Á de mosca

obra literaria de Aníbal C. Malvar

Á de mosca é unha novela do ano 1998 escrita por Aníbal Malvar.

Á de mosca
Autor/aAníbal Malvar
CubertaX. M. Albán
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNegra
Xénero(s)novela negra
EditorialXerais
Data de pub.1998
Formatorústica con lapelas
Páxinas248
ISBNISBN 84-8302-210-9
editar datos en Wikidata ]

Carlos Ovelar, un fotógrafo freelance galego residente en Madrid. Antigo traballador dos servizos estatais de intelixencia, é chamado polo marido da súa ex muller para que atope á filla, desaparecida recentemente. Malia que só estivera unha vez coa rapaza, e que as relacións coa súa ex muller son inexistentes, decide ir.

Coa axuda do Gualtrapa, outro exmembro dos servizos de intelixencia, ao igual que o pai de Carlos, descubrirá que Ania, a desaparecida, está en relación cos fillos dun dos capos do tráfico de cocaína, residente na Illa de Arousa, e que a súa desaparición está relacionada co roubo de trinta quilos de droga.

Narración

editar

Está ambientada a medio camiño entre Santiago de Compostela e o Salnés. Está narrado en primeira persoa polo protagonista.

Traducións

editar
  • Ao castelán por Susana Veiga co título de Ala de mosca publicado en 2009 pola Editorial InÉditor[1].
  • Ao francés por Helène Serrano co título de Comme un blues publicado en 2017 por Asphalte éditions, col. Fictions[2].
  1. Ficha Arquivado 27 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
  2. Ficha Arquivado 27 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar