baltic amber". Review of Palaeobotany and Palynology 217: 39–44. doi:10.1016/j.revpalbo.2015.02.006. 
  13. Heinrichs, J; Hedenäs, L; Schäfer-Verwimp, A; Feldberg, K; Schmidt, AR (2014). "An in situ preserved moss community in Eocene Baltic amber". Review of Palaeobotany and Palynology 210: 113–118. doi:10.1016/j.revpalbo.2014.08.005. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Wheeler, W. M. (1914). "The Ants of the Baltic Amber". Schriften der Physikalisch-Ökonomischen Gesellschaft zu Königsberg 55 (4): 56–59. 
  15. Yunakov, N.N.; Kirejtshuk, A.G. (2011). "New genus and species of broad-nosed weevils from Baltic amber and notes on fossils of the subfamily Entiminae (Coleoptera, Curculionidae)". ZooKeys (160): 73–96. PMC 3253632. PMID 22303121. doi:10.3897/zookeys.160.2108. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 Gibson, G. A. P. (2009). "Description of three New Genera and four New Species of Neanastatinae (Hymenoptera, Eupelmidae) from Baltic Amber, with Discussion of their Relationships to Extant Taxa". ZooKeys (20): 175–214. doi:10.3897/zookeys.20.161. Arquivado dende o orixinal o 2010-09-22. Consultado o 2011-03-29. 
  17. Balashov I.A. & Perkovsky E.E. 2020. An Eocene land snail Balticopta gusakovi gen.n., sp.n. (Stylommatophora: Gastrocoptidae) from Baltic amber // Invertebrate Zoology. Vol.17. No.1: 18–24.
  18. 18,0 18,1 Eskov, K. Y.; Zonstein, S. L. (2000). "The First Ctenizoid Mygalomorph Spiders from Eocene Baltic Amber (Araneida: Mygalomorphae: Ctenizidae)". Paleontological Journal 34 (3): S268–S274.  Part 1; part 2, PDF.
  19. 19,0 19,1 Guglielmino, A.; Olmi, M. (2011). "Revision of fossil species of Deinodryinus, with description of a new species (Hymenoptera, Dryinidae)". ZooKeys (130): 495–504. PMC 3260777. PMID 22259295. doi:10.3897/zookeys.130.1326. 
  20. Chatzimanolis, S.; Engel, M. S. (2011). "A new species of Diochus from Baltic amber (Coleoptera, Staphylinidae, Diochini)" (PDF). ZooKeys (138): 65–73. PMC 3208521. PMID 22144854. doi:10.3897/zookeys.138.1896. 
  21. 21,0 21,1 Engel, M. S. (1995). "A New Fossil Snake-Fly Species from Baltic Amber (Raphidioptera: Inocelliidae)". Psyche 102 (3–4): 187–193. doi:10.1155/1995/23626. 
  22. Azar, D.; Nel, A. (2008). "First Baltic amber megapodagrionid damselfly (Odonata: Zygoptera)". Annales de la Société Entomologique de France. New Series 44 (4): 451–457. doi:10.1080/00379271.2008.10697580. 
  23. Engel, M.S.; Ortega-Blanco, J. (2008). "The fossil crown wasp Electrostephanus petiolatus Brues in Baltic Amber (Hymenoptera, Stephanidae): designation of a neotype, revised classification, and a key to amber Stephanidae". ZooKeys (4): 55–64. doi:10.3897/zookeys.4.49. 
  24. Makarkin, VN; Wedmann, S; Weiterschan, T (2014). "First record of the family Ithonidae (Neuroptera) from Baltic amber". Zootaxa 3796 (2): 385–393. PMID 24870683. doi:10.11646/zootaxa.3796.2.10. 
  25. Fischer, Thilo C.; Michalski, Artur; Hausmann, Axel (2019). "Geometrid caterpillar in Eocene Baltic amber (Lepidoptera, Geometridae)". Scientific Reports 9 (1): Article number 17201. Bibcode:2019NatSR...917201F. PMC 6868187. PMID 31748672. doi:10.1038/s41598-019-53734-w. 
  26. Skalski, A. W. (1973). "Studies on the Lepidoptera from Fossil Resins. Part II. Epiborkhausenites obscurotrimaculatus gen. et sp. nov. (Oecophoridae) and a Tineid-Moth Discovered in the Baltic Amber" (PDF). Acta Palaeontologica Polonica 18 (1): 153–160. 
  27. Szwedo, J. (2007). "Glisachaemus jonasdamzeni gen. et sp. nov. of Cixiidae from the Eocene Baltic amber (Hemiptera: Fulgoromorpha)" (PDF). Alavesia 1: 109–116. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xullo de 2011. Consultado o 27 de maio de 2023. 
  28. 28,0 28,1 28,2 Kehlmaier, C; Dierick, M; Skevington, JH (2014). "Micro-CT studies of amber inclusions reveal internal genitalic features of big-headed flies, enabling a systematic placement of Metanephrocerus Aczel, 1948 (Insecta: Diptera: Pipunculidae)". Arthropod Systematics & Phylogeny 72 (1): 23–36. 
  29. Cockerell, T. D. A. (1906). "Fossil Hymenoptera from Florissant, Colorado". Bulletin of the Museum of Comparative Zoology 50 (2). 
  30. Poinar, G. (2005). "Fossil Trigonalidae and Vespidae (Hymenoptera) in Baltic Amber". Proceedings of the Entomological Society of Washington 107 (1): 55–63. 
  31. Stworzewicz, E.; Pokryszko, B. M. (2006). "Eocene Terrestrial Snails (Gastropoda) from Baltic Amber" (PDF). Annales Zoologici 56 (1): 215–224. 
  32. Henderickx, H.; Tafforeau, P.; Soriano, C (2012). "Phase-contrast synchrotron microtomography reveals the morphology of a partially visible new Pseudogarypus in Baltic amber (Pseudoscorpiones: Pseudogarypidae)". Palaeontologia Electronica 15 (2;17A,11p): 1–11. 
  33. Alekseev, VI; Lord, NP (2014). "A new species of Xylolaemus (Coleoptera: Zopheridae: Colydiinae) from Baltic amber". Baltic Journal of Coleopterology 14 (1): 97–102. ISSN 1407-8619. 
  34. Poinar, G. Jr. (2000). "Fossil Onychophorans from Dominican and Baltic Amber: Tertiapatus dominicanus n.g., n.sp. (Tertiapatidae n.fam.) and Succinipatopsis balticus n.g., n.sp. (Succinipatopsidae n.fam.) with a Proposed Classification of the Subphylum Onychophora". Invertebrate Biology 119 (1): 104–9. doi:10.1111/j.1744-7410.2000.tb00178.x. 
  35. 35,0 35,1 35,2 Dlussky, GM; Dubovikoff, DA (2013). "Yantaromyrmex gen. n. – a new ant genus (Hymenoptera Formicidae) from Late Eocene ambers of Europe" (PDF). Caucasian Entomological Bulletin 9 (2): 305–314. doi:10.23885/1814-3326-2013-9-2-305-314. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Matushevskaya, Aniela (2013). "Natural and artificial resins – chosen aspects of structure and properties" [Натуральные и искусственные смолы – некоторые аспекты структуры и свойств]. En Kostjashova, Z. V. Янтарь и его имитации Материалы международной научно-практической конференции 27 июня 2013 года [Amber and its imitations] (en ruso). Kaliningrad: Kaliningrad Amber Museum, Ministry of Culture (Kaliningrad region, Russia). p. 113. ISBN 978-5-903920-26-6. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2020. Consultado o 27 de maio de 2023. 

Outros artigos editar