Álvaro Pérez López

avogado e político galego

Álvaro Pérez López, nado na Coruña o 13 de febreiro de 1973, é un avogado e político galego do PPdeG.

Infotaula de personaÁlvaro Pérez López
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou en dereito, exercendo como avogado desde 1997 e colaborando cun despacho da capital herculina como especialista en dereito medioambiental[1]. Foi asesor técnico da Consellería de Medio Ambiente (1999-2002), foi profesor de dereito ambiental da Escola de Práctica Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela (2000-2002), foi asesor para asuntos parlamentarios na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (2002-2005) con Alberto Núñez Feijóo e coordinador do grupo popular no Parlamento de Galicia (2005-2009). Tras a vitoria de Núñez Feijóo en 2009 asumiu a dirección xeral do Gabinete da Presidencia da Xunta (2009-2012), cesando[2] para ir no número 10 nas listas do PPdeG na provincia da Coruña nas eleccións autonómicas de 2012,[3] resultando elixido pero renunciou á acta tras a toma de posesión de Núñez Feijóo para asumir de novo a dirección xeral do Gabinete da Presidencia da Xunta o 14 de decembro de 2012.[4]

Notas editar

  1. thesauro.com
  2. ""Feijóo destituye a siete altos cargos para llevarlos en las listas del PPdeG", La Voz de Galicia, 13 de setembro de 2012". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2015. Consultado o 09 de abril de 2015. 
  3. "PP de Culleredo". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 09 de abril de 2015.  Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  4. Feijóo presidiu a toma de posesión do director xeral do Gabinete da Presidencia, Álvaro Pérez López Sala de Comunicación, Xunta de Galicia, 14 de decembro de 2014.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar