Dire Straits

Banda de rock británica

Dire Straits (expresión inglesa que significa "situación desesperada") foi unha banda de rock británica creada en 1977. Os membros orixinais eran Mark Knopfler (guitarra e voz), o seu irmán David Knopfler (guitarra), John Illsley (baixo) e Pick Withers (batería).

Dire Straits
Mark Knopfler, líder dos Dire Straits
OrixeLondres, Inglaterra
Período1977 - 1995
Xénero(s)rock
Selo(s) discográfico(s)Phonogram, Vertigo, Warner Bros.
Antigos membrosMark Knopfler
John Illsley
Alan Clark
Guy Fletcher
David Knopfler
Hal Lindes
Terry Williams
Jack Sonni
Pick Withers
Na rede
https://direstraits.com
IMDB: nm1275382 Facebook: DireStraits Youtube: UCc4o6gJBS8VQto3ZR5Z_wcw Souncloud: direstraits Spotify: 0WwSkZ7LtFUFjGjMZBMt6T iTunes: 648427 Last fm: Dire+Straits Musicbrainz: 614e3804-7d34-41ba-857f-811bad7c2b7a Songkick: 393353 Discogs: 103687 Allmusic: mn0000167517 Deezer: 176 Genius: Dire-straits Editar o valor em Wikidata

En 1978 sacaron o seu primeiro álbum, Dire Straits, sen moita repercusión ata que publicaron o sinxelo Sultans of Swing, que lle deu sona ao disco e fixo que se vendese moi ben. O ano seguinte lanzaron Communiqué. O seu terceiro álbum, Making Movies, contou coa colaboración nos teclados de Roy Bittan (da banda de Bruce Springsteen). En 1985 publicaron Brothers in Arms, con grande éxito de vendas. Este álbum incluía "Money for Nothing", cantada a dúo por Mark Knopfler e Sting.

Traxectoria editar

A creación do grupo comezou en Londres, onde tres amigos compartían piso. Tratábase dos irmáns Mark e David Knopfler, xunto a John Illsley. Mark traballaba como mestre de escola, David era asistente social e John traballaba nunha tenda de discos. A súa situación económica non lles permitía demasiadas ledicias.

A eles acostumaba unírselles o seu amigo Pick Whiters, quen era o único que estaba introducido no mundo da música. Posuía experiencia coma músico, tras participar nalgúns grupos. En 1977 Pick e Mark deciden crear un grupo. Pick suxire o nome: 'Dire Straits', algo así coma 'camiños calamitosos'. Xuntos, os catro compoñentes do grupo conseguen reunir os cartos para gravar unha maqueta. Nela, catro temas: 'Wild West End', 'Water Of Love', 'Sacred Loving' e 'Sultans Of Swing'.

Cando un coñecido disc-jockey dunha emisora de radio en Londres pinchou a maqueta na súa emisora, a reacción da audiencia foi moi favorable, o que obrigou ó pinchadiscos a seguir emitindo a música dos Knopfler e compaña. Entre os ouvintes da emisora atopábase un coñecido representante da casa discográfica Fonogram, á busca de novos talentos, quen non cesa ata que consegue que os Dire asinan un contrato coa súa compañía. O mesmo representante de Fonogram preséntalles a unha representante para os seus concertos.

Os Dire Straits actúan coma abreconcertos do grupo norteamericano 'Talking Heads', na súa xira por Gran Bretaña, o que lles permite coller experiencia e darse a coñecer. Entre tódalas notas do grupo destacan as da guitarra de Mark Knopfler, quen nos obsequia con sons extraordinarios entre o Blues e o Rock.

En marzo de 1978 publican o seu primeiro álbum, 'Dire Straits'. Pouco despois comezan a facer concertos en solitario, incluso fóra do Reino Unido. Por desgraza, as vendas do disco non son demasiado elevadas. Un ano despois gravan 'Communiqué', o seu segundo álbum e o menos vendido do grupo. Para compensar, sacan 'Making Movies', unha volta ao rock clásico, con temas máis fortes. Con 'Lover Over Gold' dan un novo xiro ao seu estilo, máis ao aire que a Mark lle gusta seguir. Un disco con sons case orquestais, aínda que sobre a base do Rock.

En 1984 sae á luz 'Alchemy', unha selección de dez cancións recollidas dos concertos en directo do grupo na xira do ano anterior. A finais de 1984 encerranse para preparar o seu novo disco. A gravación deste novo álbum levoulles varios meses e nel colaboraron artistas do talle de Sting. O novo álbum, Brothers In Arms foi o seu disco máis vendido en todo o mundo, con cancións como "So Far Away", "Money For Nothing" ou "Walk Of Life".

A xira do disco Brothers In Arms supuxo repetir o éxito colleitado polo disco. Durou dous anos e ofreceron 250 concertos en todo o mundo. O seguinte foi unha recompilación das súas mellores cancións e 'Money For Nothing' foi o título escollido.

En 1991 publicaron On Every Street, que non cubriu as expectativas xeradas polos anteriores títulos e que foi, ata a data, o último dos Dire Straits. Aínda que non anunciaron definitivamente a súa separación, a verdade é que realizan traballos independentes. Por exemplo, Mark Knopfler editou varios discos en compaña da súa guitarra, varios deles coma bandas sonoras para películas.

O 21 de agosto de 1992 actuaron no Estadio de Balaídos de Vigo, ante 40.000 persoas[1].

Discografía editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar