Wikipedia:A Taberna (técnica)/Arquivo 15

Este é un arquivo da sección A Taberna (técnica) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18

Mudanzas no dicionario en-liña da RAG editar

As rutas das definicións, no dicionario en-liña da RAG, mudaron. Agora son máis sinxelas. As palabras xa non teñen un número de identificación. A ruta pasa a ser, simplemente do tipo: http://academia.gal/dicionario/-/termo/cordeiro

Coa nova arquitectura tódalas palabras homógrafas están incluídas na mesma páxina. Xa non hai que especificar se se quere ligar un significado ou outro.

O modelo {{DRAG-PdP}} xa está adaptado, pero agora, nalgúns dos nosos artigos, hai que eliminar os parámetros que sobran (exemplo: [1]). --. HombreDHojalata.conversa 16 de novembro de 2016 ás 18:58 (UTC)[responder]

Outro exemplo: https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Millo&diff=next&oldid=4044861 --. HombreDHojalata.conversa 17 de novembro de 2016 ás 09:49 (UTC)[responder]
Se xa non utilizan identificador numérico, unha solución máis "ampla" sería directamente eliminar o uso do parámetro |id= directamente nos modelos {{DRAG-PdP}} e {{DRAG}}. Así pasarían a usar directamente o termo indicado no primeiro parámetro e xa estarían funcionando ben, mentres que eses identificadores poden ir eliminándose das chamadas ó modelo progresivamente para ir limpando código. Banjo tell me 17 de novembro de 2016 ás 09:54 (UTC)[responder]
OK. Podería adaptarse o código de {{DRAG-PdP}} para que fose posible ligar unha soa das definicións, por exemplo a "1" ou a "2":
  1. http://academia.gal/dicionario/-/termo/millo/1
  2. http://academia.gal/dicionario/-/termo/millo/2
pero sería unha complicación innecesaria. Para o uso que lle damos nós nos artigos é mellor e máis sinxelo como está agora mesmo, que liga a páxina na que aparecen tódalas definicións:

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Saqueino de {{DRAG-PdP}}. O cambio en {{DRAG}} habería que facelo cando teñamos seguro que tódalas chamadas a ese modelo non inclúen xa o |id=, se o sacamos sen máis o modelo podería facerse un lío e pasar a tomar o valor do id como o valor de |data_consulta=. De todas formas ámbolos dous modelos xa funcionan ben agora mesmo, leven id ou non. O que resta é cuestión de limpar código pouco a pouco. Banjo tell me 17 de novembro de 2016 ás 10:37 (UTC)[responder]

Si que urxe máis correxilo neste tipo de casos, no que a chamada ó modelo só inclúe o id e non o propio termo. Banjo tell me 17 de novembro de 2016 ás 10:38 (UTC)[responder]
E como podemos atopar de forma doada eses casos? Porque revisar un por un todos os artigos que usan o modelo é un traballo de chinos... Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de novembro de 2016 ás 11:17 (UTC)[responder]

Problemas con Mozilla Firefox editar

O Mozilla Firefox leva unha semana dándome problemas. A cada rato di: "Lo sentimos, no hemos podido procesar tu edición debido a una pérdida de los datos de sesión.".

Pásalle a alguén máis?! --. HombreDHojalata.conversa 4 de decembro de 2016 ás 15:16 (UTC)[responder]

A min lévame pasando hai tempo, pero só cando tardo moito en gardar a edición. --Xas (conversa) 4 de decembro de 2016 ás 15:59 (UTC)[responder]
A min non me pasa. Pedro --Lameiro (conversa) 4 de decembro de 2016 ás 17:52 (UTC)[responder]
A min pásame iso (dende sempre) cando deixo unha páxina en edición moito tempo e quero gardala, pero se lle dou de novo a gardar faino ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de decembro de 2016 ás 22:20 (UTC)[responder]

  Información: Acaba de chegar isto no informe de novas técnicas:

Editors who use Firefox 50 might get logged out or fail to save their edits. This is because of a browser bug. Until this is fixed you can enter about:config in the address bar and set network.cookie.maxPerHost to 5000. Firefox 50 is the current version of the Firefox. [2] Banjo tell me 9 de xaneiro de 2017 ás 19:21 (UTC)[responder]

Trebello para redireccións editar

Ola! Trouxen un novo trebello, que permite marcar as ligazóns a páxinas de redireccións en cor verde. É opcional e pode activarse nas Preferencias, na sección de "Aparencia": "Amosa as ligazóns a páxinas de redireccións en cor verde". Saúdos! Banjo tell me 15 de decembro de 2016 ás 14:03 (UTC)[responder]

Xa o teño engadido, creo que hai que afacerse un pouco a ver así as páxinas pero será util, grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de decembro de 2016 ás 14:16 (UTC)[responder]
Grazas Banjo. --Chairego apc (conversa) 15 de decembro de 2016 ás 20:02 (UTC)[responder]

Developer Wishlist Survey: propose your ideas editar

At the Wikimedia Developer Summit, we decided to organize a Developer Wishlist Survey, and here we go:

https://www.mediawiki.org/wiki/Developer_Wishlist

The Wikimedia technical community seeks input from developers for developers, to create a high-profile list of desired improvements. The scope of the survey includes the MediaWiki platform (core software, APIs, developer environment, enablers for extensions, gadgets, templates, bots, dumps), the Wikimedia server infrastructure, the contribution process, and documentation.

The best part: we want to have the results published by Wednesday, February 15. Yes, in a month, to have a higher chance to influence the Wikimedia Foundation annual plan FY 2017-18.

There's no time to lose. Propose your ideas before the end of January, either by pushing existing tasks in Phabricator or by creating new ones. You can find instructions on the wiki page. Questions and feedback are welcome especially on the related Talk page.

The voting phase is expected to start on February 6 (tentative). Watch this space (or even better, the wiki page) - SSethi_(WMF) January 21st, 2017 3:07 AM (UTC)

Excepción grave de tipo "ConfigException" editar

Se recibides un erro que indica a mensaxe "Excepción grave de tipo ConfigException" cando tentades ler ou editar algún artigo, desactivade a Vista previa das notas nas Preferencias. Revisarei en canto poida a ver se cambiou algo nese trebello que poida estar provocando ese problema. Banjo tell me 24 de xaneiro de 2017 ás 12:21 (UTC)[responder]

Amañado, xa non debería aparecer a mensaxe nin debería facer falla desactivar o trebello. [3] [4] Se alguén detecta outro problema relacionado avisádeme e reviso. Banjo tell me 24 de xaneiro de 2017 ás 12:25 (UTC)[responder]
Grazas Banjo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2017 ás 21:34 (UTC)[responder]
Grazas polo aviso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 25 de xaneiro de 2017 ás 00:09 (UTC)[responder]

Modelo:IUCN editar

Habría que arreglar y documentar el modelo {{IUCN}}, trate de arreglar el enlace a la lista roja en Gabeador azul (no gravé, lo previsualizé) porque enlaza con una página de error pero me sigue enlazando a la página de error por lo que copié la plantilla directamente desde Sitta europaea obteniendo el mismo resultado (error) y en el modelo no pone su uso (parámetros en inglés [como esta en el artículo] o en gallego [¿cuáles?]). Muchas gracias —o anterior comentario sen asinar foi feito por Jcfidy (conversacontribucións)

@Jcfidy: O modelo {{IUCN}} que temos aquí está traído do modelo na wikipedia inglesa, a maioría dos parámetros están en inglés, cun par deles aceptando equivalentes en galego. Se indicas aquí o código do modelo que tentaches engadir podo revisalo e confirmarche que valores serían os correctos. Banjo tell me 2 de febreiro de 2017 ás 09:36 (UTC)[responder]
O código que ten ahora é {{IUCN|id=22711150 |title=''Sitta europaea'' |assessors=[[BirdLife International]] |version=2013.2 |year=2012 |accessdate=26 November 2013}} o que fixen foi quitarlle o id xa que está obsoleto no modelo IUCN pero non funcionou polo que engadín o de es.wiki {{IUCN|asesores=[[BirdLife International]]|año=2012|título=Sitta europaea|edición=2014.3|consultado=11 de marzo de 2015}} pero, evidentemente, non funcionou. Por iso fun mirar o modelo e non pon o uso del. --Jcfidy (conversa) 2 de febreiro de 2017 ás 09:42 (UTC)[responder]
O código para a sitta europaea no IUCN é 103879804. O código do modelo debería ser: {{IUCN|id=103879804 |title=''Sitta europaea'' |assessors=[[BirdLife International]] |version=2016.3 |year=2016 |accessdate=2 de febreiro de 2017}} Banjo tell me 2 de febreiro de 2017 ás 09:45 (UTC)[responder]
  Comentario a API do IUCN fai a ligazón a esta páxina a antiga API (Modelo IUCN2006) o facía a páxina prncipal da especie esta. --Jcfidy (conversa) 2 de febreiro de 2017 ás 09:50 (UTC)[responder]

Developer Wishlist Survey: Vote for Proposals editar

Almost two weeks ago, the Technical Collaboration team invited proposals for the first edition of the Developer Wishlist survey!

We collected around 77 proposals that were marked as suitable for the developer wishlist and met the defined scope and criteria. These proposals fall into the following nine categories: Frontend, Backend, Code Contribution (Process, Guidelines), Extensions, Technical Debt, Developer Environment, Documentation, Tools (Phabricator, Gerrit) and Community Engagement.

Voting phase starts now and will run until February 14th, 23:59 UTC. Click here on a category and show support for the proposals you care for most. Use the 'Vote' and 'Endorse' buttons next to a proposal to do so.

What happens next?
Proposals that will gather most votes will be included in the final results which will be published on Wednesday, February 15th. These proposals will also be considered in the Wikimedia Foundation’s annual plan FY 2017-18 - SSethi_(WMF) (talk) 04:41, 6 February 2017 (UTC)

Algún editor de PDF ? editar

Alguén ten un editor de PDF? Precisaría reducir o tamaño deste ficheiro a menos de 100 MB. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 28 de febreiro de 2017 ás 09:00 (UTC)[responder]

LibreOffice permite editar documentos PDF, con documentos de pequeno tamaño de texto vai ben. Fixen unha proba cun PDF grande (imaxes e textos) e levoulle moito tempo abrilo, reduciu o tamaño considerablemente pero houbo erros. O ficheiro da túa ligazón só contén imaxes, na configuración pódese modificar a compresión pero non sei se quedará ben. Outra opción é buscar un engadido para LibreOffice para que faga o recoñecemento óptico de caracteres (supoño que debe haber algún) pero semella moito máis traballo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 28 de febreiro de 2017 ás 13:12 (UTC)[responder]
@HombreDHojalata: O xa estár en PDF o ficheiro, eu optaría por dividilo en varios ficheiros máis pequenos. Dividindo a obra en 2-3-4 partes deberían quedar cada unha delas dun tamaño axeitado. Sería algo máis incómodo de consultar ó estar dividido, pero reduciríanse os tempos de carga/descarga para cada parte. Case calquera lector ou editor de PDF debería permitir gardar as seccións por partes. Se me indicas unha posible división que vexas axeitada (páxinas/capítulos/etc) podo facer a proba. Banjo tell me 1 de marzo de 2017 ás 23:21 (UTC)[responder]
Precisamente estaba en cachos e eu pegueinos. Un programa gratuito para unir e dividir teño. O que xa non teño é un editor profesional, que tiven no pasado (a miña empresa non renovou licenzas por aforrar custes). Cun programa editor de PDF de uso profesional poderíase facer o que solicito (algún deses carísimos de Adobe Systems). Por iso pregunto. Por si alguén ten un. Se non tendes non vos preocupedes. Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 1 de marzo de 2017 ás 23:39 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── @HombreDHojalata: Fedellando chégase a Roma  : File:340331514-El-Caballero-de-Las-Botas-Azules144.pdf Precisa unha descrición mellor e non sei exactamente se vai nesa categoría. Fixen unha "impresión" co FoxitReader a un novo ficheiro, baixándolle resolución e argallando un pouco nos parámetros, revisa a ver se quedou aceptable. Banjo tell me 1 de marzo de 2017 ás 23:56 (UTC)[responder]

Great!!! --. HombreDHojalata.conversa 2 de marzo de 2017 ás 09:05 (UTC)[responder]

Por que coas coordenadas dadas pasando os datos a KML, Google Maps ou Google Earth sáeme en Portugal (41º01) mentres que no WikiMiniAtlas (de Wikimapia?) sae na localización correcta (42º01)? Saca os datos de WikiData? (corríxoo despois)※ Sobreira ►〓 parlez 22 de marzo de 2017 ás 17:16 (UTC)[responder]

As coordenadas nese artigo están incorrectas, hai que correxilas si. O WikiMiniAtlas está definido en Meta, probablemente saque as coordenadas ben do wikidata ou ben de openstreetmap, pero non sei exactamente como funciona. O outro mapa que ten a liga entre parénteses si vai directo a openstreetmap. Banjo tell me 22 de marzo de 2017 ás 17:49 (UTC)[responder]
  Feito! Pola conta da vella: preguntar a Google Earth polo concello de Bande e anotar as coordenadas. Sinxelo. Pedro --Lameiro (conversa) 22 de marzo de 2017 ás 18:30 (UTC)[responder]
Pódolle dar o KML dos concellos de Galicia a quen queira. Aí é onde Bande saltou a fronteira. ※ Sobreira ►〓 parlez 23 de marzo de 2017 ás 13:50 (UTC)[responder]
Estou baixando as coordenadas GMS (.kml) e UTM (.csv) de lugares do buscador [5] (que xusto agora falla). Teño idea de subilos despois a Galifontes, e despois pódense usar para os lugares que nos queden (aínda que o traballo de @Xosé Antonio: e @Servando2: foi encomiable). Dado que limita o máximo de resultados, quédanme os 84 concellos con máis de 500 topónimos para os que teño que ir por parroquias. Alguén quere axudar? ※ Sobreira ►〓 parlez 27 de marzo de 2017 ás 09:52 (UTC)[responder]
  • Acabo de ver que as UTM poden baixarse en DBF (que non teño que se pode abrir con Excel) en [6], pero Google Earth traballa con GMS e é o que necesito máis (o cambio de UTM a GMS é un verdadeiro coñazo e non exacto, así que prefiro os datos orixinais). Seguirei co tema cando a cousa volva estar activa. ※ Sobreira ►〓 parlez 27 de marzo de 2017 ás 10:48 (UTC)[responder]
@Lameiro: Por certo, eses lugares para os que o INE non dá datos, algúns deles son lugares entre parroquias que están duplicados. ※ Sobreira ►〓 parlez 28 de abril de 2017 ás 12:34 (UTC)[responder]
@Lameiro:/@Procastino:/@Elisardojm:/@Prevert: Non lembro onde falamos do tema (porque aquí non foi), pero Lameiro sorprendíase de que houbese lugares sen datos e que correspondían a varias parroquias. En Usuario:Sobreira/Parroquias2 coloquei os lugares detectados de Pontevedra e Ourense que están entre dúas parroquias. Estas son as propostas que se van pasar a Comisión de Toponimia. Xa sei que os nomes non son estándar e polo tanto as ligazóns son vermellas, pero non me vou poñer a cambiar todos, polo menos así algúns saen directos e se alguén quere cambialos está autorizado a fozar nesa miña subpáxina. Nun futuro, Lugo (vou polo S) e A Coruña. ※ Sobreira ►〓 parlez 3 de xullo de 2017 ás 09:31 (UTC)[responder]
Moitas grazas Sobreira, esa páxina pode ser de moita utilidade para amañar algúns problemas deses artigos. Espero pronto a de Coruña que teño unha dúbida que resolver :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 09:43 (UTC)[responder]
@Elisardojm: A Coruña será a última, porque vou en orde alfabética inversa de provs e concs, así que se é algo concreto (sobre todo se é de Abegondo!) míroche ex profeso se se vai (se vou) propoñelo á comisión. Non me esquezo de @ Barbanza. ※ Sobreira ►〓 parlez 3 de xullo de 2017 ás 11:34 (UTC)[responder]
Non, non, non te preocupes Sobreira, non teño présa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 11:36 (UTC)[responder]
@Lameiro: Respecto a Barbanza, Navaza falando dos nomes das parroquias: "Cando

estes complementos conteñen un hidrónimo, que designa o o río principal do territorio onde asenta a parroquia, adoitan ir tras preposición sen artigo, conforme ó uso galego tradicional nos nomes dos ríos (Antas de Ulla, Parada de Sil, Ribas de Miño, Ribeiras de Lea, Salvaterra de Miño, Pazos de Arenteiro…, tal como sucede noutras áreas peninsulares: Miranda de Ebro, Aranda de Duero, Esplugues de Llobregat, Ponte de Lima, Paredes de Coura…). Só en topónimos de creación recente se rexistra o artigo ante o hidrónimo: Grañas do Sor, Val do Dubra." ※ Sobreira ►〓 parlez 28 de setembro de 2017 ás 00:02 (UTC)[responder]

  • Moi ben, Sobreira. Entendo entón que temops que unificar todo como Península de Barbanza, Comarca de Barbanza, Arca de Barbanza, ruta megalítica do Barbanza, Centro Arqueolóxico de Barbanza, Autovía de Barbanza, etc., en vez do mezcladillo que temos agora. Vota un vistazo ó artigo Barbanza e á súa conversa. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de setembro de 2017 ás 12:50 (UTC)[responder]

mapas parroquiais editar

 
VndA

Subín un prototipo de mapa de parroquias dun concello: Ficheiro:Mapa parroquial - Vilanova de Arousa.png. Aberto a suxestións (cor do concello, cores dos concellos lindeiros, cor do mar, nomes), pero non demasiado. Se queredes ver os modelos que hai de momento, v. Usuario:Sobreira/Mapas#Exemplos de mapas (tódalas parroquias nun concello). ※ Sobreira ►〓 parlez 28 de abril de 2017 ás 12:31 (UTC)[responder]

Está moi ben, pero, polo que vexo, son mapas derivados do contido de http://mapas.xunta.es/visores/basico/
¿onde consta que eses contidos teñen a licenza CC BY-SA? --. HombreDHojalata.conversa 29 de abril de 2017 ás 08:50 (UTC)[responder]
O aviso legal de mapas.xunta.gal/portada liga ó do portal da xunta: aviso-legal-do-portal-da-xunta. A licenza non debería ser un problema mentres se cumpran as dúas condicións especificadas no propio aviso. O que si é que hai que cumprimentar a información que falta na descrición do ficheiro. Banjo tell me 29 de abril de 2017 ás 17:47 (UTC)[responder]
A historia é de quen son os datos gráficos orixinais. Non creo que sexan da Xunta, nin da Igrexa, nin do IGN nin do InfraesttDatosEspaciaisEspñ/Gal, nin do IGE nin do INE, nin do SITGA nin de Comarcas, quizais estean pasados ó InstitutoEstudosTerritorio. A volta da semana envio un correo ó ¿CITME\CIEMAT? (falo de memoria) CMATI que mencionan en Restricións dos metadatos. Ainda q os fago para axudarme a min mesmo no traballo si que quero liberalos porque non hai nada igual por aí e marcan unha diferenza cualitativa (e paradoxalmente colgados téñoos máis accesibles, cousas de Access, ainda que agora que o penso....). O que toca é suxestións, se son posibles e antes de que faga 317 e teña que cambialos. A descrición fareina cun modelo.
• Por certo atopei que Centro de Descargas do devandito IDatosEspac teñen liberado o Nomenclator General Básico estatal (máis de 300MB con case 1M) con UTM e GMS (creo lembrar que sen parroquias, pero con Código INE) con licenza CC.BY.4.0 por Decreto. ※ Sobreira ►〓 parlez 29 de abril de 2017 ás 18:42 (UTC)[responder]
http://descargas.xunta.es/de2e46d2-6e92-4666-ba93-ac946d982f591488314714979 Non é o mesmo pero creo que é a súa fonte. ※ Sobreira ►〓 parlez 29 de abril de 2017 ás 18:52 (UTC)[responder]
E aqui que hai que pagar por ela: http://mapas.xunta.gal/produtos-cartograficos/territorio-e-poboacion/parroquiasSobreira ►〓 parlez 29 de abril de 2017 ás 19:15 (UTC)[responder]
Vexo que non hai suxestións, xa lle darei eu as cores do sol. Aínda que penso facelos todos, lévame máis tempo do que pensaba. Tiña a idea de facelos para o traballo, pero estame ralentizando demasiado, así que tocará agardar. De feito, agora que teño máis práctica, reeditarei os primeiros para que queden máis limpos e manexables. ※ Sobreira ►〓 parlez 3 de maio de 2017 ás 06:48 (UTC)[responder]
Ola Sobreira. Non sei se resposto ao que preguntabas, pero a min o modelo de Lousame paréceme o máis claro e bonito, E os de Carral e Cambre, coido que están moi completos ao incorporar as estradas e os nomes limítrofes, pero quizais serán complicados de facer. Saúdos --maghoi (conversa) 7 de maio de 2017 ás 19:28 (UTC)[responder]
@MAGHOI: imaxe:Lousame, parroquias de Lousame.svg (sen recadro de mapa de Galicia, que ademais aí non indica onde está Lousame nin nada) ou imaxe:LousameSVG.svg? Para os de Carral e Cambre non dispoño de datos con estradas e similares, ou sería demasiado complicado. Eu referíame ás cores. ※ Sobreira ►〓 parlez 6 de xuño de 2017 ás 08:00 (UTC)[responder]
Ola Sobreira. A min o que máis me gusta é o primeiro:imaxe:Lousame, parroquias de Lousame.svg. Paréceme moi claro e até bonito, e no cadradiño de enriba á esquerda colocándolle un círculo vermello, queda perfectamente localizado.Saúdos.--maghoi (conversa) 7 de xuño de 2017 ás 17:02 (UTC)[responder]
Boas @Sobreira: e @MAGHOI:. Elaborei eses dous que mencionades (Carral e o último de Cambre). Vendo agora que fixestes máis, poderiamos ir marcando unhas liñas de estilo para elaboralos (paleta de cores, grosor de liñas, elementos a incluír...). O de Lousame gústame por cores e estilo de liñas, inda que lle boto en falta as parroquias limítrofes coas daquel concello. Teño case listo algún máis para subir en breve que fixen baseándome nese mapa de parroquias de Galicia e nos PXOMs dos concellos. Mgl.branco (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 14:08 (UTC)[responder]
@MAGHOI: Ola. De momento o outro está máis parado pero tomeiche a palabra e usei a túa preferencia para derivar Ficheiro:Dioceses con nome.PNG en:

Non entendo porqué a contextualización gráfica da Diócese de Astorga é un mapa de Galicia. Inda que ocupa terreos que na división civil pertencen á Galicia, tamén ocupa terreos que na división civil pertencen a Castela. Amais, non depende da Arquiciócese de Santiago senón da de Oviedo. --. HombreDHojalata.conversa 29 de xuño de 2017 ás 11:27 (UTC)[responder]

@HombreDHojalata: Si, eu tamén o pensei mentres o facía (de feito, ese razoamento serve para todas: Por que a de Lugo en Galicia? Non debería estar referenciada á Arquidiocese da SAMI SdC?). Pero é o mapa que tiña, non vou facer o de toda España porque as que me interesan son só as de Galicia. Tamén hai algunhas de Ourense fóra ou Oviedo (e Portugal?) dentro do mapa, pero son menores e creo que non compensaba. Lembra que diocese non é esdrúxula. ※ Sobreira ►〓 parlez 3 de xullo de 2017 ás 07:34 (UTC)[responder]
@Sobreira: Ola. Parécenme moi claros. Eu tan só lle poría unha pega (sonche algo maniático): o tamaño. Poderían facerse polo menos a 700 px en vez de 400? Bo traballo. Saúdos.--maghoi (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 17:09 (UTC)[responder]
@MAGHOI:Non creo. Primeiro, que saíron do orixinal con todas, que a saber como o fixen (ou de onde o saquei); creo que o xenerei dun DWG. Segundo, que non sei se sabería volvelo xenerar a estas alturas, ou facelo máis grande baseándome no que hai. E terceiro que está xenerado como BMP, polo que unha ampliación só vai demostrar os seus erros (v. límites no oriente ourensán). ※ Sobreira ►〓 parlez 2 de agosto de 2017 ás 07:46 (UTC)[responder]
@Sobreira:Pois haberá que usalos como están. De tódolos xeitos, grazas polo traballo.Sáúdos.--maghoi (conversa) 2 de agosto de 2017 ás 10:12 (UTC)[responder]
De nada, a ti. ※ Sobreira ►〓 parlez 2 de agosto de 2017 ás 10:41 (UTC)[responder]

Erro de caracteres repetidos editar

Ola estaba intentando traducir un artigo sobre o xogo da balea azul pero non me deixa publicalo porque di que teño caracteres repetidos. Revisei todo e non o podo poñer doutra forma, simplemente son casos relacionados. Moitas grazas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Martin.acoruña (conversacontribucións) 7 de maio de 2017 ás 09:55‎

Martin.acoruña, non fixeches ningunha edición agás esta da taberna. Intentaches crear ese artigo como IP, sen estar conectado? Os usuarios anónimos teñen un filtro que intenta evitar edicións vandálicas, podería ser iso. Que artigo queres crear? De onde o queres traducir? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de maio de 2017 ás 18:10 (UTC)[responder]

Editing News #1—2017 editar

12 de maio de 2017 ás 18:07 (UTC)

New notification when a page is connected to Wikidata/Nova notificación cando unha páxina é conectada a Wikidata editar

Hello all,

(Por favor, axude a traducir á súa lingua)

The Wikidata development team is about to deploy a new feature on all Wikipedias. It is a new type of notification (via Echo, the notification system you see at the top right of your wiki when you are logged in), that will inform the creator of a page, when this page is connected to a Wikidata item.

You may know that Wikidata provides a centralized system for all the interwikilinks. When a new page is created, it should be connected to the corresponding Wikidata item, by modifying this Wikidata item. With this new notification, editors creating pages will be informed when another editor connects this page to Wikidata.

 

This feature will be deployed on May 30th on all the Wikipedias, excepting English, French and German. This feature will be disable by default for existing editors, and enabled by default for new editors.

This is the first step of the deployments, the Wikipedias and other Wikimedia projects will follow in the next months.

If you have any question, suggestion, please let me know by pinging me. You can also follow and leave a comment on the Phabricator ticket.

Thanks go to Matěj Suchánek who developed this feature!

Grazas! Lea Lacroix (WMDE) (talk)

Tradución:

Boas a todos e todas,

O equipo de desenvolvemento de Wikidata está a piques de implantar unha nova característica en todas as Wikipedias. É un novo tipo de notificación (vía Echo, o sistema de notificación que aparece na parte superior dereita da túa Wiki cando se está conectado), que informará ao creador da páxina, cando esta sexa conectada a un elemento de Wikidata.

Debe saber que Wikidata proporciona un sistema centralizado para todas as ligazóns interwiki. Cando unha nova páxina é creada, esta debe ser conectada ao elemento de Wikidata correspondente, modificando o mesmo. Con esta nova notificación, os editores que crean páxinas serán informados cando outro editor conecte esta páxina a Wikidata.

 
A páxina Test for echo notification foi conectada a un elemento de Wikidata.

Esta característica implantarase o 30 de maio de 2017 en todas as Wikipedias, excepto a inglesa, a francesa e a alemá. Esta característica desactivarase de xeito predeterminado para os editores existentes, e habilitarase de xeito predeterminado para os novos editores.

Este é o primeiro paso das implantacións, que as Wikipedias e outros proxectos Wikimedia seguirán nos próximos meses.

Se ten algunha pregunta, suxestión, por favor, fágamo saber mediante "ping". Pode tamén seguir e deixar un comentario no ticket Phabricator.

Grazas a Matěj Suchánek, quen desenvolveu esta característica!

Grazas! Lea Lacroix (WMDE) (talk)

Wikidata changes now also appear in enhanced recent changes editar

Hello, and sorry to write this message in English. You can help translating it.

Starting from today, you will be able to display Wikidata changes in both modes of the recent changes and the watchlist.

Read and translate the full message

Grazas! Lea Lacroix (WMDE) 29 de xuño de 2017 ás 08:33 (UTC)[responder]

(wrong target page? you can fix it here)

Tradución rápida: Agora os cambios en Wikidata tamén poden verse nos cambios recentes e na lista de vixilancia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 09:45 (UTC)[responder]

Por que o modelo:Cita libro pon os "volumes" en negra? ※ Sobreira ►〓 parlez 14 de xullo de 2017 ás 07:31 (UTC)[responder]

Os valores para |volume= de menos de 4 caracteres indícanse en negra. O código do modelo está adaptado da wiki inglesa, polo visto alí decidiron facelo así para darlle máis visibilidade ó volume cando é un número curto, aínda que non hai moitas conversas ó respecto. Se non se considera necesario pode modificarse con relativa facilidade. Banjo tell me 14 de xullo de 2017 ás 07:53 (UTC)[responder]

Marcadores de ligazóns externas editar

Ola! Veño de crear o Modelo:Patrimonio Galego para ligar as fichas desta web. Funciona ben cando se pon no propio artigo ao que se refire a ficha (por exemplo, Estación de Silleda), porque por defecto aparece o nome do artigo como ficha ligada; pero quería poder usalo en artigos diferentes, de forma que se poida usar como referencia. Por exemplo no artigo Seixalbo, Ourense aparecen catro referencias que son ligazóns a fichas desta web.

A idea sería que por exemplo "{{Patrimonio Galego|31757|Capela da Virxe do O de Seixalbo}}" dese como resultado "Capela da Virxe do O de Seixalbo na web Patrimonio Galego". Como podo facer? Estiven a mirar outros marcadores pero non atopo xeito.

Graciñas de antemán. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de agosto de 2017 ás 22:41 (UTC)[responder]

@Estevoaei: Xa funciona desa forma, non hai que facerlle nada, só poñer o parámetro |noa= para que non inclúa o punto, no caso de que vaia coma referencia:
{{Patrimonio Galego|31757|Capela da Virxe do O de Seixalbo|noa=1}} > Capela da Virxe do O de Seixalbo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Banjo tell me 3 de agosto de 2017 ás 22:49 (UTC)[responder]
Aaaamigo! Ese era o truco. Moitas grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de agosto de 2017 ás 22:51 (UTC)[responder]

Trebello Cat-a-lot editar

Boas a todos, hai uns días Estevoaei preguntoulle a Banjo como usar o trebello Cat-a-lot na Galipedia e el atopou a solución, engadindo un código no ficheiro https://meta.wikimedia.org/wiki/User:Usuario/global.js de cada usuario. O código podedes copialo de Commons:Help:Gadget-Cat-a-lot/gl, está na parte final da páxina. Esa páxina tamén é unha páxina de axuda de uso do trebello.

Este trebello é moi util xa que permite seleccionar varios ficheiros dunha categoría e movelos ou copialos a outra cunha soa acción. Se tedes calquera dúbida podedes comentala aquí e intentamos resolvela. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de agosto de 2017 ás 08:20 (UTC)[responder]

Singular ou plural no remate das categorías "...por..." editar

Ollade as subcategorías de Categorías por países; Categorías por comunidades autónomas, todas rematas en "s" (plural).

Porén, non temos Adestradores por equipos da NBA, temos Adestradores por equipo da NBA.

Igual que:

Imaxes por temas vs Imaxes por tema

Álbums por intérpretes vs Álbums por intérprete

Personalidades por países de nacemento vs Personalidades por país de nacemento

Categorías por anos vs Categorías por ano (e tódalas subcategorías)

Aeronaves por fabricantes vs Aeronaves por fabricante

Deportistas por equipos vs Deportistas por equipo (e subcategorías)

Filmes por países de rodaxe vs Filmes por país de rodaxe

Categorías por linguas vs Categorías por lingua (e tódalas categorías)

Videoxogos por países de desenvolvemento vs Videoxogos por país de desenvolvemento

Obras narrativas por países de ambientación vs Obras narrativas por país de ambientación

Revistas por países de edición vs Revistas por país de edición

Batallas por guerras vs Batallas por guerra

Categorías por continentes vs Categorías por continente (e tódalas subcategorías)

Grandes Premios de Fórmula 1 por circuítos vs Grandes Premios de Fórmula 1 por circuíto

Filmes por directores vs Filmes por director

Filmes por directores por países vs Filmes por director por países

Tamén temos a Categoría:Categorías por séculos, mais a maioría das subcategorías son "por século" 8 en singular).

Cómpre unificar criterio. --. HombreDHojalata.conversa 14 de agosto de 2017 ás 07:52 (UTC)[responder]

@HombreDHojalata: Por min adoptamos o singular para todos (por país, por comunidade autónoma...), entre outras porque semella o criterio máis utilizado. A última que indicaches igual debería chamarse "Categoría:Filmes por nacionalidade do director" ou Categoría:Filmes por país do director" para seguir ese mesmo criterio. Irei facendo os cambios coa axuda do bot pouco a pouco. Banjo tell me 18 de setembro de 2017 ás 10:46 (UTC)[responder]

Cómpre revisión editar

Ola! Veño de engadir unha táboa de cidade no artigo de Morella e vin que ao introducir as coordenadas aparece mal localizado no mapa (aparece situado no concello limítrofe de Vallibona), cómpre xa que logo revisar o mapa de localización canto menos da provincia de Castelló, aínda que posiblemente tamén o da Comunidade Valenciana. Un saúdo, Piquito (conversa) 15 de agosto de 2017 ás 20:42 (UTC)[responder]

O de Almassora aparece no mar tamén, por exemplo. Piquito (conversa) 15 de agosto de 2017 ás 20:46 (UTC)[responder]
Si, hai un problema cos modelos de mapa de localización pero non sei como se amaña. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de agosto de 2017 ás 21:22 (UTC)[responder]

Improvements coming soon to Recent Changes editar

 

Hello

Sorry to use English. Por favor, axude a traducir á súa lingua! Grazas.

In short: starting on 26 September, New Filters for Edit Review (now in Beta) will become standard on Recent Changes. They provide an array of new tools and an improved interface. If you prefer the current page you will be able to opt out. Learn more about the New Filters.

What is this feature again?

This feature improves Special:RecentChanges and Special:RecentChangesLinked (and soon, Special:Watchlist – see below).

Based on a new design, it adds new features that ease vandalism tracking and support of newcomers:

  • Filtering - filter recent changes with easy-to-use and powerful filters combinations, including filtering by namespace or tagged edits.
  • Highlighting - add a colored background to the different changes you are monitoring. It helps quick identification of changes that matter to you.
  • Bookmarking to keep your favorite configurations of filters ready to be used.
  • Quality and Intent Filters - those filters use ORES predictions. They identify real vandalism or good faith intent contributions that need help. They are not available on all wikis.

You can know more about this project by visiting the quick tour help page.

Concerning RecentChanges

Starting on 26 September, New Filters for Edit Review will become standard on Recent Changes. We have decided to do this release because of a long and successful Beta test phase, positive feedback from various users and positive user testing.

Some features will remain as Beta features and will be added later. Learn more about those different features.

If your community has specific concerns about this deployment or internal discussion, it can request to have the deployment to their wikis delayed to October 1, if they have sensible, consistent with the project, actionable, realistic feedback to oppose (at the development team's appreciation).

You will also be able to opt-out this change in your preferences.

Concerning Watchlists

Starting on September 19, the Beta feature will have a new option. Watchlists will have all filters available now on the Beta Recent Changes improvements.

If you have already activated the Beta feature "⧼eri-rcfilters-beta-label⧽", you have no action to take. If you haven't activated the Beta feature "⧼eri-rcfilters-beta-label⧽" and you want to try the filters on Watchlists, please go to your Beta preferences on September 19.

How to be ready

Please share this announcement!

Do you use Gadgets that change things on your RecentChanges or Watchlist pages, or have you customized them with scripts or CSS? You may have to make some changes to your configuration. Despite the fact that we have tried to take most cases into consideration, some configurations may break. The Beta phase is a great opportunity to have a look at local scripts and gadgets: some of them may be replaced by native features from the Beta feature.

Please ping me if you have questions.

On behalf of the Global Collaboration team, Trizek (WMF) 14 de setembro de 2017 ás 15:27 (UTC)[responder]

Cambios recentes editar

Ola!

Agora mesmo en Especial:Cambios recentes poden amosarse/agocharse as edicións de usuarios/as rexistrados/as, as edicións anónimas, edicións propias, edicións de bots, edicións pequenas, categorizacións e wikidata. Sería tecnicamente posible poder escoller agochar as edicións de Cat-a-lot e de HotCat?

Graciñas! Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de setembro de 2017 ás 20:58 (UTC)[responder]

Eu non sei como se pode facer iso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de setembro de 2017 ás 08:22 (UTC)[responder]
Os novos filtros en probas de cambios recentes non permiten filtrar ou agochar por resumo de edición. Banjo tell me 18 de setembro de 2017 ás 10:47 (UTC)[responder]

Ola, Para referenciar algúns lugares remotos o mapeado de Google parecería unha ferramenta útil, pensei utilizala pero vin que non é usada na Galipedia nen nas outras wikis (polo que eu vin), daquela prefiro preguntar. É unha ferramenta non recomendada?, hai algún problema de dereitos? --Oliveira. (conversa) 7 de outubro de 2017 ás 10:26 (UTC)[responder]

Referencias podes poñer as que queiras Brais, o que non podes facer é poñer ligazóns externas dentro do corpo dos artigos. Para que queres usar o Google para referenciar? Hai que ter en conta que o Maps é unha ferramenta moi potente pero dependendo de para que cousas non é moi fiable. Por exemplo, para referenciar un topónimo eu non o usaría porque, por exemplo para os lugares de Galicia usan os nomes en castelanizados, se o tes configurado para galego xa non, pero aínda así ten algunha incorrección. Tendo iso en mente supoño que farán cousas semellantes noutros países. Se queres referenciar un topónimo podes usar o Nomenclátor, ou o Sixpac da Xunta, por exemplo. Para referenciar unhas coordenadas, si podería valer, sempre e cando comprobes antes que é correcta. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de outubro de 2017 ás 14:51 (UTC)[responder]
Entendido (pensaba en cousas como indicar unha pequena illa no medio do Pacífico ou cousas polo estilo), grazas. --Oliveira. (conversa) 8 de outubro de 2017 ás 16:31 (UTC)[responder]
Oliveira., se queres indicar a posición dunha illa e cousas así, o que podes facer é usar o modelo:Coordenadas, iso engade as coordenadas ó comezo do ficheiro, cunha ligazón na que se pode escoller o mapa na que buscalas, maps ou openstreet... Non sei se isto é o que buscas... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2017 ás 21:57 (UTC)[responder]
Eso exactamente, grazas de novo pola axuda. --Oliveira. (conversa) 9 de outubro de 2017 ás 09:26 (UTC)[responder]