Wikipedia:A Taberna (técnica)/Arquivo 14

Este é un arquivo da sección A Taberna (técnica) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18


Modelo:Se-vote editar

Bo día a todos. Vin que en meta:Stewards/Eleccións 2016 teñen un modelo chamado Template:Se-vote que penso que estaría ben importar á nosa wiki. Non sei se alguén (Banjo ou Toliño, por poñer algún exemplo) se animaría a facelo xa que leva varios modelos asociados, pero penso que se pode facer un máis sinxelo no que simplemente apareza a pantalla de votación coas opcións Concordo, Discordo e Neutro e que automaticamente o inclúa na votación. Podedes ver como funciona na páxina que puxen ao comezo. Nesta categoría aparecen todos os modelos relacionados. --AMPERIO (conversa) 13 de febreiro de 2016 ás 12:52 (UTC)[responder]

Non son só varios modelos os que habería que adaptar. Tamén hai que introducir un .js asociado para que faiga saír a fiestra popup coas opcións e insira automáticamente o código. A maiores de adaptar tanto modelos e o .js para as distintas votacións e títulos de páxinas locais, así como os modelos de precarga das votacións. É bastante choio. Eu teño cola de traballos pendentes, máis adiante quizáis, non podo prometer nada. Banjo tell me 13 de febreiro de 2016 ás 15:58 (UTC)[responder]

Usuarios confirmados e Creadores de contas editar

Segundo a configuración de grupos actual, nestes momentos non temos a capacidade de asignar os grupos "usuario confirmado" e "creador de contas".

Os usuarios confirmados, son usuarios normais, pero cando se lle asigna este grupo ó usuario este non ten porqué facer o mínimo de edicións para tornarse en usuario autoconfirmado, recibe os permisos automaticamente. Este é un grupo útil para wikimaratóns e eventos semellantes nos que se ensina a usar a Wikipedia, xa que así os novos usuarios non teñen problemas á hora de facer as súas primeiras edicións, evitando captchas e o filtro de abusos.

Os creadores de contas son usuarios normais, pero que poden crear contas para outras persoas sen límite por día. Este permiso está asignado "por defecto" a administradores e burócratas, pero non se pode asignar a ningún outro usuario. Se non teño mal entendido, este permiso pode ser beneficioso para profesores ou outro tipo de coordinadores que queran levar a cabo proxectos de edición na Wikipedia, xa que lles permite crear as contas dos seus alumnos/persoas ó cargo.

Coido que sería axeitado que os administradores tivesen a capacidade para asignar e retirar o grupo de "usuarios confirmados", e os burócratas a de asignar e retirar o grupo "creadores de contas", para facilitar e axudar nestas dúas situacións expostas.

Antes de facer unha petición no Phabricator para que se cambie esta configuración, é necesario chegar a un consenso primeiro para que admitan alí a petición e fagan o cambio, por iso esta mensaxe. Primeiro hai que deixar pasar uns días para que a xente opine aquí e indique se está de acordo ou non. Sería bo en particular ter a opinión dos "afectados" (admins e burócratas).

Calquera dúbida ou cuestión estarei atento para respondela o antes posible. Saúdos! Banjo tell me 26 de febreiro de 2016 ás 13:27 (UTC)[responder]

  Comentario Creei a petición no phabricator: T128948. En canto estea listo aviso por aquí e actualizo as páxinas de Wikipedia:Burócratas e Wikipedia:Administradores. Banjo tell me 5 de marzo de 2016 ás 10:54 (UTC)[responder]
Listo, xa aplicaron o cambio, foron máis rápidos do esperado. Quedan actualizadas as páxinas de Wikipedia:Administradores e Wikipedia:Burócratas. Banjo tell me 8 de marzo de 2016 ás 22:05 (UTC)[responder]
Grazas Banjo pola xestión do tema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2016 ás 00:15 (UTC)[responder]

VisualEditor News #1—2016 editar

Elitre (WMF), 26 de febreiro de 2016 ás 19:21 (UTC)[responder]

Tres tristes trebellos editar

Ola! Hai tres novos trebellos dispoñibles, que se poden activar nas Preferencias:

  1. Abrir as ligazóns externas nunha nova ventá ou lapela
  2. Desactivar os atallos de teclado
  3. Conversas en fíos: Engade cores ós fíos das conversas para destacar os distintos niveles de respostas nas páxinas de conversa.

Espero que resulten de utilidade. Saúdos! Banjo tell me 18 de marzo de 2016 ás 22:09 (UTC)[responder]

Grazas polo aviso Banjo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de marzo de 2016 ás 13:39 (UTC)[responder]

Do CDIX ao novo visor editar

O visor CDIX xa non está dispoñible, polo que para acceder aos recursos SIX debe utilizarse o novo visor de descargas, que é mellor, a súa dirección é http://mapas.xunta.gal/visores/descargas

Probade a consultar, por exemplo, os límites dunha parroquia concreta. Para iso hai que premer (na parte superior dereita) na lupa. Selecciónar TerritorialProvincia (a que sexa) → Concello (ídem) → Parroquia (ídem) e premer a lupa

(isto xa o facía o CDIX antigo, pero agora é máis cómodo e rápido) --. HombreDHojalata.conversa 14 de xuño de 2016 ás 20:57 (UTC)[responder]

Editing News #2—2016 editar

m:User:Elitre (WMF), 3 de xullo de 2016 ás 17:20 (UTC)[responder]


Imaxe en José Alonso de Trelles editar

Ola. Teño un problema que non sei por que non me sae como é debido unha imaxe dende a es: ó querer poñela en José Alonso de Trelles. Vou quitala e deixar aquí o código para que a vexades; seguro que é unha tontería:

Ficheiro:José Alonso y Trelles junto a Joquin Tejera.jpg

Grazas! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Agremon (conversacontribucións)

Usuario:Agremon, tiñas incompleto o título da imaxe conforme aparece en Commons. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de xullo de 2016 ás 19:13 (UTC)[responder]

The Wikimedia Developer Summit wants you editar

The Wikimedia Developer Summit is the annual meeting to push the evolution of MediaWiki and other technologies supporting the Wikimedia movement. The next edition will be held in San Francisco on January 9–11, 2017.

We welcome all Wikimedia technical contributors, third party developers, and users of MediaWiki and the Wikimedia APIs. We specifically want to increase the participation of volunteer developers and other contributors dealing with extensions, apps, tools, bots, gadgets, and templates.

Important deadlines:

  • Monday, October 24: last day to request travel sponsorship. Applying takes less than five minutes.
  • Monday, October 31: last day to propose an activity. Bring the topics you care about!

More information: https://www.mediawiki.org/wiki/Wikimedia_Developer_Summit

Subscribe to weekly updates: https://www.mediawiki.org/wiki/Topic:Td5wfd70vptn8eu4

MKramer (WMF) (talk) 14 de outubro de 2016 ás 19:07 (UTC)[responder]

Editing News #3—2016 editar

15 de outubro de 2016 ás 17:50 (UTC)