Abrir o menú principal

Álvaro García Linera

político boliviano

Álvaro Marcelo García Linera, nado en Cochabamba o 19 de outubro de 1962, é un político boliviano, trixésimo oitavo vicepresidente de Bolivia dende o 22 de xaneiro de 2006, durante o primeiro, segundo e terceiro goberno do presidente Evo Morales Ayma.[1]

Álvaro García Linera
Álvaro García Linera - Participante del Foro Internacional por la Emancipación y la Igualdad (16734533391).jpg
Nacemento19 de outubro de 1962
 Cochabamba
NacionalidadeBolivia
Alma máterUniversidade Nacional Autónoma de México
Ocupaciónpolítico
CónxuxeClaudia Fernández Valdivia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Mocidade, familia e educaciónEditar

Álvaro García Linera naceu na cidade de Cochabamba o 19 de outubro de 1962. Provén dunha familia dividida na que foi a súa nai, Mary Linera Pareja, quen criou ós seus catro fillos: María del Carmen, Raúl e Mauricio e Álvaro, o menor; co seu traballo de asalariada na Corporación Boliviana de Fomento. García Linera explicouno nunha entrevista realizada en 1999 considerando que provén dunha familia de «clase media» no terreo cultural pero de «clase baixa» no terreo económico.[2] Foi a súa nai quen priorizou a formación dos seus fillos. Recibiu educación primaria no colexio Don Bosco en Cochabamba e no colexio Domingo Savio da Paz. Estudou a secundaria e bacharelato no colexio San Agustín de Cochabamba cunha bolsa durante catro anos[2]

A súa mocidade —explicou— quedou marcada coa lectura de Marx e Lenin.[1] Considera clave na construción do seu pensamento os acontecementos de novembro de 1979 co primeiro cerco aimará á Paz e bloqueo de camiños organizado pola Central Sindical Única de Traballadores Campesiños de Bolivia (CSUTCB) liderada por Genaro Flores.[2][3][4][5] Foi a súa primeira aproximación á cuestión indíxena, á situación da poboación aimará que perdurou.[2]

Co apoio da súa nai e a súa irmá maior viaxou voluntariamente a México, no ano 1981, onde iniciou a carreira de matemáticas mentres traballaba para pagar os seus estudos.[2] Ingresou na Facultade de Ciencias da Universidade Nacional Autónoma de México. Alí coñeceu á que sería a súa primeira esposa, a mexicana Raquel Gutiérrez, implicada no movemento de solidariedade do Salvador.[2] Influído polas guerrillas indíxenas campesiñas do Salvador, Guatemala e polo movemento nicaraguano regresou ó seu país sen concluír os seus estudos e ditou clases en universidades bolivianas de maneira ilegal ó non contar con título universitario.[1]

Participación na guerrilla indixenista (1985-1992)Editar

Regresou a Bolivia en 1984 con Raquel Gutiérrez e estableceron contacto con dirixentes campesiños e mineiros, entre eles Felipe Quispe, fundador do Movemento Indíxena Túpac Katari en 1978 quen os introduciu ás comunidades aimará.[2] É a época —segundo a súa biografía oficial— na que soubo do dirixente cocaleiro Evo Morales.[1] Con Quispe foi cofundador do Exército Guerrilleiro Tupaj Katari (EGTK) en 1986 —organización creada co pacto entre diferentes grupos, entre eles aimarás e quechuas ademais de mozos mestizos de clase media e obreiros— traballando no marco ideolóxico de conciliar a teoría do katarismo indianista co marxismo, xerando unha praxe «revolucionaria-comunitaria» e realizando esforzos por articular grupos étnicos e sociais tradicionalmente confrontados en virtude do racismo imperante.[6][6][6] Instalou o seu cuartel militar na provincia Omasuyos.[7]

En 1988 participou na organización de comunidades indíxenas e campesiñas de base os «Ayllus Vermellos» cuxa influencia se estendeu a Potosí, Sucre, o Chapare. Álvaro escribiu artigos contra os trotskistas e os maoístas que repartía nos congresos mineiros e campesiños. Por iso puxo a toda a esquerda na súa contra.[7]

En 1985 publicou o seu primeiro libro.[2]

1992-1997: detención no cárcere de ChonchocoroEditar

O 10 de abril de 1992 foi detido no Alto da Paz polos servizos secretos do Goberno de Jaime Paz Zamora —a súa esposa, a socióloga mexicana Raquel Gutiérrez Aguilar, foi detida un día antes do mesmo xeito que outros membros do EGTK— acusado de insurrección e terrorismo, tras ser atrapado «supostamente» cando destruía torres de tendido eléctrico nunha zona rural próxima á cidade da Paz, unha acusación que nunca foi probada.[8]

Todos eles son remitidos ante o xuíz o 15 de abril, cinco días despois do termo legal máximo para tal efecto. Segundo a denuncia, foron incomunicados e sometidos a torturas e vexacións. Segundo declaracións posteriores, con torturas obrigárono a asinar unha declaración que sería elaborada polo equipo de interrogadores.[9] Amnistía Internacional denunciou as detencións e as torturas ás cales foron sometidos.[10]

Confinado xunto aó principais dirixentes do EGTK no cárcere de Chonchocoro, en prisión preventiva, sen sentenza durante cinco anos, Álvaro García estudou socioloxía de maneira autodidacta —non obtivo o título de graduado tras ser liberado— e continuou traballando sobre a teoría marxista plasmando a súa reflexión no libro Forma Valor, Forma Comunidade.[11][12] Aproximación teórica-abstracta a los fundamentos civilizatorios[13] publicado mentres permanecía detido, prologado dende o cárcere de Obrajes en febreiro de 1995 por Raquel Gutiérrez Aguilar[14] e do que posteriormente se realizaron varias edicións (2009 en CLACSO, 2015 en Fabricantes de Soños).

En abril de 1997, por non alcanzar o seu xuízo unha sentenza, Álvaro García e outros membros do EGTK son liberados. O mesmo ano, Evo Morales é elixido deputado uninominal. Unha vez en liberdade, retomou o seu activismo para crear unha estrutura política que permitise avanzar no obxectivo da toma do poder por un bloque popular.

En relación a este caso a Corte Interamericana de Xustiza admitiu unha demanda pola violación dun número plural de dereitos humanos contra el e outros membros do EGTK.[8]

1997-2006Editar

Trala súa liberación, xunto a Luis Tapia, Raúl Prada e Raquel Gutiérrez formaron o grupo Comuna, para desenvolver un espazo de reflexión académico no combate á ideoloxía neoliberal. Paralelamente, foi designado profesor na carreira de Socioloxía da Universidade Mayor de San Andrés (UMSA) aínda que non ten título universitario, onde establece un debate académico con destacados intelectuais como Félix Patzi, á vez que realiza investigacións relacionadas coa condición da clase obreira en Bolivia.

 
Evo Morales Ayma e García Linera no xornal El Potosí no ano 2005.

En xaneiro do 2000 coñeceu en persoa a Evo Morales durante a chamada «guerra da auga» en Cochabamba. A segunda vez que se encontraron foi en abril cando estalou a protesta pola alza de tarifas. Máis tarde Morales convidouno a dar unha charla ante os sindicatos dos produtores de coca.

No Trópico cultivaron a súa amizade e os cocaleiros convertéronse en obxecto de análise de Álvaro, quen acudía ás reunións populares sobre este sector.[7] Tamén achegou teoría e directrices ideolóxicas ós membros do Movemento Ao Socialismo (MAIS) e coa colaboración da súa agrupación Comuna, o partido deseñou a proposta de goberno con miras ás eleccións presidenciais de decembro de 2005. A poucos meses dos comicios Morales propúxolle formar parte da súa candidatura como «vicepresidenciable» e finalmente aceptou.[7] En decembro de 2005 Evo Morales gañou por maioría absoluta cun 54 % de votos as eleccións presidenciais de Bolivia.

2006-presente: vicepresidente de BoliviaEditar

García Linera foi un dos membros máis activos do Goberno de Morales, en concordancia coa súa corrente ideolóxica, o chamado «marxismo comunal», e como principal teórico gobernamental, declinou gran parte da estratexia política do goberno boliviano.[15]

Durante o seu mandato dende a vicepresidencia alimenta a reflexión teórico académica do proceso acompañando o camiño político. Dende decembro de 2008 a vicepresidencia de Bolivia organiza ciclos de seminarios internacionais baixo o denominador «Pensando o mundo dende Bolivia». Entre os intelectuais que participaron en devanditos ciclos atópanse David Harvey, Antonio Negri, Michael Hardt, Slavoj Žižek, xunto a intelectuais bolivianos como Luis Tapia ou o propio propio García Linera.[16]

En decembro de 2016 anunciou que non formará dupla electoral con Evo Morales para as eleccións de 2019. Expresou máis ben a súa intención de implicarse máis «na batalla das ideas», aínda que asegurou que seguirá acompañando ó presidente Evo «en todas as batallas futuras».[17]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "biografía - Vicepresidencia del Estado". 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Sandro D. Velarde. "La historia del EGTK, pensamiento político de Álvaro García Linera al salir de la cárcel 1999. Entrevista a Álvaro García Linera y Raquel Gutiérrez Aguilar". 
  3. Fabiola Escárzaga. "Comunidad indígena y revolución en Bolivia: el pensamiento indianista-katarista de Fausto Reinaga y Felipe Quispe". Política y cultura Nº 37. 
  4. "Bolivia recuerda la masacre de 1979 con llamado de atención de la ONU - La Razón". 
  5. "La Paz, Noviembre de 1979, la masacre que festejó Pinochet". 
  6. 6,0 6,1 6,2 "El Ejército Guerrillero Tupak Katari (EGTK), la insurgencia aymara en Bolivia". 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Miguel Gómez. "El marxista que halló su cable a tierra - La Razón". 
  8. 8,0 8,1 "MSM recuerda a Álvaro que Del Granado le ayudó a salir de la cárcel". 
  9. "Caso "Ejército Guerrillero Tupac Katari" (EGTK)". 
  10. Amnistía Internacional. "Bolivia: Casos de Tortura y de Ejecución Extrajudicial" (PDF). 
  11. "Lecturas: Entrevista con Alvaro García Linera, Vicepresidente de Bolivia". 
  12. "La trayectoria de Claudia Fernández y Álvaro García Linera". 
  13. "Forma valor y forma comunidad". 
  14. Raquel Gutiérrez Aguilar / Álvaro García Linera. "Palabras Preliminares. Forma Valor, Forma Comunidad" (PDF). 
  15. "Vicepresidente presenta libro de Marx y reafirma que lo comunal, y no lo estatal, es la base del futuro". Eju!. 
  16. "Imperio, multitud y sociedad abigarrada". 
  17. "Álvaro García Linera: “Las clases altas no tragan que gobierne un indígena”". 

Véxase taménEditar