Ácido quermésico

O ácido quermésico é un ácido monocarboxílico e unha tetrahidroxiantraquinona, concretamente a 3,5,6,8-tetrahidroxi-9,10-antraquinona, substituída por grupos metilo e carboxilo nas posicións 1 e 2, respectivamente.[1]

Etimoloxía editar

A raíz quernes- deriva do árabe qirmiz, "cochinilla".[2]

Fórmula química editar

A súa fómula molecular é C16H10O8, e o seu nome na IUPAC é ácido 3,5,6,8-tetrahidroxi-1-metilo-9,10-dioxoantraceno-2-carboxílico.[1]

Propiedades editar

É unha tintura natural vermella intensa,[3] illada nas especies de insectos hemípteros da superfamilia dos cocoideos (cochinillas) pertencentes ao xénero Kermes, especialmente de Kermes vermilio, a cochinilla do carrasco,[1] así chamada porqie vive como parasito no carballo carrasco.

Ten un papel como metabolito animal e como colorante para tinguir.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Kermesic Acid en PubChem (en inglés).
  2. KERMÈS no Trésor de la Langue Française informatisé.
  3. Claire Giry-Lozinguez (17 de outobro de 1995): Dominique Cardon... Arquivado 13 de novembro de 2010 en Wayback Machine., en Libération (en francés). Consultada o 12 de xuño de 2020.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazónbs externas editar