Servizo de intelixencia

Servizo de intelixencia, servizo secreto ou axencia de intelixencia é unha axencia pertencente a un goberno, que ten como función a obtención de información (intelixencia) relacionada con posíbeis ameazas á seguridade e integridade do Estado. Cando unha axencia obtén información secreta sobre un estado, país ou organización sen autorización do mesmo, a esa actividade chámaselle espionaxe. A maioría dos servizos de intelixencia usan diversos métodos espionaxe contando coa indulxencia dos seus respectivos gobernos. Todos os estados consideran como actividade criminal a espionaxe, mais por norma abstéñense de xulgar a súa propia espionaxe, cuxa práctica en principio non recoñecen nin comentan.

Alén de ocuparse da obtención de información, os servizos secretos tamén tentan evitar a acción de servizos de intelixencia estranxeiros no seu país, a chamada contraespionaxe.

As axencias de intelixencia poden proporcionar os seguintes servizos ós seus gobernos:

  • Proporcionar unha análise en áreas relevantes para a seguridade nacional.
  • Dar a alerta previa dunha crise inminente.
  • Xestionar crises nacionais ou internacionais axudando a diferenciar as intencións dos posíbeis opositores, actuais ou potenciais nun futuro.
  • Informar ás autoridades encargadas dos plans da defensa nacional e das operacións militares.
  • Protexer a información, tanto a das súas fontes e actividades coma as das outras axencias estatais.
  • É posíbel que actúen de forma encuberta para influír no desenlace de acontecementos en prol dos intereses nacionais.

Formas de intelixencia editar

Existen catro formas básicas de obter información:

Historicamente, a maior fonte de obtención información foi a HUMINT, porén dende xa fai algún tempo a SIGINT é a máis importante a día de hoxe.

Servizos de intelixencia (por país) editar

Alemaña

Arabia Saudita

Australia

Bangladesh

Bélxica

Brasil

Canadá

Chile

Colombia

Cuba

República Checa

Dinamarca

Eslovaquia

España

Estados Unidos

Exipto

Federación Rusa

Filipinas

Finlandia

Francia

Grecia

Países Baixos

India

Irlanda

Israel

Italia

Marrocos

México

Nova Zelandia

Paquistán

Polonia

Reino Unido

República Popular China

Singapur

Suecia

Suráfrica

Taiwán

Turquía

Ucraína