U2

banda de rock irlandesa

U2 [juː tuː] é unha banda musical irlandesa liderada polo dublinés Bono (cantante) e The Edge (guitarra). Vén sendo unha das bandas de rock máis populares dende mediados dos anos 80, e son coñecidos tamén polas súas campañas humanitarias. Entre os seus discos máis destacados están The Joshua Tree (1987) e Achtung Baby (1991). O seu último disco na actualidade (2004) titúlase How to Dismantle an Atomic Bomb.

U2
En directo no ano 2005
OrixeDublín, Irlanda
Período1976–presente
Xénero(s)rock, rock alternativo, post-punk
Selo(s) discográfico(s)Mercury, Interscope, Island
MembrosBono
The Edge
Adam Clayton
Larry Mullen Jr.
Artistas relacionadosVirgin Prunes, Brian Eno, Daniel Lanois
Na rede
http://www.u2.com/ e https://www.u2.com/
IMDB: nm1277752 Allocine: 132571 TV.com: people/u2 IBDB: 489410
Facebook: u2 Twitter: u2 Instagram: u2 Tumblr: u2 MySpace: u2 Youtube: UC4gPNusMDwx2Xm-YI35AkCA TikTok: u2 Souncloud: u2 Spotify: 51Blml2LZPmy7TTiAg47vQ iTunes: 78500 Last fm: U2 Musicbrainz: a3cb23fc-acd3-4ce0-8f36-1e5aa6a18432 Songkick: 313388 Discogs: 6520 Allmusic: mn0000219203 Deezer: 163 Genius: U2 Editar o valor em Wikidata

O 20 de novembro de 2006 editouse un novo recompilatorio de U2 titulado U218 con 16 dos seus temas máis coñecidos e dúas cancións inéditas "Window in the Skies" e "The Saints are Coming", esta última gravada xunto a Green Day a beneficio das zonas afectadas polo furacán Katrina, versión dun tema dos anos 70 do grupo escocés The Skids.

Historia editar

Formación editar

U2 formouse en Dublin, Irlanda, o 25 de setembro de 1976. Larry Mullen Jr., que por entón tiña 14 anos, puxo un anuncio no taboleiro do seu instituto (o Mount Temple Comprehensive School) buscando músicos para unha nova banda. Sete adolescente asistiron aos primeiros ensaios na cociña de Mullen. Coñecido inicialmente como "The Larry Mullen Band", o grupo estaba formado por Mullen na batería, Adam Clayton no baixo, Paul Hewson (Bono) na voz, Dave Evans (The Edge) e o seu irmán Dick Evans nas guitarra, así como Ivan McCormick e Peter Martin, outros dous amigos de Mullen. Pouco despois, a banda adoptou o nome "Feedback", porque era dos poucos termos técnicos que coñecían. Martin non volveu despois do seu primeiro ensaio, e McCormick deixou o grupo ás poucas semanas.

 
Bono en 1992

En marzo de 1977, a banda cambiou o nome por "The Hype". Dick Evans, que era o máis vello e nese tempo estaba na universidade, facía un número impar de membros cando o resto dos compoñentes tiña a idea dun grupo formado por catro persoas; el foi sendo "retirado" progresivanebte ata marzo de 1978.

A orixe do nome "U2" non é claro; nunha lista de seis nomes proporcionada polo gurú do punk rock de Dublin Steve Averill, "U2" foi elixido pola súa ambigüidade e interpretación aberta, e porque foi o nome co cal os membros da banda discreparon menos.

O día de Saint Patrick de 1978, U2 gañou un concurso de talentos en Limerick, Irlanda. O premio consistía en 500 libras e a gravación dunha demo. A banda gravou a súa primeira demo nos Keystone Studios, en Harcourt Street, Dublin, en abril de 1978. En maio, Paul McGuinness, que fora presentado á banda polo xornalista de Hot Press Bill Graham, accedeu a ser o manager de U2.

O seu primeiro lanzamento foi un EP só editado en Irlanda titulado Three, que apareceu en setembro de 1979, sendo o primeiro éxito da banda nas listas irlandesas. En decembro de 1979, U2 actuou en Londres no seu primeiro concerto fóra de Irlanda, aínda que non tiveron moita atención por parte do público e da crítica. En febreiro de 1980 foi editado o seu segundo sinxelo, "Another Day", a través do selo CBS, pero, ao igual que o primeiro, só no mercado irlandés.

Boy, October e War (1980 - 1983) editar

A banda asinou un contrato co selo Island Records en marzo de 1980, e "11 O'Clock Tick Tock" converteríase na súa primeira edición internacional no mes de maio. O primeiro álbum da banda, Boy, aparecería en outubro, e foi considerado un dos mellores álbums de estrea da historia do rock. A pesar de que as letras de Bono estaban desenfocadas e aparentemente improvisadas, os seus temas comúns son as esperanzas e frustracións da adolescencia, así como o medo sobre o sexo, identidade, confusión, morte e os incontrolables cambios de humor. O álbum incluía primeiro hit da banda no Reino Unido, "I Will Follow". A edición de Boy foi seguida pola primeira xira de U2 no continente europeo e nos Estados Unidos.

O segundo álbum da banda, October, editouse en 1981 e contén temas claramente máis espirituais; Bono, The Edge e Mullen uníranse a un grupo cristián en Dublín chamado Shalom Fellowship, que os conduciu a facerse preguntas sobre a relación entre a fe cristiá e o estilo de vida do rock. As críticas do álbum foron moi variadas, e resultou ser o seu álbum con menos vendas.

Resoltas as dúbidas do período de October, U2 editou War en 1983. Este foi o primeiro éxito comercial da banda, estreándose no número 1 do Reino Unido, e sendo o seu primeiro sinxelo, "New Year's Day", o seu primeiro grande hit no estranxeiro.

Na xira de War, a banda actuou en concertos totalmente cheos de público tanto en Europa coma nos Estados Unidos. A imaxe de Bono ondeando unha bandeira branca durante a interpretación de "Sunday, Bloody Sunday" comezou a facerse unha visión familiar. Durante a xira a banda gravou o álbum en directo Under a Blood Red Sky, e tamén foi editado un vídeo, sendo ámbolos dous emitidos con bastante frecuencia polas radios e a MTV.

O seu desfavorable contrato coa Island estaba chegando ao seu fin, e en 1984 a banda asinou unha excepcionalmente lucrativa prórroga. Renunciou a un elevado pago inicial, pero negociou a devolución dos seus dereitos de autor, un aumento nos seus royaltis e melloras en xeral do seu contrato.

The Unforgettable Fire e Live Aid (1984 - 1985) editar

The Unforgettable Fire editouse no ano 1994. Ambiental e abstracto, foi o cambio máis marcado na dirección da banda ata ese momento. A banda tiña medo de, despois dun disco coma War, e da súa xira, abertamente rock, converterse nunha típica banda estridente de rock. Polo tanto optaron pola experimentación. Da produción encargouse Brian Eno xunto co seu enxeñeiro Daniel Lonois.

The Unforgettable Fire ten un son rico e orquestrado. Baixo a dirección de Daniel Lanois as baterías de Larry fanse máis sutís, e o baixo de Adam máis subliminal. A sección rítmica xa non invadía os temas, senón que fluía apoiándoos. Como complemento á atmosfera sonora, as letras están abertas a moitas interpretacións. Aínda que debido a un apertado calendario de gravación, Bono considerou as letras dos temas "Bad" e "Pride (In the Name of Love)" incompletas, sendo só un esbozo da idea que tiña. Esta última, que fala sobre Martin Luther King, foi o primeiro sinxelo do álbum e converteuse no maior hit da banda ata ese momento.

U2 participou no concerto Live Aid pola fame en Etiopía no Wembley Stadium en xullo de 1985. A actuación da banda diante de 82.000 fans foi un punto importante na carreira de U2. Durante os 14 minutos do tema "Bad", Bono saltou fóra do escenario para abrazar e bailar cun seareiro, amosando a unha audiencia de televisión de millóns de persoas a conexión persoal que Bono podía ter co público.

The Joshua Tree e Rattle and Hum (1986 - 1989) editar

Decatándose de que "U2 non tiña ningunha tradición" e que o seu coñecemento da música dende a súa infancia era moi limitada, o grupo decidiu explorar as raíces da música irlandesa e estadounidense. A súa amizade con Bob Dylan, Van Morrison e Keith Richards motivounos a explorar o blues, o folk e o gospel. Para o seu quinto álbum, The Joshua Tree, a banda quería construír unhas texturas como en The Unforgettable Fire, pero tamén facer algo menos experimental, buscando un son máis duro usando estruturas de cancións máis convencionais. U2 interrompeu as gravacións do álbum en 1986 para ser a banda principal da xira de Amnistía Internacional A Conspiracy of Hope. En vez de ser unha distracción, a xira engadiulle máis intensidade e un novo enfoque ao seu novo material. En 1986, Bono viaxou ao Salvador e Nicaragua e viu de primeira man o sufrimento dos labregos acosados polos conflitos internos debido á intervención política estadounidense. A experiencia converteuse na principal influencia para a súa nova música.

The Joshua Tree foi editado en marzo de 1987 e nel a banda facía unha xustaposición da antipatía que tiña cara aos Estados Unidos e a profunda fascinación dos mesmos con dito país, debido aos seus espazos abertos, a súa liberdade e os seus iguais. A banda quería música cun sentido de situación e unha calidade "cinematográfica", ademais de que o novo son do disco estaba inspirado nas metáforas creadas por escritores estadounidenses que a banda estivera lendo. The Joshua Tree converteuse no álbum con vendas máis rápidas na historia das listas británicas, e estivo na cima da Billboard 200 estadounidense durante nove semanas. Os seus dous primeiros sinxelos, "With or Without You" e "I Still Haven't Found What I'm Looking For", convertéronse rapidamente nos primeiros números 1 da banda nos Estados Unidos.

U2 foi a cuarta banda de rock en aparecer na portada da revista Time (The Beattles, The Band e The Who foron as anteriores). O álbum fixo que U2 gañase os seus dous primeiros premios Grammy[1], e o seu éxito medrou grazas a eles. Moitas publicacións, incluída a Rolling Stone, citaron a The Joshua Tree como un dos mellores álbums de rock de todos os tempos. A The Joshua Tree Tour foi a primeira xira na que a banda tocou en grandes estadios, ademais de facelo en recinos máis pequenos.

O documental Rattle and Hum ten imaxes da The Joshua Tree Tour, e o dobre álbum que o acompañou, co mesmo nome, inclúe nove temas de estudio e seis cancións en vivo. Editados en outubro de 1988, o álbum e a película eran un tributo á música estadounidense; incluían gravacións nos Sun Studios de Memphis e actuacións con Bob Dylan e B. B. King. Rattle and Hum comportouse de xeito modesto nos portelos e recibiu críticas divididas, tanto para o filme como para o álbum. O director da película, Phil Joanou, descríbea como "unha mirada demasiado pretenciosa a U2". A meirande parte do novo material do álbum foi tocado na xira de 1989 Lovetown Tour, que só visitou Australia, o Xapón e Europa, para evitar a crítica nos Estados Unidos. Ademais, as súas actuacións en vivo medraran dun xeito que non lles satisfacía; Mullen chegou a dicir "Éramos os máis grandes, pero non éramos os mellores". Cunha sensación de estancamento musical, Bono dixo aos seareiros nunha das últimas datas da xira que era "o final de algo para U2" e que tiñan que "desaparecer e... soñalo todo novamente".

Achtung Baby, Zoo TV e Zooropa (1990–93) editar

Molesta polas críticas de Rattle and Hum, a banda tratou de transformarse musicalmente. Buscando inspiración nas vésperas da reunificación alemá, comezaron a traballar no seu sétimo álbum de estudio, Achtung Baby, nos Hansa Studios de Berlín en outubro de 1990 cos produtores Daniel Lanois e Brian Eno. As sesións foron conflitivas, xa que se discutiu sobre a dirección musical a tomar e sobre a calidade do material. Mentres que Clayton e Mullen preferían un son semellante aos anteriores traballos de U2, Bono e The Edge inspiráronse na música industrial e na música dance electrónica avogaban por un cambio. Semanas de tensión e un progreso lento case levan á ruptura do grupo, ata que conseguiron un gran avance coa composición improvisada da canción "One". Regresaron a Dublín en 1991, onde a moral mellorou e completouse a meirande parte do álbum.

Achtung Baby publicouse en novembro de 1991. O álbum representou un calculado cambio na dirección musical e temática do grupo; o cambio foi dos máis dramáticos dende The Unforgettable Fire. Musicalmente o disco incorporou influencias do rock alternativo, a música dance e a música industrial da época, e a banda referiuse a esta partida musical como "catro homes abatendo o Joshua Tree". Tematicamente foi máis introspectivo e persoal; era máis escuro, aínda que ás veces máis frívolo que o anterior traballo da banda. A nivel de vendas e de crítica foi un dos discos máis exitosos de U2. Del sacáronse cinco sinxelos, incluídos "The Fly", "Mysterious Ways" e "One", e foi unha parte crucial da reinvención da banda a principios dos 90.[2] Ao igual que The Joshua Tree, moitas publicacións falaron deste traballo como un dos mellores da música rock.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Boy 1980 Island Records
October 1981 Island Records
War 1983 Island Records
The Unforgettable Fire 1984 Island Records
The Joshua Tree 1987 Island Records
Rattle And Hum 1988 Island Records
Achtung Baby 1991 Island Records
Zooropa 1993 Island Records
Pop 1997 Island Records
All That You Can't Leave Behind 2000 Island/Interscope
How to Dismantle an Atomic Bomb 2004 Island/Interscope
No Line On The Horizon 2009 Interscope
Songs of Innocence 2014 iTunes
Songs of Experience 2017 Interscope, Universal Canada
Songs of Surrender 2023

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar