Álvaro Núñez Marcial

futbolista galego

Álvaro Núñez Marcial, nado en Vigo o 21 de decembro de 1912 e finado o 3 de xullo de 1992, foi un futbolista galego máis coñecido como Alvarito, que xogaba na demarcación de centrocampista.

Alvarito
Información persoal
Nome Álvaro Núñez Marcial
Nacemento 21 de decembro de 1912
Lugar de nacemento Vigo
Falecemento 3 de xullo de 1992
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1932–1933 Racing de Ferrol
1933–1935 Deportivo da Coruña 18 (0)
1935– Unión Sporting Club
1939–1944 Celta de Vigo 65 (1)
1944–1946 Real Murcia 11 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Tralo parón que supuxo a Guerra Civil Española o Celta de Vigo afrontaba a tempada 1939/40 co reto de debutar en Primeira División e obter a permanencia.

Con este propósito chegan moitos novos xogadores ao club, entre eles Alvarito. Debutaba en partido oficial o 3 de decembro de 1939 ante o Real Zaragoza, con resultado de derrota por 3-2.

Tras cinco tempadas no club e a nefasta tempada 1943/44 que supuxo o descenso a Segunda División, ao so acadar 9 puntos, deixa o Celta de Vigo ao igual que Mundo e Agustín.

Alvarito aínda xogaría en Primeira División dúas tempadas máis, esta vez no Real Murcia.

Vida persoal editar

Casou en agosto de 1935 con Dolores García Méndez.[1]

Notas editar

  1. "Capítulo de bodas". El Correo Gallego (en castelán) (19820). 13 de agosto de 1935. p. 4. Consultado o 27 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar