Richard Stallman

activista polo software libre norteamericano e fundador do proxecto GNU


Richard Matthew Stallman, tamén coñecido polas súas iniciais RMS, nado o 1953 en Manhattan, é unha das figuras máis significativas do movemento do software libre a nivel internacional, e a miúdo é apodado o gurú do software libre.

Richard Matthew Stallman
Datos persoais
Nome completoRichard Matthew Stallman
Alcumerms e Saint IGNUcius
Nacemento16 de marzo de 1953 (70 anos)
LugarNova York
ResidenciaNova York
NacionalidadeEstadounidense
EtniaPobo xudeu
Actividade
CampoCiencias da computación
Alma máterUniversidade Harvard e o Laboratorio de intelixencia artificial do MIT
Contribucións e premios
Coñecido porMovemento do Software libre, GNU, Emacs, GCC, GPL, FSF
Premios«MacArthur Fellowship», Premio «ACM Grace Murray Hopper», Premio de «Pioneiro do EFF», Premio «ACM Software System» entre outros.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Stallman licenciouse en Física pola Universidade Harvard en 1974. Durante a carreira traballou no Laboratorio de Intelixencia Artificial do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), onde aprendeu a deseñar sistemas operativos. Escribiu o primeiro editor de textos extensíbel Emacs en 1975 e contribuíu para a investigación en intelixencia artificial.

En xaneiro de 1984 deixou o MIT, e farto do que el consideraba un abuso por parte da industria do software, anunciou a varios grupos de Usenet a súa intención de crear un sistema operativo completamente libre. De seguida publicou o Manifesto GNU, e creou a Free Software Fundation (“Fundación Software Libre” en inglés) para a coordinación dos esforzos para a creación do sistema operativo libre GNU.

Dende 1991, ano no que recibiu o premio Grace Hopper Award que entrega a Association for Computing Machinery por Emacs, foi nomeado doutor honorario de varias universidades de todo o mundo e recibiu numerosos premios. É o autor, ademais, da licenza Licenza Xeral GNU e dende mediados da década de 1990 lidera de forma activa o movemento polo software libre, tanto no desenvolvemento de aplicacións coma na divulgación dos ideais en que se basea o movemento.

En setembro de 2019 dimitiu do Computer Science and Artificial Intelligence Laboratory asociado ó MIT e como presidente da Free Software Foundation trala controversia xurdida da publicación dun fío correo electrónico no que facía varias declaracións sobre as acusacións de tráfico de menores a Jeffrey Epstein.[2][3]

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar