¡Copiad, malditos!

¡Copiad, malditos! Derechos de autor en la era digital é un documental español estreado en maio de 2011 e dirixido por Stéphane M. Grueso. O proxecto observa as alternativas de produción audiovisual de licenzas libres en España.

'Copiad, malditos!
Ficha técnica
DirectorStéphane M. Grueso
ProdutorStéphane M. Grueso
GuiónStéphane M. Grueso
MúsicaAlfonso Arias
MontaxeStéphane M. Grueso, Juan Luis de No
Distribuidoraelegantmobfilms, RTVE, KORAMA, Comunidades de Cultura Libre
Estreamaio de 2011
Duración58 minutos (Documental), 22 hs co material adicional e orixinal de produción
OrixeEspaña España
XéneroDocumental, drama social
Orzamento1.000 €, aproximadamente
Na rede
IMDB: tt1943878 Filmaffinity: 377979 Editar o valor en Wikidata

Xorde como resposta ós cambios drásticos nas políticas de protección de propiedade intelectual acontecidos en España e outros países do mundo, endurecidas debido ó auxe de compartir datos na era dixital, o P2P e Internet de banda larga. Este endurecemento das leis xerou a reafirmación dos dereitos públicos ó redor da cultura e o coñecemento e o xurdimento de comunidades ben establecidas e asesoradas legalmente, que crean materiais multimedia libres do tradicional copyright e licenzas e documentos que avalen compartir os materiais.

¡Copiad, malditos! é un exercicio que mostra de forma autoreflexiva a aplicación das leis e o uso de licenzas para desenvolver materiais multimedia libres. O documental e todos os seus materiais adicionais editáronse cunha Licenza Creative Commons BY/NC 3.0 Unported, sendo esta a primeira vez en España que unha canle de televisión (en concreto RTVE) coproduce un contido cunha licenza aberta Creative Commons.

Materiais publicados

editar
 
Stéphane M. Grueso, director do documental.

¡COPIAD, MALDITOS! – DVD1 (3.6 GB)

  • Documental "¡COPIAD, MALDITOS!"
  • Trailer
  • Killed Darlings - Escenas que non se incluíron na montaxe final e que foron rescatadas polo director
  • Clips ¿Qué significa para ti la palabra 'COPIAR'?
  • Fotos/Frames do documental
  • AudioClips - Música orixinal composta para o documental.[1]

ENTREVISTAS – DVD2 (3.9 GB)

  • José Manuel Tourné, Director Xeral da FAP - vídeo da entrevista (42 min)
  • Richard Stallman, programador, Free Software Foundation - vídeo da entrevista (22 min)
  • Lorenzo Silva, escritor - vídeo da entrevista (46 min)
  • Simona Levi, eXgae - vídeo da entrevista (38 min)
  • Blas Garzón, libraría asociativa, editorial e distribuidora Traficantes de Sueños - vídeo da entrevista (31 min)
  • Julián Ríos, Profesor de Dereito Penal - vídeo da entrevista (22 min)
  • Simone Bosé, Presidente EMI Music Iberia - vídeo da entrevista (40 min)
  • Lutz Emmerich, Country Manager, Spotify Spain - vídeo da entrevista (19 min)
  • Antonio Guisasola, Presidente PROMUSICAE - vídeo da entrevista (26 min)
  • Mario López, hostaleiro, ADEMYC Montijo - vídeo da entrevista (29 min)
  • Javier de la Cueva, avogado - vídeo da entrevista (1 h 19 min)
  • Magdalena Vinent, Directora Xeral de CEDRO - vídeo da entrevista (33 min)
  • Fernando Évole, Conselleiro Delegado de Yelmo Cineplex - vídeo da entrevista (26 min)
  • José Pérez de Lama, Profesor de Arquitectura - Director Adx. do CID - vídeo da entrevista (37 min)
  • David Bravo, avogado - vídeo da entrevista (1h 17min)

ENTREVISTAS - DVD3 (3.8 GB)

  • Mario Pena, Director de negocios e comunidade de SAFE CREATIVE - vídeo da entrevista (55 min)
  • Pilar Reyes, Directora Editorial de Alfaguara - vídeo da entrevista (44 min)
  • Txema Arnedo, Dtor. Desenvolvemento Prop. Intelectual, MICROSOFT Ibérica - vídeo da entrevista (27 min)
  • Nicolás Alcalá, Director da longametraxe El Cosmonauta - vídeo da entrevista (22 min)
  • Ignacio Escolar, xornalista e escritor - vídeo da entrevista (26 min)
  • Elena Cabrera, autoreverse netlabel - vídeo da entrevista (50 min)
  • David García Aristegui, COMUNES, Radio Círculo FM - vídeo da entrevista (32 min)
  • Alfonso Arias, Paputxi, Compositor da música orixinal de ¡Copiad, malditos! – vídeo da entrevista (26 min)
  • Fernando González, Adxunto a Dirección, EGEDA - vídeo da entrevista (1h 21min)
  • José Antonio Millán, escritor, editor e lingüista - vídeo da entrevista (36 min)
  • Ignasi Labastida, Profesor, Univ. Barcelona. Creative Commons España - vídeo da entrevista (33 min)
  • Enrique Loras, Director Xeral SGAE - vídeo da entrevista (44 min)
  1. Toyos, Lluís. "COPIAD MALDITOS en DVD (CM-DVD)". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 05 de marzo de 2015.  Arquivado 26 de xuño de 2012 en Wayback Machine.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar