¿Imos aló? foi un programa da Televisión de Galicia concibido como un curso de lingua galega que se emitiu en 1989 e 1990.

¿Imos aló?
Producido por Vídeo Voz TV
Día(s) de emisión luns a venres
Horario de emisión 18:30 (repetido despois da primeira semana ás 12:50)
Cadea TVG
Día da estrea 3 de abril de 1989

Desenvolvemento

editar

Para a realización do programa a Televisión de Galicia, en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocou un concurso de proxectos para a emisión dun curso de galego no que saíu gañador o presentado por Vídeo Voz TV dirixido e guionizado por Siro[1] . Neste curso varios profesores achegan por medio de monicreques (Antía, Xurxo, Leonardo e don Severo), deseñados por Siro López, leccións para a aprendizaxe da lingua aos telespectadores. En 1990 realizouse unha segunda parte do concurso.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar