Pain (ペイン Pein?) é unha personaxe do manga e anime Naruto. anteriormente coñecido como Nagato (長門?). Pein é o líder da Organización Akatsuki e dirixe as acción do grupo xunto a Tobi. Ten o anel 零 (れい, Rei, cero/nada/exceso), e lévao no polgar dereito. É o que comeza e supervisa a técnica que saca ao Bijū dun jinchūriki capturado, invocando a grande estatua. Ademais, realiza a técnica de cambio de forma que foi usada para reter aos ninjas de Konoha na tentativa de rescate de Gaara.

Naruto: Shippūden
Nome real Pain
Idade Descoñecida
Altura 176,5 cm
Peso 57,2 kg
Ocupación Líder de Akatsuki
Aldea Aldea Oculta da Choiva
País País da Choiva
Mestre Jiraiya
Equipo Konan, Yahiko
Familia Clan Fūma
Jutsu
  • Rin'negan
  • Kuchiyose no Jutsu
  • Fūinjutsu, Genryū Kyū Fūjin
  • Ukojizai no Jutsu
  • Kyōmen Shūja no Jutsu
  • Shōten no jutsu
  • O rostro de pain

    Descrición editar

    Ao comezo só se amosa a súa silueta durante a extracción dos Bijū, cun peiteado semellante aos de Naruto Uzumaki ou Minato Namikaze, cuns ollos con varios círculos concéntricos de distintos tons de gris. Aparace en persoa por primeira vez moi brevemente ao final do capítulo 329 do manga, revelando os obxectivos finais de Akatsuki. Vémolo sobre unha estatua nunha gran cidade, onde os edificios, aínda que similares en aspecto aos de Konoha, son moito máis altos, e están cubertos de tubos e cables. Esta cidade resulta ser a Aldea Oculta da Choiva. Sábese que ten o pelo rubio é o único que deu ordes aos outros membros directamente, sen que ninguén se opuxese ou lle desafiase, salvo ao mellor Hidan, que mesmo lle chegou a insultar.

    No capítulo 363 aparece ao descuberto, mostrando múltiples piercing nos beizos, o nariz e as orellas, véndose o seu protector que demostra que é un ninja renegado da Aldea Oculta da Choiva. Aparece xunto con Konan, a súa compañeira e amiga de toda a vida.

    Infancia editar

    Os sannin de Konoha, Orochimaru, Tsunade e Jiraiya, volvían dunha guerra coa Aldea Oculta da Choiva. Ao estaren a descansar apareceron tres pequenos: Nagato, Yahiko e Konan, os cales pedíronlles algo de xantar xa que eran orfos e non tiñan a ninguén no mundo, ademais Yahiko preguntou se os podían adestrar en ninjutsu para sobrevivir. Tsunade, co seu carácter, ofendeuse,Orochimaru respondeu que sería mellor matalos para aforrarlles sufrimento, mais Jiraiya dixo estar disposto a coidalos até que puidesen valerse por si mesmos.

    Yahiko demostra ser o líder do grupo e ter boas intencións. Un día el e Nagato son atacados por un ninja doutra aldea en ausencia de Jiraiya, e Nagato, ao ver a Yahiko ferido, utiliza unha técnica que el mesmo descoñecía e mátao, salvando ao seu amigo. Jiraiya chega pronto ao lugar, e advirte nos ollos de Nagato que até agora non se viron, o que el identifica como o máis venerable dos tres grandes Dōjutsu, o Rin'negan (ollos de Metempsicose), (os outros son o Sharingan e o Byakugan). Jiraiya, ao igual que todo o mundo ninja crían que esta técnica ocular era só unha lenda, pois se di que a posuía o "Sabio dos 6 Camiños", creador do ninjutsu moderno. Estes son os ollos de Pain, polo en principio dedúcese que Nagato dalgún xeito é Pein.

    Nagato por aquel entón falaba moi pouco, sempre lamentándose pola morte dos seus pais na guerra e polo que lle fixo ao ninja que lles atacou. Jiraiya dille que debe madurar para afrontar correctamente estes sucesos. A partir dese día, decide adestrarlles, dado que até entón, só lles estaba coidando.

    Jiraiya dálles a coñecer varias técnicas. A Yahiko vémolo executar unha justu de tipo Suiton (técnica acuática), a Konan utilizar o seu Origami, e a Nagato un justu Fūton (vento), combinando as técnicas para derrotar a un Kage Bunshin do seu mestre e derrotalo. Ao conseguilo, Jiraiya determina que xa acabaron o seu adestramento e que maduraron o suficiente, polo que decide volver a Konoha.

    Akatsuki editar

    Descoñécese o que lle ocorreu a Pain dende que Jiraiya se foi até que comezou a actuar con Akatsuki, aínda que se oen rumores de que nunca perdeu un combate. Polo seu protector rachado, pertenceu á Aldea Oculta da Choiva que pasou a liderar tras acabar con Salamandra Hanzō, anterior dirixente da Vila e un dos shinobi máis temidos da historia, ao cal a parte de matalo acabou coa vida de todo familiar, amigo ou persoa que se relacionase con el. Na Vila Oculta da Choiva ninguén sabe realmente se Pain existe ou non, considérano coma un Deus protector ao que ninguén nunca viu. Ao momento da súa aparición, Pein tiña un corpo parecido ao de Yahiko. Posteriormente, trasládase a unha persoa rubia cun protector tachado da Aldea Oculta da Choiva para a súa loita con Jiraiya.

    Chega a dicir que non se debe tomar a Naruto á lixeira e que a súa captura (que Tobi ordenoulle) non será sinxela, pero Konan comenta que aínda está por chegar a súa primeira derrota, aludindo a que non foi vencido nunca.

    A principal habilidade que posúe Pain é poder dominar os 5 elementos grazas ao Rin'negan.

    Outra habilidade que ten é que pode usar até 6 corpos que poden ver, sentir e pensar o mesmo, posiblemente esta habilidade débese ao Rin'negan, e tamén e posible que o Rin'negan non se limite soamente a isto. Parece ser que cada corpo de Pain ten unha habilidade diferente: invocacións (pode invocar distintos monstros en batalla, todos eles con piercings e aparentemente o Rin'negan), jutsu médico, aboserver técnicas ou chakra do rival... Unha mensaxe póstuma de Jiraiya semella que di que o verdadeiro corpo de Pain non é ningún dos 6 coñecidos.

    Pain e os seus corpos editar

    Pain pode usar un jutsu que lle permite detectar perturbacións ou irrupcións grazas á choiva que crea. Ten a capacidade de deter ou provocar esta, como demostra ao detela para que Konan realice a súa técnica.

    Logo de aparecer Jiraiya na súa vila, ao detectalo coa choiva Pain entra nunha habitación onde hai 5 corpos mais co traxe de Akatsuki meténdose nunha especie de cápsula.

    Así pois logo de meterse nesa cápsula co suposto corpo de Yahiko sae con outro corpo (cun cabelo moi semellante ao de Deidara) e vai na procura do seu antigo mestre, e como característica común ao primeiro corpo mostrado ten o corpo cuberto de piercings. Cando Konan lle pregúnta se vai matar a Jiraiya este dille "Claro, por iso cambiei a este corpo". Cando se atopa cara a cara con Jiraiya, este recoñéceo como Nagato polo Rin'negan pero non chega a convencerse totalmente. Este corpo ten a habilidade de poder facer un gran número de invocacións, primeiro invocando lagostas e cangrexos xigantes, logo invoca un camaleón con cornos, ás e cola de serpe que ten a habilidade de facerse invisible; logo invoca un can de varias cabezas que se podía dividir en varios cans por cada cabeza e ademais aumentar en número de cabezas, máis tarde invoca a un paxaro cun pico longo e finalmente a un búfalo.

    Despois dunha ardua batalla entre as invocacións e Jiraiya, outros dous corpos de Pain aparecen en escena (invocando logo un oso panda feito de pedra). Os 2 Pain invocados, foron un gordo coa habilidade de absorber os ninjutsu e un fraco do cal se descoñecen as habilidades inda que semella que contaba cun alto nivel de Taijutsu.

    Jiraiya (grazas a un poderoso genjutsu no seu modo ermitán) logra finalmente inmobilizar aos 3 corpos de Pain, para despois cravarlles espadas no peito de cada un. Cando o Ero-Sennin xa se está retirando é atacado por sorpresa por outro corpo e coma consecuencia perde un brazo. Nese intre son aí revelados os dous derradeiros corpos de Pain, uns deles parecido ao primeiro pero con aparencia mais vella e outro con cara riseira pero malévola, ambos os cheos de piercings e posiblemente co cabelo roibo.

    Jiraiya fica sorprendido cando os 6 corpos de Pain, mesmo os que mataron, móstranse ante fronte el dicíndolle: "É a hora de que coñezas a seis vías da dor/Pain (Pain en inglés é Dor) e entón o corpo que se parece a Yahiko dille que Pain é o nome compartido polos 6; aí é cando Jiraiya nota o seu parecido con Yahiko (supostamente morto segundo palabras do Pain das invocacións) e pregunta que por que os seis teñen o Dōjutsu lendario (ademais de por que ningún dos seis corpos se asemella a Nagato) ao que soamente atina a responder "Somos Pain... Somos Deus"

    Logo de cavilar mentres pelexaba Jiraiya descobre que o Pain das invocacións é un ninja do clan Fūma (ou polo menos o seu corpo) co que xa pelexara antes; tamén lembra que a profecía lle dicía que ía viaxar polo mundo e observar a creación. E cando volve ver aos seis Pain recorda os seus rostros, efectivamente un era Yahiko o Pein alto e de cabelo longo era un ninja da Fervenza e a gordo era un ninja da Herba.

    Tamén se amosa que as armas que levan ten a capacidade de alterar o chakra dos que atravesan. Jiraiya antes de morrer descobre a súa identidade antes de ser derrotado e deixa sobre as costas de "Pa" (Un dos sapos que o acompañan no modo ermitán) os código (タ, 31, 8, 106, 7, 207, 15), o cal parece dicir en principio "Non é real" ou "o verdadeiro non está"

    Máis tarde mentres Tobi conversa con Konan e Pein, para ir a Konoha na procura do Kyūbi, pódense observar que posúe 6 corpos, debido a que se agregou a un novo ninja ao grupo de Pain para substituír o que faleceu na pelexa contra Jiraiya, de sexo até o momento indefinido, probablemente unha muller.