Wiener Stadthalle

Coordenadas: 48°12′07″N 16°19′58″L / 48.201944, 16.332778

O Wiener Stadthalle é un estadio situado en Viena, Austria, o máis importante da cidade.[1]

Datos
LocalizaciónAustria Viena, Austria
Construción
Inauguración1958
ArquitectoRoland Rainer
Estadio
Capacidade16.000 espectadores

Historia e características editar

Foi construído entre 1954 e 1958 baixo a dirección do arquitecto austríaco Roland Rainer.[2] En 2015 contaba con seis salas. A sala D tiña a forma dun cadrado de cen metros de lado, con capacidade para se adaptar a eventos variados (competicións deportivas, concertos, congresos) e albergar entre 3.000 e 16.000 persoas.[3] Outras das súas salas eran unha pista de xeo e un pavillón de ximnasia.

Neste estadio ofreceron concertos artistas como The Rolling Stones, Green Day, Queen, Frank Sinatra, ABBA, Michael Jackson, Miley Cyrus, Lady Gaga, Kylie Minogue, Shakira, Christina Aguilera, AC/DC, Metallica, Led Zeppelin, Pink Floyd, Dire Straits, Deep Purple, Guns N' Roses, U2, Laura Pausini, The Police, Britney Spears, entre outros.

O recinto foi elixido o 6 de agosto de 2014 como sede do Festival de Eurovisión 2015 que se celebrou o día 23 de maio de 2015 en Viena.

Notas editar

  1. Viena: vida nocturna Arquivado 24 de setembro de 2009 en Wayback Machine. en la Guía Mundial de Viajes (WTG)
  2. Proyectos de Roland Rainer Arquivado 17 de xuño de 2009 en Wayback Machine., en su biografía.
  3. Wiener Stadthalle Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en aeiou, Österreich-Lexikon

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar