Kakashi Hatake

personaxe do manga e anime Naruto

Hatake Kakashi (はたけカカシ Hatake Kakashi?) é unha das personaxes principais do manga e anime Naruto. É un jōnin da Aldea Oculta de Konoha e antes pertenceu ao ANBU. Sempre chega tarde aos sitios (aducindo desculpas pouco críbeis) e gústalle ler novelas eróticas en todo momento libre inda que é un gran ninja moi respectado e cunha intelixencia e habilidade privilexiadas. O que máis destaca de Kakashi é o seu cabelo, prateado e encrespado, e o xeito no que agocha parte da súa face: por un lado, oculta o seu ollo esquerdo co protector ninja de Konoha, mentres que tamén oculta a súa boca cunha máscara (pese a isto, dáse a entender nun capítulo extraoficial do manga (no Oficial Character Data Book) que é un home moi xeitoso)

Naruto
Idade 26/27
Altura 181 cm
Peso 67,5 kg
Aldea Aldea Oculta de Konoha
País País do Fogo
Mestre
  • Namikaze Minato
  • Equipo Equipo
  • Uchiha Obito
  • Rin
  • Namikaze Minato
  • Relevancia Personaxe principal
    Familia Sakumo Hatake (pai †)
    Seiyū
  • Kazuhiko Inoue
  • Naruto: Shippūden
    Idade 29
    Altura 181 cm
    Peso 67,5
    Ocupación Jōnin
    Aldea Aldea Oculta de Konoha
    País País do Fogo
    Equipo Equipo Kakashi
  • Naruto Uzumaki
  • Sakura Haruno
  • Kakashi Hatake
  • Yamato
  • Sai
  • Relevancia Personaxe principal
    Jutsu
    Estatísticas

    Historia editar

    Pasado editar

    Cando era máis novo, Kakashi era unha persoa que seguía estritamente as regras. Este comportamento debíase a que o seu pai, Sakumo Hatake, alcumado o Cabeiro Branco de Konoha (sendo o seu poder comparábel, segundo se dicía ao dos sannin), foi deshonrado ao abandonar unha misión para salvar aos seus compañeiros, o cal estaba fóra das regras dos ninjas, xa que por iso a misión fracasou e incluso aqueles aos que salvara déronlle as costas. O pai de Kakashi, logo dunha grande depresión e da perda da súa reputación, suicidouse.

    Cando Kakashi acadou o rango de jōnin, marchou xunto os seus compañeiros Rin e Obito, e o seu mestre Minato Namikaze (o que nun futuro sería o Cuarto Mestre Hokage) a unha misión. No curso dela, logo duns altercados, Rin foi secuestrada, pero Kakashi dixo que non iría a rescatala sen antes rematar a misión, con todo Obito revelouse ao seu líder e foi na súa procura, logo de dirixirlle unhas verbas que o marcarían de por vida: comprendeu que o que fixera o seu pai era o correcto, así que seguiu o seu compañeiro Obito, que nun momento crítico desenvolveu o Sharingan. Máis tarde, o Uchiha véndose atrapado por un alude de rochas provocada polo inimigo, a piques de morrer, decidiu entregar o seu Sharingan a Kakashi. Á parte do Sharingan, moitos toques da personalidade de Obito parecen que seguen en Kakashi, como chegar sempre tarde e dar unha escusa irracional, cousas que antes eran impensábeis nel.

    Primeira parte editar

    Cara ao país da Onda editar

    Kakashi nunca aprobara a un grupo coma mestre, até que se topa co de Naruto, Sasuke e Sakura. Eles demostraron posuír o que el recoñece coma un bo equipo: a capacidade de antepor o ben dos compañeiros á consecución da misión. Na súa primeira misión fóra de Konoha, que consistía en protexer a Tazuna, un cidadán do País da Onda, Kakashi e o seu equipo enfróntanse a dous grandes inimigos cos cales non contaban: Zabuza e Haku. Na súa loita contra o primeiro, mostra o seu Sharingan e a súa técnica orixinal, o Raikiri, na cal logra derrotar ao terríbel ninja de Néboa, Zabuza Momochi, e matar accidentalmente a Haku.

    Exame Chūnin e invasión de Konoha editar

    Logo desta misión, e tralas capacidades demostradas polos seus alumnos, decidiu propolos para participar no exame de ascenso a chūnin, que se ía a celebrar en Konoha en breve. Durante a proba de supervivencia no Bosque da Morte, Sasuke foi marcado co Selo maldito de Orochimaru. Kakashi tivo que realizar unha técnica de selado de urxencia para evitar que o selo tomase o control do seu alumno, mantendo un breve enfrontamento contra Orochimaru e Kabuto Yakushi. Trala proba, adestrou a Sasuke e ensinoulle o Raikiri, co que Sasuke aprendeu o seu Chidori. Durante a invasión sufrida a mans da Aldea Oculta da Area, Kakashi quedou loitando preto do Terceiro Hokage.

    Enfrontamento con Itachi e fuxida de Sasuke editar

    No tempo inmediatamente posterior, Kakashi enfróntase a Itachi Uchiha cando este volveu a Konoha para capturar a Naruto. Mais sufriu a técnica Tsukuyomi do Mangekyō Sharingan deste, o cal deixoulle nas beiras da morte, obrigándolle a estar no hospital por un tempo até que Naruto e Jiraiya trouxesen a Tsunade para curalo. A rivalidade entre Naruto e Sasuke incrementouse tanto que Kakashi tivo que intervir nunha pelexa entre eles cando estaban utilizando as técnicas de alto nivel que coñecían (Rasengan e Chidori) polo risco. Tras falar con Sasuke, non puido evitar a súa marcha en busca do poder que lle ofreceu Orochimaru.

    Xusto tras a marcha do seu alumno, Kakashi sae na procura del xunto con Pakkun, pero chegou tarde e atopou a Naruto vencido por Sasuke no Val do Fin, lamentándose polo ocorrido.

    Segunda parte editar

    Rescate de Gaara editar

    Kakashi reúnese con Sakura e Naruto máis de dous anos logo da perda de Sasuke. Tras realizar un breve adestramento, Akatsuki ataca a Aldea da Area e secuestra a Gaara. Kakashi participa na misión para rescatar a Gaara.

    Antes de chegar son retidos por un clon de Itachi Uchiha, que tras varias vicisitudes é derrotado polo Ōdama Rasengan de Naruto. Máis tarde, unha vez o Shukaku é extraído de Gaara, Kakashi persegue xunto a Naruto ao Akatsuki que levou o corpo do Kazekage, Deidara, e mostra por vez primeira o seu Mangekyō Sharingan perdendo o Akatsuki un brazo, e evitando que unha grande non provoque ningún dano aos ninjas de Konoha, posto que Kakashi envíaa a outra dimensión con esta técnica. Finalmente Gaara é revivido por Chiyo e Deidara foxe trala morte de Sasori. Tralo gasto de chakra que lle supón usar esta técnica, queda incapacitado para moverse de por si durante un tempo, e é substituído por Yamato como líder do equipo de Naruto e Sakura.

    Fūton: Rasen Shuriken editar

    Kakashi, trala nova derrota ante Sasuke de Naruto, pensa nun adestramento acelerado para combinar o seu Rasengan coa natureza da súa chakra, coa axuda de Yamato e o Kage Bunshin non jutsu, tratando de axudalo a crear a súa propia técnica.

    Cando máis tarde aparecen os membros de Akatsuki Hidan e Kakuzu, combate contra este último xunto a Ino e Chōji, e coa axuda de Shikamaru consegue eliminar dous dos cinco coranzón de Kakuzu, mentres Naruto remataba o adestramento con Yamato. Cando a situación xa era insostíbel e Kakashi estaba en serias dificultades, chegan Naruto, Yamato, Sai e Sakura para axudarlles, Naruto logra derrotar fulminantemente a Kakuzu coa súa nova técnica mentres que Shikamaru encerra baixo terra a un desmembrado Hidan. Trala actuación de Naruto, Kakashi encárgase de rematar a Kakuzu usando o Raikiri.

    A procura de Itachi editar

    Máis tarde, Kakashi forma parte do grupo que Konoha envía para atopar a Itachi e a Sasuke. Tras un breve encontro entre Naruto, Yamato, Hinata e Kabuto Yakushi, todos reúnense de novo tralo combate entre Sasuke Uchiha e Deidara, que termina coa morte deste último nun grande estoupido.

    Dende aí todo o grupo de Konoha parte na procura do cheiro de Sasuke grazas ao olfacto de Kiba Inuzuka, tras dividirse o rastro de Sasuke e diseminarse Naruto cos seus Kage Bunshin.

    Sasuke contra Itachi editar

    Cando xa estaban preto de atopar a Sasuke, todos son detidos por Tobi, que repele os ataques de Naruto e forza a Kakashi a trazar un plan para derrotalo mentres a derradeira batalla entre Sasuke e Itachi ten lugar. Con todo, ningunha das súas estratexias funciona para alcanzar a Tobi, tomando Shino Aburame a iniciativa co seu Hijutsu Mushidama, co que logra acadar e drenar o chakra do Akatsuki. Porén, este esvaécese cunha técnica espazo-temporal que segundo Kakashi supera á de Namikaze Minato. Unha vez que o volven a localizar, este fala con Zetsu, que confirma a morte de Itachi e o delicado estado de Sasuke, cando os ninjas o interrogan, Tobi encarase, xusto no intre no Kakashi descobre o Sharingan do seu adversario.

    Saga actual editar

    Tras atoparse co seu Sharingan, Tobi abandona o lugar xunto a Zetsu. Kakashi co seu sharingan e a axuda de Hinata atopan o lugar de enfrontamento dos Uchiha e todo o grupo móvese rapidamente. Ao atoparse coa fraga incendiada co Amaterasu, Yamato usa o seu Mokuton e Kakashi o seu Mangekyō Sharingan para facelo desaparecer, cando finalmente chegan á escena, Tobi e Zetsu xa marcharan co malferido Sasuke e o cadáver de Itachi respectivamente.

    Véxase tamén editar