Álvaro Domínguez Rodríguez-Volta
escritor e profesor galego
Álvaro Domínguez Rodríguez-Volta, nado en Pontevedra en 1986, é un escritor e profesor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1986 (37/38 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , profesor de ensino secundario |
Premios | |
Traxectoria
editarHistoriador da Arte, é profesor de Xeografía e Historia no ensino medio. Publicou relatos nos portais dixitais Amateurs Hotel e The Barcelona Review. Foi un dos finalistas do premio Cosecha Eñe 2017. Cursou o Máster de Edición Universidade Autónoma de Madrid-Taller de Libros e traballou no mundo editorial como lector de manuscritos, corrector, tradutor e tamén en prensa. En 2022 gañou o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta coa obra Cristais rotos.[1][2]
Obras
editar- Veintitantos problemas, 2017.
Obras colectivas
editar- Lo que no se dice. Dos Bigotes, 2014.
Recoñecementos
editar- Premio Tandaia 2017 por Veintitantos problemas.
- Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta 2022 por Cristais rotos
Notas
editar- ↑ "Premio Xosé Neira Vilas de novela curta para o escritor Álvaro Domínguez". El Correo Gallego.
- ↑ "Álvaro Domínguez gaña o sétimo Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta". Faro de Vigo. 28 de outubro de 2022.