Tsunade (綱手?), co título de Godaime Hokage (五代目火影 Quinta Sombra do Lume?) é unha personaxe do manga e anime Naruto.

Naruto
Nome real Tsunade
Idade 51
Altura 163,1 cm
Peso 49,9 kg
Ocupación Sannin, Hokage
Aldea
  • Aldea Oculta de Konoha
  • País País do Lume
    Mestre Sarutobi
    Equipo Sannin: Jiraiya, Orochimaru
    Relevancia Personaxe principal
    Familia Nawaki (irmán máis novo, falecido), Hashirama Senju (Avó, falecido), Mito Uzumaki (Avoa, falecida), Tobirama Senju (tío avó, falecido)
    Seiyū Masako Katsuki
    Naruto: Shippūden
    Nome real Orochimaru
    Idade 53
    Altura 163,1 cm
    Peso 49,9 kg
    Ocupación Sannin, Hokage
    Aldea Aldea Oculta de Konoha
    País País do Lume
    Relevancia Principal
    Seiyū Masako Katsuki
    Jutsu
  • Kuchiyose no jutsu
  • Ninpo Souzou Saisei
  • Fûin Jutsu, Gogyô Fûin
  • Fûin Jutsu, Gogyo Kaiin
  • Isshi Resshin
  • Chûsûsei Biribiri
  • Satsugaite no Jutsu
  • Dokunuki no jutsu
  • Oōsen Ninpou, Shoosen no jutsu
  • Chakra no Mesu
  • Chikatsu saisei no jutsu
  • Ryō no jutsu
  • Nōhi no jutsu
  • O seu nome significa "Corda Anoada". É neta do Primeiro Hokage, e unha kunoichi da Aldea Oculta de Konoha e formou parte do equipo de Jiraiya, Orochimaru e o seu líder e mestre o Terceiro Hokage. Despois da Terceira Gran Guerra Ninja, a ela xunto cos seus compañeiros de coñecéuselles co nome de Os tres lendarios Sannin. É a única dos tres sannin que ten habilidades como ninja médico.

    Historia editar

    Primeira parte editar

    Tsunade ten 53 anos, pero emprega un Jutsu que lle permite ter a aparencia dunha muller de 20 anos. Ten grande afección polos xogos azar, pero nas apostas case sempre perde, polo que gañou o título da Lendaria perdedora (mesmo perde ante Naruto); e cando gaña, é un agoiro de que algo malo está a piques de ocorrer.

    Pertence ós lendarios Sannin (sannin é unha forma de dicir 3 ou grupo de tres en xaponés) xunto a Jiraiya e Orochimaru. Os tres foron alumnos de Hiruzen, o Terceiro Hokage. A pesar de ser a neta do Primeiro Hokage, Tsunade tivo un pasado tráxico. O seu irmán máis novo Nawaki e o seu mozo Dan, morreron durante as guerras entre as aldeas. Debido a isto, Tsunade adestrouse como ninja médico pero finalmente decidiu deixar a aldea con Shizune, a sobriña de Dan, a quen acolleu como alumna. Debido á morte do Terceiro Hokage, Jiraiya e Naruto van na súa busca para solicitarlle que acepte o posto de Quinto Hokage. Aínda que nun principio négase, a pelexa contra Orochimaru e a valentía de Naruto, fíxolle ver que estaba nun erro e finalmente acepta o cargo. Xa en Konoha toma a Sakura Haruno como alumna.

    Segunda parte editar

    En Shippuden tivo unha boa reacción ante a chamada de axuda da Area, e acertou ó enviar ó grupo de Gai como apoio. Outro acerto foi elixir a Yamato para substituír a Kakashi no equipo 7, xa que el é capaz de controlar ó Kyubi.

    A Sanin apostou con Jiraiya a que el volvería a Konoha logo da súa misión na Aldea Oculta da Chuvia e Jiraiya aceptou gustoso, entón Tsunade decatouse de que Jiraiya xa non pensaba regresar. A pesar de que Shizune lle daba ánimos, ela presentía o que lle ocorrería ó seu compañeiro. Polo que ó parecer láiase de non ter ido con el.

    Tsunade tivo bo ollo ó elixir ós equipos en busca de Itachi Uchiha pero a misión fallou debido á morte do membro de Akatsuki e a toma de Sasuke por parte de Tobi.

    Trala morte de Jiraiya, e a recuperación de ninjas de Kumogakure e un dos corpos de Pain, Tsunade encoméndalle a autopsia e o interrogatorio a Shizune, Sakura e Ino mentres que Shikamaru, Kakashi e Naruto descifraban as pistas e o significado da mensaxe enviada por Jiraiya.

    Pouco tempo despois, Pain xunto cos seus corpos e Konan comezan a invasión a Konoha. Mentres Shizune descobre que os metais que hai en tódolos corpos transfiren chakra, comeza a destrución de Konoha polo cal van a informarlle o máis rápido a Tsunade, a cal mira pola fiestra todo o fume e o lume que sae da aldea recordando así a profecía do Sanin e mandando a chamar a Naruto.

    Misións Feitas editar

    • Rango D: 40
    • Rango C: 236
    • Rango B: 467
    • Rango A: 418
    • Rango S: 95

    Véxase tamén editar