Spokon (スポ根 supokon?, de sports konjō, literalmente tenacidade deportiva) é un subxénero de anime e manga con historia relacionada con deportes como fútbol, carreira etc. Algúns exemplos famosos de animes deste xénero son Campións: Oliver e Benji (Captain Tsubasa), Speed Racer (Meteoro/Mach GoGoGo), Tenisu no oujisama (The Prince of Tennis) e Slam Dunk.

O primeiro manga spokon foi Kyojin no hoshi (Estrela dos Giants) en 1966 de Ikki Kajiwara.

Características editar

Os animes e mangas do xénero spokon xeralmente teñen como foco principal un deporte que varía en cada historia. Os protagonistas destes animes xeralmente son mozos en idade escolar que soñan ou practican un determinado deporte na tentativa de querer ser un grande xogador. É posíbel encontrar elementos de ficción científica e fantasía nalgúns títulos deste xénero podendo ou non presentar poderes máxicos ligados ao deporte. Nalgúns casos tamén xorde un rival que frecuentemente desafía o personaxe durante a historia. Tamén pode haber campionatos e encontros case sempre estimulando amizades entre os protagonistas dos animes.

Exemplos dese xénero editar